Vivimos nun mundo funcional onde os espazos e os obxectos posúen unha utilidade feita á medida das nosas necesidades; todo iso cun custo e moitas veces cun enorme impacto medioambiental a medio ou longo prazo.
O deseño, o funcionalismo e a produción industrial levan trazando un percorrido paralelo – fundamentalmente dende a Bauhaus- alentado polo constante e precipitado desenvolvemento da ciencia a a tecnoloxía neste último século, sendo o funcional algo necesario aínda que, en moitos casos, insuficiente como ferramenta expresiva. Por outra banda, compre ter en conta esa especial relación que, dende as vangardas históricas, leva existindo entre a Arte e o Deseño, onde cadaquén é capaz de mirar ao outro para nutrirse e medrar coas novas propostas mantendo, eso sí, a súa individualidade como disciplina.
Tendo isto como alicerce, nos últimos días do mes de Decembro, propúxose pois, reutilizar un espazo determinado da escola, aproveitando tanto o colector (a aula) como o contido (mobiliario) para, a partires de dous termos repartidos ao azar, xerar unha instalación que fose capaz de transmitir e comunicar a suma de ámbolos conceptos sen que o resultado final fose un “produto funcional”; é dicir, non se trataba tanto de realizar un traballo comercial senón de facer unha proposta aberta, chea de significado e expresiva; construir un espazo onde se potencien as percepcións, sensacións e emocións do usuario cando a experimente. Seguir leyendo «# Disfuncións espazo-sensoriais: breve resumo das instalacións do proxecto conxunto anual na escola»