Dende este ciclo é posible ter acceso directo (sen necesidade de proba) aos Estudos Superiores de Grao, (Lei Orgánica 2/2023, de 22 de marzo) como por exemplo:
- Educación Primaria
- Xestión Dixital de Información e Documentación
- Belas Artes
- Xeografía e Historia
- Historia da Arte
- Publicidade e Relacións Públicas
O acceso directo aos estudos de grao será posible se a nota final obtida no ciclo entra dentro das notas de corte do grao ao que se quere acceder, e que anualmente publica a Comisión Intrauniversitaria de Galicia.
O alumnado ten a posibilidade de realizar, adicionalmente, unha parte da proba de acceso á universidade (ABAU) para mellorar a súa nota de admisión.