Para acceder directamente ós Ciclos Formativos das familias de Deseño de Interiores e Comunicación Gráfica e Audiovisual que impartimos nesta escola cómpre estar en posesión do título de bacharelato artístico. O resto de aspirantes poderá acceder superando unha ou dúas probas (dependendo do seu currículum académico) realizadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria entre os meses de xuño e xullo na Escola de Artes e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
A proba específica consta dos seguintes apartados:
- Proba escrita; comentario dun texto ou documentación gráfica relacionado coas artes plásticas.
- Bosquexos sobre un tema proposto de composición.
- Execución dun proxecto relacionado coa composición realizada no punto anterior.
Esta proba deberá ser realizada polos aspirantes con Bacharelato L.O.E., C.O.U., ou título declarado equivalente, ou por aquel alumnado que supere a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou ben polos que, non cumprindo os requisitos anteriores, teñan que superar a proba de madureza.
No mes de xullo impartimos, para aquel alumnado que o considere necesario, o Curso Preparatorio da proba específica para acceder aos Ciclos Formativos de Grao Superior de Gráfica Publicitaria e de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.
O curso (de 40 horas) é gratuito para aqueles alumnos/as que formalicen a súa matrícula na escola.
As clases impártense cun horario de 10:00 h. a 14:00 h., de luns a venres durante dúas semanas.
O curso está dividido en materias teóricas e prácticas especialmente seleccionadas para que o alumnado poida superar sen problemas as diferentes partes da proba : HISTORIA DA ARTE – EXPRESIÓN GRÁFICA – PROXECTOS. Asemade analizamos as probas realizadas nos últimos anos.