O Deseñador de Interiores (ou Interiorista) está capacitado para proxectar e dirixir obras de interiorismo, asemade para xestionar e coordinar proxectos elaborados por outros profesionais como arquitectos ou enxeñeiros. O seu traballo desenvolverase como profesional autónomo, asociado ou como asalariado en estudios de arquitectura, enxeñería e interiorismo, empresas de mobiliario e decoración, organismos oficiais, etc.
O ámbito de traballo do Interiorista é moi amplo. Pode proxectar e reformar locais comerciais, oficinas e vivendas; deseñar mobiliario, exposicións, escaparates, iluminación, escenografías; tamén pode facer unha labor de asesoramento de obra, instalacións ou ben de amoblamento.
Deseño de oficinas e locais
Deseño e construción de todo tipo de oficinas administrativas e locais comerciais do sector textil, alimentario, sanitario, lecer, hostalaría, etc.
Reforma interior de vivendas
Proxectos de reforma integral de pisos ou vivendas unifamiliares, ou ben de reforma parcial de espazos como cociñas, aseos, …; deseño de elementos construtivos, revestimentos, carpinterías, protectores…
Deseño de mobles
Deseño de mobiliario industrial ou ben específico para espazos concretos, estanterías, mesas, armarios, escaleiras, … Deseño de luminarias e sistemas de iluminación.
Arquitectura efémera
Deseño e construción de montaxes expositivos, stands feriais, rotulación de edificios, montaxes escenográficos para espectáculos e auditorios, escaparatismo, etc.
Amoblamento comercial e doméstico
Asesoramento na elección do amoblamento e complementos para todo tipo de locais comerciais, oficinas e vivendas.