logo-dirio-oficial-Galicia

Xa saiu publicada no DOG a resolución que regula o acceso aos ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño para o vindeiro curso. As datas de interese son:

  • Inscrición : ata o 25 de xuño
  • Proba de madureza : 3 de xullo
  • Proba específica : 10 de xullo

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2018/19.

 

20180521_134025-b

O alumnado de Gráfica Publicitaria asistiu onte á exposición A Arte no Cómic, aberta ata o 30 de xuño na Sede de Afundación, en Vigo, na que da man do seu comisario, o historiador Asier Mensuro, puidemos participar dun percorrido polas claves que vinculan estas dúas disciplinas, Arte e Banda Deseñada.
Cun total de 73 debuxantes e artistas a exposición mostra, entre outras, obras do Museo Louvre; do Museo Nacional del Prado, ou do Museo Thyssen-Bornemisza, con pezas inéditas que se poden ver por primeira vez neste proxecto e organizadas en tres bloques. No primeiro trátase a relación entre os grandes centros artísticos e o cómic; o segundo está adicado ós creadores galegos, como Miguelanxo Prado ou Jacobo Fernández Serrano, entre outros; e o terceiro e último centrado na inclusión dentro da viñeta das grandes obras da pintura universal.

Queremos dar as grazas á organización pola súa invitación, ó comisario Asier Mensuro pola súa implicación co grupo, e a asistente de sala (e querida exalumna) Claudia Silva por recibirnos tan amablemente.

Etiquetado en:
 

Sí, voltamos ao centro. Despois de vinte anos no local da rúa Ourense, Aula D estrea novas instalacións na rúa Elduayen, 36 (edificio Asefal). O cambio de local farase efectivo a finais de xullo para dar comezo con toda normalidade no novo curso 2018/2019.

O edificio Asefal, deseñado polos arquitectos Tomás P. Lorente e Francisco Yáñez, foi unha das primeiras construccións feitas con estrutura de aceiro na cidade de Vigo, alá polos anos sesenta. Despois das obras de conservación da fachada realizadas neste ano luce agora en todo o seu esplendor.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O local de Aula D sitúase nas plantas -1 e -2 con acceso directo dende as escaleiras da Baixada ao Forte. Asemade conta cun itinerario accesible dende a rúa Elduayen para persoas con mobilidade reducida.

No pasado mes de marzo comezaron as obras de acondicionamento do local consistentes na adaptación da distribución espacial ás novas necesidades do uso  como centro de ensino (anos atrás o local estaba ocupado polas oficinas do catastro de Vigo). Asemade, mudouse a antiga carpintería exterior por unha carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e doble acristalamento. Foron renovadas todas as instalacións interiores (electricidade, fontanería, saneamento, ascensores…) para o total cumprimento da normativa vixente. Cabe destacar a instalación de ventilación, que conta cun sistema de recuperación de calor para garantir a eficiencia enerxética.

Xa en fase de acabados, as obras rematarán en poucas semanas. Sentimos as molestias que o traslado poidera ocasionar, pero paga a pena. A nova escola está chea de luz e con vistas á ría; en pleno casco vello e tan só a 100 metros da Porta do Sol.

Podes seguir o proceso en facebook e en instagram.

 

Rosie-the-Riveter-e1408659267985-b

O vindeiro 8 de marzo convócase una xornada histórica de movilización en defensa dos dereitos das mulleres en todo o mundo.
A escola decidiu, co consenso do alumnado, profesorado e equipo directivo, apoiar esta folga, e contribuir así a reivindicar un sistema social máis xusto, non discriminatorio, igualitario e libre de violencia contra as mulleres en calquera de súas formas.
O centro permanecerá aberto, respectando plenamente a aquelas alumnas e profesoras que secunden paros, totais ou parciais, na súa actividade e facilitando que o alumnado que o desexe faga uso libre das instalacións.
Durante a mañá levaranse a cabo diversas actividades como a proxección de material audiovisual relacionado co movemento feminista e una mesa de debate para expor os temas e problemáticas obxecto desta xornada de reivindicación.

