O acceso aos Ciclos Formativos de grao superior das Ensinanzas Artísticas pode realizarse ben mediante o acceso directo, ben a través da realización dunha ou dúas probas, dependendo da situación académica do futuro alumnado.
As probas de acceso lévanse a cabo nos meses de xuño e setembro nas datas que previamente aparecerán publicadas no Diario Oficial de Galicia e son distintas ás que se convocan para outros estudos, como por exemplo os de Formación Profesional. A inscricción en ditas probas é gratuita e tramítase directamente dende a escola, polo que é recomendable comunicalo con suficiente antelación ao fin de evitar o vencemento dos prazos.
A escola pon á disposición do alumnado un curso preparatorio para as probas de acceso para facilitar a incorporación a estes ciclos formativos.
ACCESO DIRECTO
- Alumnado con Bacharelato Artístico, Título Superior de A.P.D., Título de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Grao en Belas Artes, Arquitectura, Enxeñería Técnica en Deseño Industrial.
- Alumnado con Bacharelato e un ano de experiencia laboral no sector.
ACCESO MEDIANTE PROBA
Dependendo da situación académica haberá que realizar unha ou as dúas probas de acceso:
PROBA ESPECÍFICA
- Alumnado con Bacharelato L.O.E. ou título declarado equivalente
- Alumnado coa Proba Substitutiva do Requisito de Titulación de calquera outro ciclo de Grao Superior superada
- Alumnado coa proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos superada
- Proba escrita; comentario dun texto ou documentación gráfica relacionado coas artes plásticas.
- Bosquexos sobre un tema proposto de composición
- Execución dun proxecto relacionado coa especialidade elexida.
PROBA SUBSTITUTIVA DO REQUISITO DE TITULACIÓN
- Alumnado con 19 anos cumpridos.
- Materias comúns. Proba escrita con elección de 3 materias entre as seguintes: Lingua e literatura galega, Lingua e Literatura Castelá, Filosofía, Historia, Linguas estranxeiras.
- Materias específicas da modalidade. Comentario dun texto ou documentación gráfica relacionado coa Historia da arte. Exercicio compositivo de libre interpretación baseado nun modelo real.
Unha vez superada a Proba Substitutiva do Requisito de Titulación deberán facer a proba específica anteriormente descrita.
Estas probas realízanse nas datas e lugares designados a tal efecto pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
A preinscipción no noso centro permite axilizar os trámites necesarios para iniciar o procedemento de acceso aos ciclos formativos de Grao Superior de Gráfica Publicitaria ou Proxectos de Dirección de Obras e Decoración.
Esta preinscripción non ten custo nin supón un compromiso de matrícula, que sempre dependerá do cumprimento dos requisitos de acceso establecidos pola normativa.
É conveniente solicitar información directamente na propia secretaría do centro ou ben vía telefónica; non obstante se estás interesado/a en facer a preiscripción para realizar os teus estudos connosco podes facérnolo saber cumplimentando o seguinte formulario e nun breve prazo poñerémonos en contacto contigo.

