Dende este ciclo é posible ter acceso directo (sen necesidade de proba) aos estudos universitarios de grao, (Lei Orgánica 2/2023, de 22 de marzo) se a nota final obtida no ciclo entra dentro das notas de corte do grao ao que se quere acceder, e que anualmente publica a Comisión Intrauniversitaria de Galicia.
O alumnado ten a posibilidade de realizar, adicionalmente, unha parte da proba de acceso á universidade (ABAU) para mellorar a súa nota de admisión.
Recoméndase ao alumnado que se informe no centro de destino sobre os criterios de admisión.

