Novas titulacións en Aula D

Aula D amplía a súa oferta educativa para o vindeiro curso 2016/2017.

Asemade dos xa coñecidos Ciclos Formativos de Grao Superior de Deseño de Interiores, e Comunicación Gráfica e Audiovisual, este ano poñemos en marcha as titulacións propias de Deseño Editorial e Arquitectura Efémera. Estes estudios terán lugar entre os meses de outubro a marzo, en horario de tarde, na procura de poder compatibilizalos con outros traballos ou actividades. Non é preciso ningún requisito académico previo nin facer ningunha proba de acceso.

 

editorial

 

efemera

Datas de acceso e admisión aos Ciclos Formativos de Grao Superior

O día 13 de xuño saiu publicado no Diario Oficial de Galicia, a resolución do 31 de maio pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016/17, que son de interese para os ciclos superiores que ofertamos, de Gráfica Publicitaria e de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.

Podes consultar eiquí dito DOG

logo_DOG

 

 

 

As datas relevantes desta Resolución son:

  • Data límite de Inscrición: 20 de xuño
  • Proba de madureza: 27 de xuño
  • Proba específica: 7 de xullo

Proxectos de Iluminación

Como todos os anos os alumnos de Segundo Curso de Deseño de Interiores, fixeron un proxecto de iluminación sobre un dos seus traballos de curso (Proxecto dun Coworking) experimentando co programa Dialux, que é un software específico para o cálculo e representación 3d de iluminación interior e que xa ten dispoñible a súa versión evo 6.0. Ésta é unha escolma das súas maquetas virtuais.

ILUSIÓNS ÓPTICAS

Como exercicio transversal dos módulos de Teoría do Interiorismo e Debuxo e Cor, o alumnado de 1º do ciclo de Deseño de Interiores propuxeron unha serie de exercicios sobre ilusións ópticas dos que amosamos algunhas das imaxes do proceso dende puntos de vista aleatorios e do resultado final dende o punto de vista concreto, para xerar a ilusión óptica pretendida, e dicir, a percepción de algo que non existe como tal no espazo tridimensional.

Os traballos que amosamos están realizados por Lorena Figueirido e Manuel Solla, Ana Valcarcel e Alejandro Justo, Alba Martínez e Vanessa Leirós e Mara Costas e Nerea Álvarez.

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

Lorena y Manuel

……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

 

ana alejandro

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….

panel pedro

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….

mara nerea

 

Visita a Oporto

O pasado 21 de abril o alumnado do ciclo de Deseño de Interiores visitou algúns dos edificios máis interesantes da arquitectura moderna de Oporto e arredores.

Comezamos cunha visita á Casa da Música, obra surxida dun concurso internacional gañado polo estudio do arquitecto holandés Rem Koolhaas. O modelo de xestión de esta instalación pública é envidiable, xa que pretende a democratización da música en todalas súas variantes. O edificio é espectacular, destacando a gran sala de concertos, con todo o resto de espazos volcados a ela.

A continuación centrámonos na figura do grande arquitecto portugués Álvaro Siza, que tanta influencia tivo e segue a ter nos deseñadores galegos. Visitamos obras onde se fusionan as ideas racionalistas coas intencións organicistas de implantación no contorno. A ruta comezou coa Facultade de Arquitectura e a Fundación Serralves, en cuxa terraza asollada comimos. Xa pola tarde pasamos polas súas primeiras piscinas, feitas na Quinta da Conceição, continuando coas Piscinas das Mares en Leça da Palmeira. Para rematar, o atardecer na Casa de Chá de Boa Nova.

Queremos agradecer especialmente a Lorena Figueirido pola organización desta xornada e tamén polas súas fotografías.

AULA D VISITA AS INSTALACIÓNS DE SUTEGA

O vindeiro xoves 17 de marzo, entre as 10:00 e as 13:00 horas, un grupo de profesores e  o alumnado dos cursos 1º e 2º da especialidade de Deseño de Interiores, realizaremos unha visita á empresa Sutega,  especializada no equipamento integral de oficinas, xeriátricos, colectividades, hospitales etc.

sutega

A visita ten como motivo poder participar nuna xornada cultural na que se abordarán e deseguido debatiremos cuestións relativas ao ámbito do deseño tales como a xestión dos proxectos  ou  os movementos artísticos, os deseñadores e as firmas productoras e comerciais como referentes históricos e contemporáneos, ademáis de asistir a unha mostra de pezas de mobiliario de recoñecidos autores tanto clásicos como contemporáneos.

Co gallo desta visita queremos dar as grazas por adiantado ao persoal de Sutega pola súa colaboración e aportación a nosa tarefa educativa coa programación desta xornada adicada a nosa escola e de maneira moi especial ao noso alumnado.

visita ao casco vello

 

O xoves 18 de febreiro o alumnado de 2º de Deseño de Interiores realizou o tradicional percorrido que a Escola ven facendo cada ano ao Barrio Histórico da cidade. Esta vez o percorrido tivo lugar fundamentalmente polos barrios de extramuros, baixando dende o Castelo de San Sebastián ao Paseo de Alfonso para descubrir o Casco Vello e a panorámica da cidade dende a terraza do Asefal. Logo visitamos os Barrios do Cura e Santa Marta, para baixar dende a Igrexa de San Francisco ata a Ribeira. Xa de volta polas rúas San Francisco, a Barroca e Poboadores para adentrármonos nas prazas do Peñasco e Pescadores e decatármonos da súa inmediata relación coa Ribera. Finalmente descubrimos algunhas trazas de continuidade do quefoi o barrio antes de abrirse á rúa Elduayen e dividilo en barrio Alto e barrio Baixo.DSCN9520

Visita a Quality Leds

Os alumnos de 2º curso de Deseño de Interiores e o grupo do Curso de Escaparatismo visitaron hoxe as instalacións de Quality Leds na rúa Romil, 28 en Vigo.

Quality Leds é unha empresa especializada en iluminación con tecnoloxía led, tanto na fase de cálculo e proxecto como na de instalación e montaxe, asemade a venda de lámpadas e lumniarias na propia tenda.

 

A charla de hoxe deu conta dos conceptos característicos da luminotecnia e criterios á hora de iluminar con leds espazos residenciais e comerciais.

Queremos dende aquí dar as gracias un ano mais a Marga e a Borja polo bo trato que nos dispensan.

Navegación de entradas

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
Volver arriba