Proxecto técnico de Rehabilitación en Casaio por Paz Ledo e Teresa Garrido

Rehabilitación en Casaio, é un proxecto técnico no que se leva a cabo a reforma dunha vella vivenda en Casaio (Carballeda de Valdeorras, Ourense) para convertila nunha Oficina Comarcal de Rehabilitación.
O traballo, realizado por Paz Ledo e Teresa Garrido, alumnas de segundo ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración na escola, consiste na elaboración da documentación do proxecto, con todo-los planos técnicos necesarios para a correcta execución da obra: demolicións, estructura e cimentación, tabiquería e acabados, carpinterías, sección constructiva, fontanería, saneamento,electricidade e iluminación, climatización,…
Eiquí amosamos alguns dos planos presentados.

Para ver tódalas imaxes, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629569635666/

# Disfuncións espazo-sensoriais: breve resumo das instalacións do proxecto conxunto anual na escola

http://www.flickr.com/photos/adblog/6939358875/in/photostream
Vivimos nun mundo funcional onde os espazos e os obxectos posúen unha utilidade feita á medida das nosas necesidades; todo iso cun custo e moitas veces cun enorme impacto medioambiental a medio ou longo prazo.
O deseño, o funcionalismo e a produción industrial levan trazando un percorrido paralelo – fundamentalmente dende a Bauhaus- alentado polo constante e precipitado desenvolvemento da ciencia a a tecnoloxía neste último século, sendo o funcional algo necesario aínda que, en moitos casos, insuficiente como ferramenta expresiva. Por outra banda, compre ter en conta esa especial relación que, dende as vangardas históricas, leva existindo entre a Arte e o Deseño, onde cadaquén é capaz de mirar ao outro para nutrirse e medrar coas novas propostas mantendo, eso sí, a súa individualidade como disciplina.

Tendo isto  como alicerce, nos últimos días do mes de Decembro, propúxose pois, reutilizar un espazo determinado da escola, aproveitando tanto o colector (a aula) como o contido (mobiliario) para, a partires de dous termos repartidos ao azar, xerar unha instalación que fose capaz de transmitir e comunicar a suma de ámbolos conceptos sen que o resultado final fose un “produto funcional”; é dicir, non se trataba tanto de realizar un traballo comercial senón de facer unha proposta aberta, chea de significado e expresiva; construir un espazo onde se potencien as percepcións, sensacións e emocións do usuario cando a experimente. Seguir leyendo «# Disfuncións espazo-sensoriais: breve resumo das instalacións do proxecto conxunto anual na escola»

Abrir publicación

New Babylon: unha cidade situacionista

O Venres 27 de Xaneiro contamos coa presenza da Arquitecta Marta Vilas Rodríguez, que veu a Aula D para impartir unha interesante charla-coloquio baixo o título: «New Babylon: unha cidade situacionista».
New Babylon é unha cidade nómade estruturada sobre plataformas móbiles proposta polo artista Constant entre os anos 50 e 70. O proxecto, situado na vertente máis arquitectónica do grupo de Vangarda «A Internacional Situacionista» resulta moi interesante (segundo comentan Marta Vilas e Xerardo Pérez- Arquitecto e profesor na nosa escola) debido a que é bastante complicado de toparmonos con el nos libros de Historia da Arquitectura Moderna. Trata sobre a organización nas cidades, onde se propoñen diversas alternativas a un urbanismo moi racionalista propio da época e cuxa máxima foi sempre buscar que o ser humano mellorase a súa calidade de vida .

http://vimeo.com/14336720

Seguir leyendo «New Babylon: unha cidade situacionista»

Ingrid Siliakus: arquitectura de papel

Fai uns 10 anos a artista Ingrid Siliakus descubriu a Arquitectura Origámica da man do profesor Masahiro Chatani, do cal estudou a súa obra, quedando dende entón fascinada por esta disciplina; por mor disto, adicouse a investigar e crear pequenas obras arquitectónicas de gran detalle e de apariencia fráxil pero estructuralmente complexas.

As súas especialidades son os edificios dos maestros da arquitectura e as esculturas abstractas complexas, sendo os seus traballos próximos aos doutros artistas como Marivi Garrido, Takaaki Kiharo,  Keiko Nakazawa, ou o propio Masahiro Chatani.

Ademáis de múltiples exposicións, editou tamén un libro, que recolle parte do seu traballo, titulado From building to card.

Para saber máis sobre a súa obra e a Arquitectura Origámica véxase:
http://ingrid-siliakus.exto.org/
http://www.flickr.com/photos/paperarchitect/
http://members.ams.chello.nl/rebran/gebned.htm
http://members.ams.chello.nl/rebran/eschereng.htm


 

 

 

 

 

Navegación de entradas

1 2 3 4 5 6
Volver arriba