O pasado mes de outubro, fixemos unha nova incursión no Casco Vello da nosa cidade, esta vez no Barrio Baixo, para visitar A Casa Arines; esta foi declarada monumento histórico artístico no ano 1946, e rehabilitada polo arquitecto Alfonso Penela no ano 1997 xunto coa Casa de Pazos Figueroa e unha terceira, na parte posterior con fachada á rúa Real, merecendo o seu proxecto o premio Hermanos Gomez Román. Posteriormente foi cedida por 99 anos ao goberno portugués para albergar o Instituto Camôens, que ten como misión a proxección da cultura portuguesa nos demais países.
O proxecto de rehabilitación foi merecedor do premio de arquitectura Hermanos Gomez Román.
A Casa Arines, coñecida tamén como Casa Ceta, é o edificio máis antigo de Vigo e está situada na Praza de Almeida, no barrio histórico da cidade. Trátase dun pazo urbano do século XV de estilo gótico tardío. É un torreón medieval construído con sillares de pedra. Na súa fachada aparecen dous escudos, un deles coas armas da familia Ceta e o outro non identificado con dous leóns.