Etiquetado en:
 

Mañá mércores 28 de febreiro terá lugar nas instalacións de Aula D unha conferencia a cargo de Alberto Montenegro, que xunto con Isabel Giménez é integrante de “AI JOYAS DE AUTOR” . proxecto de longa traxectoria que arrinca a principio da década dos oitenta. A xornada é de portas abertas, polo que estades todos invitados.

cartel joyas de autor.

“As xoias de Alberto Montenegro e de Isabel Jiménez, – AI, Joyas de Autor -, realizadas partindo dunha ampla selección de materiais preciosos – prata, ouro, diamantes e pedras preciosas -, son o resultado dun proceso artesanal, cada vez máis difícil de preservar na joyería actual, que dá a todas as súas creacións un carácter exclusivo, -unhas veces único, outras limitado a series numeradas -, pero sempre cun valor de obra de arte incomparable, que chega ao virtuosismo nas súas creacións escultóricas.
Un reducto de calidade e prestixio, no que se atopan en perfecta harmonía, a máis difícil e esmerada tradición artesanal das pezas feitas a man, co deseño máis vanguardista e elegante dos nosos días”.

Etiquetado en:
 

a-mordiscos

O pasado mércores 8 de outubro o grupo de segundo curso de Deseño de Interiores de Aula D desprazouse ata o restaurante “A MORDISCOS” situado no número 22 da Rúa Real de Vigo.
Durante algo máis de hora e media estivemos falando sobre diferentes aspectos relativos ás necesidades dun local destas características con Ruth Pelegrín, que xunto con Pablo Lago e Antonio Gómez é propietaria deste restaurante que cumpre xa o seu 5º ano de funcionamento.
Os alumnos recolleron e contrastaron información de primeira man para o proxecto dun restaurante que deben realizar como exercicio de clase dentro do módulo de Proxectos. Por unha banda a compra e o almacenamiento, o proceso de preparación, cocción, emplatado na cociña e o pase ao comedor; por outro a recepción e atención de face ao cliente, os tempos de espera e o funcionamento da sala.
Dende Aula D queremos dar as grazas a Ruth e ao equipo de cociña pola súa atención e cordialidade ao dedicarnos o seu tempo e experiencia, poñéndonos en contacto coa realidade do día a día do seu local.

a-mordiscos a-mordiscos (1)descarga a-mordiscos

Etiquetado en:
 

IMG_20180206_104606

O pasado martes 6 de febreiro os alumnos do segundo curso de Deseño de Interiores estiveron inmersos nos mundos do textil, dos acabados vinilicos e do papel pintado a través dunha clase teorico-práctica e monográfica que foi posible grazas á colaboración de “LA CASONA INTERIORISMO” que tivo a xentileza de visitarnos e achegar ata a nosa escola unha ampla selección de catálogos das firmas comercializadas no seu establecemento, no número 13 da rúa Fernando Conde, en Vigo.

No eido do deseño de interiores os acabados son, case sempre, parte inseparable de calquera actuación. A madeira e os seus derivados, os distintos tipos de pedra natural e artificial, e os materiais sintéticos como os plásticos, as gomas ou as resinas, as pinturas, os textiles ou o papel e un longo etc, son utilizados unhas veces como panelados, como aplacados ou revestindo os paramentos verticais, outras veces como remate dos teitos ou adaptándose ao tipo de tránsito no caso dos pavimentos.

As pinturas, os papeis pintados e os textiles son de todos eles os que máis facilmente pódense incluír ou substituír e contribuír así a configurar un ambiente configurar o ambiente, xunto coas cortinas, as alfombras, os tapizados e o mobiliario

Todo este universo de acabados e revestimientos artificiais, cobra sentido cando o traballo de investigación e deseño por parte dos fabricantes é quen de xerar cores, texturas e estampados propios e orixinais afastados das imitacións a materiais cos que non compartirían as mesmas propiedades.

