O que son as cousas. Hai uns días, enumerando ao novo alumnado que entrou na escola para este curso 2013/2014, démonos conta de que xa chegamos ao número 1.000 dende que iniciamos os estudos de deseño alá polo ano 1987. Non é que teñamos moito interese pola cábala hebrea nin sintamos nostalxia polo NODO cando anunciaba a chegada do turista un millón e premiabanno cun cheque de formato xigante á súa chegada ao aeroporto.

Pero é verdade que sérvenos para votar unha ollada atrás e lembrar a todo esa manchea de alumnos que pasaron por aquí, con nomes e apelidos (e que nunca foron só un número); algúns deles son amigos, outros visítannos de cando en vez e a outros non os voltaremos a ver nunca máis. O certo é que tentámoslle transmitir a todos a paixón polo DESEÑO e a todos eles mandámoslle unha forte aperta.
Subliñar que na realidade é o número D – 1.000
