http://www.flickr.com/photos/adblog/7284910742/in/photostream
«Perfecta imperfección é outro dos proxectos persoais de fotografía do alumnado de último curso, co que a autora, Sandra Almeida Rodríguez, pretende dar a súa particular visión sobre o corpo humano, neste caso, o feminino, facendo fincapé na beleza dos pequenos detalles nos que habitualmente non adoitamos reparar xa que pasan completamente desapercibidos.
O texto que a continuación se mostra forma parte das 16 imaxes que compoñen a obra e intenta explicar, de xeito breve, a filosofía deste traballo.
Contempla tu cuerpo. ¿Que ves?
Seguro que non saberías describilo dun xeito obxectivo, deseguida utilizarías adxectivos cualificativos positivos ou negativos, porén a beleza é unha noción que dende sempre estivo ligada á existencia humana, pero na que moitas veces non reflexionamos xa que a beleza é un concepto abstracto, é subxectivo.¿Quen decide o que é fermoso, e o que non é digno de seres observado?
A nosa propia experiencia é a que toma esa decisión, a experiencia e a manipulación visual que constantemente invádenos. A miúdo cre que ese ideal de beleza que nos venden, ten e debe alcanzar, provocando que moitas veces nós mesmos intentemos ocultar estes aspectos que nos fan menos perfectos, pero máis humanos.Pero… Que é realmente o que fai que sexamos humanos?
O corpo é un obxecto baleiro, abandonado, que non queremos en moitas ocasións e que modificamos constantemente, pero que en realidade non é máis que un volume nun plano, un obxecto ao que cando lle quitamos os conceptos de identidade, rostro e mirada estamoslle a anular a alma. Somos obxectos definidos por planos, masas, liñas e cores, realmente o que nos fai persoas, son os sentimentos.Con este traballo preténdese ocultar a identidade da persoa retratada, facendo da carne algo máis que carne, facendo da pel unha materia e dos contornos unha paisaxe, algo aínda máis abstracto cando se presentan as fotografías en branco e negro, polo tanto estamos a definir corpos, neste caso de muller, corpos fragmentados, que dan como resultado imaxes belas, cheas de elementos considerados faltos de beleza, elementos que son ocultados moitas veces pero que están presentes en todos e que nestas fotografías son os protagonistas, marcas, enrugas, cicatrices, pelos…
Volve agora a contemplar o teu corpo, Que ves?…
Para ver tódalas imaxes deste proxecto, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629929970062/

