8ª Edición dos Premios de Fotografía Xurxo Lobato

http://www.flickr.com/photos/adblog/7141512667/in/photostream

O Mércores día 2 de Maio, a Asociación de Antigos Alumnos do I.E.S. MONELOS da Coruña, fixo entrega dos premios do 8º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, na que se presentaron ao redor de 500 fotografías de 192 alumnos de diferentes centros de estudo galegos.
Nesta oitava edición, o xurado, formado por Xose Díaz, Tino Fraga,Pablo Mella, Antón Orosa, Blas Rodriguez e o propio Xurxo Lobato, concedeu 3 premios, 13 accésits e unha mención especial cara á nosa escola, Aula D, por seres o centro onde estuda (2º ano do Ciclo Superior de  Gráfica Publicitaria) a gañadora deste certame: Sandra Tomé Argibay. Seguir leyendo «8ª Edición dos Premios de Fotografía Xurxo Lobato»

# Disfuncións espazo-sensoriais: breve resumo das instalacións do proxecto conxunto anual na escola

http://www.flickr.com/photos/adblog/6939358875/in/photostream
Vivimos nun mundo funcional onde os espazos e os obxectos posúen unha utilidade feita á medida das nosas necesidades; todo iso cun custo e moitas veces cun enorme impacto medioambiental a medio ou longo prazo.
O deseño, o funcionalismo e a produción industrial levan trazando un percorrido paralelo – fundamentalmente dende a Bauhaus- alentado polo constante e precipitado desenvolvemento da ciencia a a tecnoloxía neste último século, sendo o funcional algo necesario aínda que, en moitos casos, insuficiente como ferramenta expresiva. Por outra banda, compre ter en conta esa especial relación que, dende as vangardas históricas, leva existindo entre a Arte e o Deseño, onde cadaquén é capaz de mirar ao outro para nutrirse e medrar coas novas propostas mantendo, eso sí, a súa individualidade como disciplina.

Tendo isto  como alicerce, nos últimos días do mes de Decembro, propúxose pois, reutilizar un espazo determinado da escola, aproveitando tanto o colector (a aula) como o contido (mobiliario) para, a partires de dous termos repartidos ao azar, xerar unha instalación que fose capaz de transmitir e comunicar a suma de ámbolos conceptos sen que o resultado final fose un “produto funcional”; é dicir, non se trataba tanto de realizar un traballo comercial senón de facer unha proposta aberta, chea de significado e expresiva; construir un espazo onde se potencien as percepcións, sensacións e emocións do usuario cando a experimente. Seguir leyendo «# Disfuncións espazo-sensoriais: breve resumo das instalacións do proxecto conxunto anual na escola»

Abrir publicación

Jacu Coffee Roastery: identidade visual para unha marca de café realizada por Tom Emil Olsen

Tom Olsen Emil é un deseñador gráfico que traballa como director creativo nunha das axencias de publicidade máis importantes do oeste de Noruega: Havnevik.
Nesta ocasión o deseñador creou a identidade visual de Jacu Coffee Roastery, un establecemento que, ao igual que o paxaro Jacu, no que está inspirada toda a filosofía e deseño da marca, ten como obxectivo unha esixente busca dos mellores cafés para torrar e servir aos seus clientes. Seguir leyendo «Jacu Coffee Roastery: identidade visual para unha marca de café realizada por Tom Emil Olsen»

Abrir publicación

Typogami: unha fonte animada e gratuíta deseñada polo estudio holandés Caslon

Typogami é unha tipografía animada creada polo estudio holandés Calango e realizada co programa After Effects. Esta tipografía, inspirada na arte xaponesa do origami e que permite realizar diferentes variacións das cores, ángulos de pregadura, luces, sombras e un longo etcétera, pódese descargar de forma gratuíta na súa versión estática na páxina de facebook de Calango.
Esta versión consta dunha fonte con tres estilos que poden ser amoreados uns enriba doutros para formar o tipo de letra completa, así como un arquivo de Adobe Illustrator con todos os símbolos e caracteres nun lenzo. Pola contra, a versión animada, require Adobe After Effects CS3 ou superior e a descarga tamén inclúe un screencast co manual de usuario.

vía | ateneupopular

Proxecto vivienda: proxecto de primeiro P.D.O. por Fernando Pena

Proxecto vivenda é un dous proxectos que se desenvolve non 2º trimestre do primeiro ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en AulaD, realizado por Fernando Pena. A continuación, exponse un breve resumo do mesmo acompañado dunha pequena galería deimaxes onde pódese comprobar todo o proceso de traballo, dende o plantexamento do problema ata a realización final.

http://www.flickr.com/photos/adblog/6841281828/in/photostream

A vivenda en cuestión está situada na Coruña, no Concello de Cambre. Conta cun sistema de construción mediante bloques de termoarxila eco de e=29cm, ventás de carpintaría de aluminio lacado e vidro illante 6,12,4. Ten unha superficie total construída de 105 m² distribuídos en 80 e 25 m² para a planta baixa e un entrechán respetivamente. Os promotores son unha parella con dous fillos pequenos. Seguir leyendo «Proxecto vivienda: proxecto de primeiro P.D.O. por Fernando Pena»

Exposición do obradoiro Espacio Cerámico

Espacio Cerámico

Fai un década un grupo de persoas que estudiaran na Escola de Artes e Oficios fundaron un obradoiro, Espacio Cerámico, coa intención de traballar e vivir ó redor da cerámica.Na actualidade esa idea non mudou.

