Cuarto de seu, proxecto que se desenvolveu no 1º trimestre do primeiro ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en AulaD , é, como xa vimos en entradas anteriores, un traballo no que se propoñía definir a organización espacial e os aspectos estético ambientáis, dun espazo dado.
Neste caso, preséntase a Maqueta desenvolta conxuntamente polo alumnado do 1º ano, e na que se reproduce á escala 1/20 o proxecto «Cuarto de seu» seleccionado polo alumnado entre o total dos traballos presentados, para a súa realización empregáronse materiais como cartón pluma, madeira ou teas.

