Defensas de Proxecto Final

defensas-pf

Á volta de nadal, e para comezar con forza o novo ano, terán lugar as presentacións e defensas dos Proxectos Finais dos Ciclos Formativos de Grao Superior na súa convocatoria de Decembro de 2018. Cada alumno ten vinte minutos para explicar o seu proxecto diante do Tribunal, que logo pedirá as aclaracións necesarias e valorará a coherencia formal e conceptual do traballo exposto. É un acto público e aberto a quen quera achegarse á escola.

O Proxecto Final de Proxectos e Dirección de Obras e Decoración comeza ás 16.30h do martes 8 de xaneiro. Trátase dun ECOWORKING, espazo adicado a emprendedores vinculados á ecoloxía nun local da rúa Venezuela en Vigo.

O Proxecto Final de Gráfica Publicitaria comeza ás 16.30h do mércores 9 de xaneiro. Trátase dunha reelaboración da imaxe de marca da moi coñecida empresa automovilística MINI.

 

Cuna de Músicos

O xoves 13 de decembro ás 9.30h terá lugar nas instalacións de Aula D en r/Elduayen, 36 planta -1, o pase da película documental Cuna de Músicos que fai un repaso á música feita en Vigo nos últimos 40 anos.

Contaremos coa presencia dos realizadores, Pablo Vázquez e Denis Carballás, cos que teremos un pequeno coloquio.

https://www.facebook.com/cunademusicos/

Cursos de Especialización

ESPECIALIZACION-1000

Os días 14 e 15 de xaneiro de 2019 dan comezo os nosos Cursos de Especialización, homologados pola Xunta de Galicia con 3 créditos ECTS.

Os Cursos de Especialización impártense en horario de 18.00h á 21.00h, dous días á semana para un total de 54 horas lectivas. Os contidos teóricos compleméntanse co manexo de programas informáticos específicos e máis a elaboración dun proxecto concreto.

Deseño Web

Deseño Editorial

Ilustración e Banda Deseñada

Deseño de Espazos Expositivos

Homenaxe a Carlos Oroza

Aula D súmase esta semana aos actos de homenaxe ao poeta Carlos Oroza na sede AFundación (r/Policarpo Sanz, 24 VIGO).

O xoves 8 de novembro ás 20.00h haberá unha mesa redonda sobre a figura do poeta.

O venres 9 de novembro ás 20.00h presentaráse o libro-disco Aute canta a Oroza da Editorial Elvira.

AUTE OROZA cartel

 

Curso de Reforma Interior de Vivendas

curso-vivenda

O vindeiro luns 5 de novembro dará comezo o Curso de Reforma Interior de Vivendas en Aula D.

O horario do curso é de 18.00 a 21.00h os luns, mércores e xoves durante todo o mes, para un total de 36 horas lectivas.

Durante o curso faremos un proxecto de reforma dun piso tendo en conta dende a distribución xeral dos espazos ata o mobiliario, instalacións e acabados finais.

Maís info en https://aulad.com/cursos/curso-de-reforma-interior-de-viviendas/

Conferencia de Juan Ares

O vindeiro venres 19 de outubro ás 20.15 h no auditorio de Aula D (r/ Elduayen, 36 -1) o interiorista e deseñador de mobles Juan Ares impartirá a conferencia que leva por título Produto da ría con un repaso á súa traxectoria profesional no estudio Espacio Invisible e na firma Juan Ares Marine Design.

Esta conferencia enmárcase no ciclo de charlas e debates adicados a deseñadores, arquitectos, artistas visuais e plásticos, etc… cheos de talento, que colaboran con Aula d.

Navegación de entradas

1 2 3 4 5 6 7 8 30 31 32
Volver arriba