De rapaces decíannos vaia pezas estades feitos e así empezamos a fabricar,.. en definitiva a crear pezas… algunhas delas podedes velas na Escola de Deseño Aula D.

Dende o pasado día 11 de Abril ata o vindiero 11 de Maio,  unha nova mostra que forma parte do ciclo de exposicións deste ano 2012 na escola. Nela exhíbense as obras de 9 artistas (Puri Alonso, María Meda, Javier Aguilera, Raquel Cendón, Edu Alonso, Maribel Carrera, Xoubinha, Eva Izquierdo e Oita) pertencentes ao obradoiro vigués Espacio Cerámico. Nela poderemos ver traballos  de diversos estilos e xeracións cun nexo común, a cerámica.

Horario:

polas mañás, de luns a venres e  de 9,00 a 15,00h.

polas tardes, de martes a xoves e  de 16,30 a 21,00h.

Seguir leyendo «Exposición do obradoiro Espacio Cerámico»

Charla-coloquio: “Cerámica y función” por Miguel Vázquez

Dentro do ciclo de conferencias que ven promovendo a escola ao longo deste curso, o mércores día 11de abril o ceramista Miguel Vázquez falou sobre  Cerámica  e función. 

Na  charla-coloquio  Miguel Vázquez, membro da Academia Internacional de Cerámica de Xenebra (Suíza) e profesor do Obradoiro de Cerámica da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, explicou a evolución e funcionalidade do deseño cerámico dende Arts&Crafts ata os nosos días, facendo un breve repaso da obra de diferentes autores nacionais e internacionais do talle de Sori Yanagi, Eva Zeisel, Nathalie Choux, Tomas Kral, Ariel Rojo ou as galegas Marta Armada e María Meda , que se adican ao deseño de moda e complementos, que comezaron a súa andaina no mundo cerámico da man de Miguel Vázquez.

Lugar: aulaD, escola de Artes e Deseño. Rúa Ourense 4, Vigo
Data: 11 de abril ás 12:00
Acceso: libre ata completar aforo

Cuarto de seu: proxecto de primeiro P.D.O. por Miguel Cerqueiro

Cuarto de seu é un dos proxectos que se desenvolve no 1º trimestre do primeiro ano  do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en AulaD , realizado por Miguel Cerqueiro. A continuación, exponse un breve resumo do mesmo acompañado dunha pequena galería de imaxes onde se pode comprobar todo o proceso de traballo, dende o plantexamento do problema ata a realización final.

Cuarto de seu: proxecto de primeiro P.D.O. por Miguel Cerqueiro

:::PROCESO DE DESEÑO:::

· PROBLEMA:
O obxecto deste traballo é o de definir a organización espacial e os aspectos estético ambientáis, dun espazo dado, para a realización do traballo cuarto de seu.

· DEFINICION:
Será un cuarto individual, para un home na trintena, estudiante de deseño de interiores e que na actualidade compaxina os estudios co seu traballo de administrativo.

· ELEMENTOS DO PROBLEMA: Seguir leyendo «Cuarto de seu: proxecto de primeiro P.D.O. por Miguel Cerqueiro»

Exposición colectiva dos traballos da asignatura de «Expresión Gráfica» 2010/11

http://www.flickr.com/photos/adblog/6976460023/in/photostream
AulaD mostra os traballos dalgúns dos seus alumnos da materia «Expresión Gráfica» do pasado curso escolar 2010/2011. Neles, podemos atoparnos con diferentes apreciacións e puntos de vista dunha mesma imaxe utilizando para a súa formalización distintos métodos manuais, dende o carbón, acuarela ou augada, ata a técnica do «dripping» empregada polo xa mítico Jackson Pollock.

Unha pequena mostra do traballo realizado polos alumnos e alumnas do centro nesta materia de primeiro ano os cales se expuxeron recentemente no Espazo Polivalente da escola e que agora compartimos con todos vos.

Para ver tódalas imaxes, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629570013925/

Abrir publicación

Ciclo de charlas-coloquio en aulaD, escola de deseño: Vanesa Álvarez Díaz

Recentemente visitounos Vanesa Álvarez Díaz, antiga e polifacética alumna do centro (Promoción 2001/03) e actual deseñadora gráfica. Impartiu unha charla na que fixo un pequeno repaso de todos os seus traballos ata a data.

Vanesa comezou a traballar como deseñadora gráfica xunto con outra compañeira da escola despois de pasar por empresas como Cadena Ser, ámbalas  dúas se asociaron para crear, xa no ano 2004, Estudio Boox: un estudo de deseño gráfico, interior e mobiliario cun pensamento multidisciplinar. Nestes momentos Estudio Boox disolveuse, digamos, parcialmente, xa que Vanesa segue traballando como freelance e, como ela mesma nos comentaba, nas súas tarxetas de visita segue aparecendo o nome desta empresa. Seguir leyendo «Ciclo de charlas-coloquio en aulaD, escola de deseño: Vanesa Álvarez Díaz»

Navegación de entradas

1 2 3 28 29 30 31 32 33 34
Volver arriba