Etiquetado en:
 

z-IMG_20171102_132812O pasado 2 de novembro o grupo formado polos alumnos de 1º e 2º curso do ciclo de Gráfica Publicitaria tivemos a oportunidade de visitar a exposición “Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas” no Museo do Mar de Galicia. Nesta visita puidemos coñecer non só a historia e características desta icona da cultura galaico-portuguesa senón tamén o contexto sociocultural no que se enmarca a súa orixe.

Más de 50 piezas conforman esta exposición única, entre las que se incluyen pinturas, documentos, esculturas, obras en madera, elementos arqueológicos y obras de carácter sagrado y profano, entre otras.

Etiquetado en:
 

O vindeiro luns 30 de outubro ás 12:00 horas, a directora de arte viguesa Marta Villar impartirá en AULA D unha conferencia, con entrada libre, na que fará unha viaxe pola súa traxectoria profesional como directora de arte, achegándonos ao mesmo tempo ao coñecemento da práctica profesional, tanto no cine como no teatro ou na televisión.

Marta Villar recibiu no ano 2017 o premio de honra Fernando Rey por decisión da Academia Galega do Audiovisual (AGA), no transcurso da gala dos Premios Mestre Mateo, polos moitos anos de traballo e a impecable traxectoria profesional como parte substancial do audiovisual galego.

O seu primeiro traballo no mundo do audiovisual foi no cine da man de Chano Piñeiro para quen, en 1986, fixo os decorados da curtametraxe Esperanza. Dous anos despois, ainda como integrante de ESTU 2, realizou o seu primeiro traballo para televisión, o decorado do programa Vivir Aquí, da TVG,  en 1994 os decorados da serie Pratos combinados.

Para TVG ten deseñado os platós de series como Rías Baixas, Fíos, Os Atlánticos, Avenida América ou A Casa de 1906 e de programas que están actualmente na grella da TVG como A Revista ou Zig Zag, asemade de diversos programas especiais das noites electorais. Tamén son creacións súas os decorados de TV movies como Entre Bateas ou Salgadura (polos que obtivo senllos premios Mestre Mateo), Pataghorobí ou Biblioteca da Iguana.

No ámbito do cine foi directora de arte de películas como Heroína, Agallas, Los muertos van deprisa, A Praia dos afogados ou, recentemente, Migas de Pan.

O seu traballo como deseñadora de interiores, foi tamén moi intenso, dende a segunda metade dos anos 80, como compoñente de ESTU 2, con obras tan decisivas como O Cerne da Deboura, O Malecón, Niu Port ou Pés Calzados, entre outras.

cabeceras-cide-2016

O vindeiro luns 6 de novembro dará comezo o CIDE, Curso de Introdución ao Deseño que impartimos unha vez ao ano, para aquelas persoas que queren iniciar a súa andaina no eido do deseño.

É especialmente interesante para persoas que teñan pensado iniciar estudos afíns (deseño gráfico, deseño de interiores, belas artes, arquitectura, delineación, etc) ou realizar os nosos Cursos de especialización (de 3 créditos ECTS) de Ilustración e Banda Deseñada, Deseño WebDeseño Editorial ou Deseño de Elementos e Espazos Expositivos.

O curso estrutúrase a partir dos seguintes bloques de contidos:

  • Arte e cultura contemporánea
  • Teoría da forma
  • Creatividade, metodoloxía e comunicación
  • Taller de Expresión plástica
  • Medios informáticos (Adobe Illustrator)
  • Proxectos

Durante o curso realizaremos un proxecto concreto usando unha metodoloxía que permita ao alumnado abordar deseños de calquera tipo.

Máis info en http://aulad.com/cursos/cide/

 

Alguns exemplos de proxectos realizados en cursos anteriores:

 
Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.