Roteiro polo Barrio Alto do Casco Vello de Vigo

O pasado  7 de outubro co gallo do Día Mundial da Arquitectura o grupo de alumnas/os de Aula D participaron  no roteiro polo Barrio Alto do Casco Vello desta cidade, organizado polo COAG-Vigo e o CONSORCIO CASCO VELLO, para amosar ao público as últimas rehabilitacións levadas a cabo dentro deste ámbito.

Foi unha oportunidade non só para percorrer os espazos públicos recuperados para o barrio, senón tamén para percorrer o interior dos edificios  nos que arquitectos como Javier Franco, Vicente Pintos, Perfecto Cendón, Javier Vázquez ou Gerardo de Villanueva, entre outros, foron quen de poñer en valor a preexistencia aplicando criterios actuais referidos aos espazos comunitarios e privados do que deben seres hoxe os edificios de vivendas.

Abrir publicación

Entrevista a Iria del Bosque

Co gallo da conferencia que impartirá o vindeiro venres entrevistamos a Iria del Bosque, deseñadora de interiores e ex-alumna de Aula D. Tras o seu paso pola escola, e despois de especializarse en deseño de exposicións e arquitectura efémera, na actualidade desenvolve a súa labor profesional en Madrid.

Entre os seus traballos recentes poderíamos destacar CASA//ARTE, do que nos falará próximamente. Igualmente no seu blog podemos atopar unha relación dos seus proxectos co valor engadido de que, máis aló das imaxes, Iria relata as necesidades e claves de cada un deles. 

«EVENTO» será o título da conferencia impartida pola deseñadora Iria del Bosque

O vindeiro venres 8 de novembro ás 12:00 temos cita en Aula D dentro do ciclo de conferencias que organiza a escola; aproveitando o seu paso pola cidade de Vigo, a deseñadora Iria del Bosque aceptou amablemente a nosa invitación para facer un percorrido pola súa traxectoria profesional e compartir con nós a súa derradeira experiencia proxectando e dirixindo a montaxe en Madrid da “Feria de Iniciación al Coleccionismo” CASA//ARTE: 2012.

Baixo o título “EVENTO” falará  de como a dispoñibilidade, a flexibilidade e a toma de decisións son fundamentais nas sucesivas fases do proxecto e da montaxe, así como nos demais aspectos colaterais que se presentan durante o proceso.

Visita á Casa Arines

O pasado mes de outubro, fixemos unha nova incursión no Casco Vello da nosa cidade, esta vez no Barrio Baixo, para visitar A Casa Arines; esta foi declarada monumento histórico artístico no ano 1946, e rehabilitada polo arquitecto Alfonso Penela no ano 1997 xunto coa Casa de Pazos Figueroa e unha terceira, na parte posterior con fachada á rúa Real, merecendo o seu proxecto o premio Hermanos Gomez Román. Posteriormente foi cedida por 99 anos ao goberno portugués para albergar o Instituto Camôens, que ten como misión a proxección da cultura portuguesa nos demais países.

O proxecto de rehabilitación foi merecedor do premio de arquitectura Hermanos Gomez Román.

A Casa Arines, coñecida tamén como Casa Ceta, é o edificio máis antigo de Vigo e está situada na Praza de Almeida, no barrio histórico da cidade. Trátase dun pazo urbano do século XV de estilo gótico tardío. É un torreón medieval construído con sillares de pedra. Na súa fachada aparecen dous escudos, un deles coas armas da familia Ceta e o outro non identificado con dous leóns.

Paper Lake no Festival Internacional de Curtametraxes de Berlín.


Recentemente vimos  de coñecer que a peza de vídeo Paper Lake, na que un dos nosos ex-alumnos, Simón Lara, participa como Director de Arte, foi seleccionada para formar parte da sección oficial do Festival Internacional de Curtametraxes de Berlín, que se celebrará o vindeiro mes de novembro. Seguir leyendo «Paper Lake no Festival Internacional de Curtametraxes de Berlín.»

Remate do Curso de Ilustración Dixital

Durante os días 18, 19, 25 e 26 de outubro  impartiuse o Curso de Ilustración Dixital nas instalacións de Aula D. Escola de Deseño.

Alberto García Ariza, ilustrador e profesor de Aula D, amosou as diferentes técnicas de coloreado dixital, tanto sobre debuxos con contornos ben definidos como para bosquexos rápidos e compartiu os pequenos trucos que utiliza no seu traballo. Os asistentes ao curso poideron experimentar o aprendido coas súas propias ilustracións.

 

Visita á exposición LABUELA PETRA residencia artística.

O pasado mes de setembro un grupo de profesores e alumnos de Aula D démonos cita na Alameda de Bouzas, na cidade de Vigo, para visitar a exposición LABUELA PETRA, residencia artística.

A exposición realizouse  intervindo o interior dunha casa familiar de dous andares: un total de catro cuartos onde cada un dos autores presentou o seu traballo ás máis de sesenta persoas que alí nos reunimos para sermos espectadores privilexiados desta inusual e suxerente proposta. Seguir leyendo «Visita á exposición LABUELA PETRA residencia artística.»

Exposición dos Premios de Fotografía Xurxo Lobato 2013

Recentemente inaugurouse no espazo polivalente da escola a mostra que recolle os traballos presentados á novena edición dos Premios de Fotografía Xurxo Lobato promovidos pola asociación de antigos alumnos do IES Monelos da Coruña.

Entre os premiados nesta edición están os alumnos de Aula D, Sandra González Villanueva, gañadora do primeiro premio, así como Daniel Chapela Cordeiro, Mari Carmen Martínez Portela, Uxía Benlloch Giao e Andrés Aguiar González que conseguiron un accésit, e Sandra Tomé Argibay, Mª José Miguez Iglesias, Claudia Silva Gómez e Fátima Comedeiro Darrosa como finalistas.

A mostra permanecerá aberta ata o 31 de outubro e pódese visitar de luns a venres pola mañá de 10:00 a 14:00, ou de martes a xoves pola tarde de 16:30 a 20:30

The Nude Desing entrega aos seus colaboradores unha lámpada co seu propio deseño.

O xoves 19 de setembro  The Nude Design fixo entrega das catro lámpadas cos deseños de seu aos novos colaboradores Iván R,  Nerea Otazo, Sandra Almeida e Sheila Martínez (estas dúas últimas, ex alumnas de Aula D).
As súas propostas foron seleccionadas trala participación no concurso «Se Buscan Colaboradores», organizado durante os meses de marzo-abril deste ano polo equipo de The Nude Design e en colaboración con Aula D.
Se queres ver máis de cerca a Aztec, Bon apettit, Stitch, ou Seed, so tes que visitar a súa web.

Cursos monográficos outubro + novembro 2013

Xa está listo o calendario de cursos monográficos para os meses de outubro e novembro de 2013 que terán lugar nas instalacións de Aula D. Escola de Deseño, na rúa Ourense 4, baixo – VIGO (xunto á Casa da Xuventude). O horario dos cursos será os venres de 19.00h a 21.00h e sábados de 10.00h a 14.00h .

 

Cursos outubro e novembro 2013

Se tes interese ou algunha suxerencia sobre estes ou outros cursos podes contactar con cursos@aulad.com
Para máis información (contidos, metodoloxía, …) podes premer nos seguintes enlaces:

Curso de Ilustración dixital

Curso de Modelado dixital en 3D

Navegación de entradas

1 2 3 16 17 18 19 20 21 22 32 33 34
Volver arriba