A preinscrición no noso centro permite axilizar os trámites necesarios para iniciar o procedemento de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Superior de Gráfica Publicitaria ou Proxectos de Dirección de Obras e Decoración, así como facilitarche información actualizada sobre os prazos e a documentación necesaria de cara a iniciar os teus estudos.
Esta preinscrición non ten custo nin supón un compromiso de matrícula, que sempre dependerá do cumprimento dos requisitos de acceso establecidos pola normativa.
É conveniente solicitar información directamente na propia secretaría do centro ou ben vía telefónica; non obstante se estás interesado/a en facer a preinscrición para realizar os teus estudos connosco podes facérnolo saber dende o seguinte formulario e nun breve prazo poñerémonos en contacto contigo.

