Dende o pasado 10 de maio e ata o próximo 6 de xuño estarán expostos no espazo polivalente de AulaD os proxectos persoais desenvolvidos dentro do módulo de fotografía durante o curso 2012/13 polo alumnado do 2º curso de gráfica publicitaria.
O proxecto débese enfocar como un compromiso coa sociedade tanto a nivel pedagóxico como de coñecementos culinarios que permiten ao cidadán gozar dende o ámbito plenamente sensorial. Por iso débese incentivar a participación do público na actividade da escola.
A edificación na que está incluida é de uso residencial, de oito plantas con respecto á avenida das Camelias e tres máis por debaixo, situándose a escola nas dúas primeiras, con acceso dende a rúa Orense a través dunha praza de uso privado.
A praza proxéctase como elemento conector, entre ámbalas rúas, o que supón un motor que acciona o movemento, clave para eliminar as barreiras actuais. Dende o exterior ofrécenos unha visión en altura dunha pérgola e un bosque de farois que rebaixan a percepción dos edificios no eixe este – oeste, potenciando a visual norte – sur.
A fachada da escola componse mediante vidros transparentes, translúcidos e opacos que fan que a visión e a intuición do interior fágase presente na comunidade e xera un diálogo entre o exterior e o interior a través do uso de grandes ventanais que permiten o ingreso de luz natural.
A concepción do local, parte da diferenciación de actividades e a súa relación:
. Espazo Docente.
. Espazo Administrativo.
. Espazo Sociocultural.
Os accesos ao restaurante e a cafetaría fanse dende o exterior, favorecendo así a integración como espazos públicos de lecer.
Aos espazos docente e de administración accédese dende un adro, a través dun cerramento transparente, para chegar ao espazo común que se erixe como punto de distribución principal do local. Neste espazo, podemos ver á esquerda a cafetaría, que conta tamén cun acceso dende o interior a través dun cerramento realizado en vidro.
Na zona central deste espazo común encóntranse a bancada, que se conciben como zona de lecer para o alumnado e tamén como auditorio no caso de que señan precisas. Nesta bancada intégrase a escaleira de acceso á planta superior, que se envorca sobre o oco central, xerando un patio, circundado por corredores de circulación, e outra zona de lecer para o alumnado.
Na planta baixa,á dereita está o corredor que nos leva ás aulas teóricas e á zona administrativa, e na superior o obradoiro de cociña á dereita e á esquerda o de pastelaría, ámbolos posúen cerramentos de vidro e en cada un deles existe un lucernario que deixa pasar a luz tanto aos devanditos espazos coma ao espazo común. Na parte que da á fachada encóntrase a biblioteca, que dispón tamén dun cerramento de vidro, deixando así pasar a luz que incide en todo o espazo.
En resumo, o espazo é concibido como un lugar que non perde a súa esencia en canto ao lugar onde se encontra, que se achega á poboación por medio do seu desenvolvemento e que transmite tanto novos coñecementos como mantén os valores de todo o que o rodea.
O alumnado do primeiro curso de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración realizou unha maqueta, á escala 1:10, dun colector convertido en cabana, segundo o deseño da alumna Sara Parada. O feito de traballar nunha escala grande permitiu representar o mobiliario dun xeito realista dende o punto de vista constructivo, interpretando espesores, aperturas de portas, interior dos mobles … Tamén a iluminación artificial reprodúcese a partires dos buratos, con difusor, practicados na cuberta do colector .
Os materiais usados para esta maqueta son: madeira de balsa, taboleiro de febras de densidade media, cartulina, cartonex, espuma de poliuretano, acetato, polietileno, imáns, …
Fotografías de Beatriz Patrícia González Eiras, 1º PDO.
Vivenda compartida, é un proxecto que se desenvolveu no 2º trimestre do primeiro ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en AulaD , un traballo no que se propoñía definir a organización espacial e os aspectos estéticos dun espazo dado. Seguir leyendo «Vivenda compartida, por Sara Parada»
Nestes tempos difíciles que nos toca vivir, en Aula D pensamos que a formación segue a ser unha das principais maneiras de estar nas mellores condicións para afrontar a crise. Tamén creemos no deseño, e que éste pode mellorar a vida das persoas. Queda moito por facer.
Tód@l@s exalumn@s que xa obtiveran un título de Técnico Superior en Aula D poden estudar o outro ciclo que impartimos coa axuda dunha bolsa de estudos de xeito que o custo total reduciríase nun 50%.
Aproveita e chámanos si crees que aínda tes cousas que aprender con nós.
Dende a democratización do deseño nos anos 80, co desenvolvemento da informática e o software de autoedición, a necesidade de contar cun catálogo amplo de tipografías fíxose cada vez máis importante. Igualmente, as ferramentas dispoñibles para a creación de fontes facilitan que, dalgún xeito, o deseño tipográfico esté ao alcance de todos. Así, hoxe en día calquera persoa con coñecementos básicos de deseño ten a posibilidade de introducirse na creación tipográfica. O 0bxectivo xeral do curso é dotar ó alumno de coñecementos básicos no ámbito do deseño tipográfico, así como no uso das ferramentas necesarias para a creación de fontes.

Esta exposición estará no Museo ata o 28 de abril. Con obras de creadores como André Lurcat, Fritz Hellmut Ehmcke, Peter Behrens e Hermann Gretsch; a mostra conmemora o centenario da Deustscher Werkbund, a Liga Alemá de Talleres fundada en 1907 por 12 artistas e arquitectos, xunto con 12 fábricas de Munich.
O límite non é o lugar onde remata o espazo, senón, como recoñeceron os gregos, o lugar a partir do cal empeza a cobrar a súa propia existencia.
Martin Heidegger
Cabana para estudante, é proxecto que se desenvolveu no 1º trimestre do primeiro ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en AulaD , un traballo no que se parte dun colector estándar situado no monte da Guía de Vigo e de dimensións 2,44 x 6,10 x 2,59 m (la x lo x h). O proceso de deseño tiña que abordar as cuestións conceptuais, programáticas, organizativas e funcionais implícitas neste proxecto, sempre dende unha perspectiva global e non como unha mera suma de obxectos dentro do espazo. Seguir leyendo «Cabana para estudante por Yolanda Casanova»
O obxectivo do curso é introducir ao alumnado nos conceptos básicos da animación por ordenador. Para iso falaremos de elementos claves para entender cómo percibimos o movemento, cómo plasmalo nun formato analóxico ou manual e de cómo transformalo nun arquivo dixital que poidamos reproducir. Non fan falla coñecementos previos de animación, xa que iremos abordando os diferentes pasos para elaborar un proxecto “animado” dende sinxelos exemplos. As clases terán un enfoque práctico apoiadas por unhas explicacións teóricas de cómo se percibe o movemento e de cómo se plasma este nos diferentes ámbitos artísticos.