IV Bolsa de Estudos en Deseño

4-bolsa-estudos
Aula D convoca a 4ª edición da Bolsa de Estudos en Deseño.

“Temos fame de ideas, de pratos suculentos e sorprendentes. Buscamos alumnos e alumnas para os que a creatividade sexa algo estimulante, refrescante, e por iso queremos que nos amoses a túa capacidade de ver o mundo cunha perspectiva diferente. Pero a túa idea vai ter máis valor aínda, xa que por cada participante inscrito no concurso da Bolsa de Estudos a escola donará 1 kg. de comida ao Banco de Alimentos de Vigo, de xeito que, aínda que non esteas interesado/a en estudar deseño, estaremos encantados de recibir a túa proposta e que con ela participes nesta iniciativa solidaria e colaborativa.»

Concederase unha bolsa de estudos consistente na realización sen custo do primeiro ano nun dos ciclos oficiais impartidos no centro: Comunicación Gráfica e Audiovisual (Técnico Superior en Gráfica Publicitaria) ou Deseño de Interiores (Técnico Superior en Proxectos e Dirección de Obras de Decoración).

As bases da convocatoria pódense consultar na páxina web da escola.
O prazo de admisión de propostas remata o 8 de xullo.

 

Acto de entrega de títulos

titulos-aula-d

O venres 27 de maio tivo lugar no edificio do antigo Rectorado o acto de entrega de diplomas aos titulados dos ciclos de Gráfica Publicitaria e Proxectos e Dirección de Obras de Decoración de Aula D xunto co alumnado doutras especialidades e escolas da cidade (Escola de Xoiería do Atlántico, Goymar & Tex Moda, Air Hostess, Falcata e Ría de Vigo Golf).

Dende Aula D queremos expresar o noso agradecemento ao alcalde D. Abel Caballero e á concellala de Educacion Dª. Olga Alonso, aos organizadores, ás outras escolas participantes e, moi especialmente, aos nosos alumnos e alumnas quen, tras rematar os seus estudos demostran xa o seu talento día a día no ámbito laboral. Grazas a todos e todas!

Proxectos de Iluminación

Como todos os anos os alumnos de Segundo Curso de Deseño de Interiores, fixeron un proxecto de iluminación sobre un dos seus traballos de curso (Proxecto dun Coworking) experimentando co programa Dialux, que é un software específico para o cálculo e representación 3d de iluminación interior e que xa ten dispoñible a súa versión evo 6.0. Ésta é unha escolma das súas maquetas virtuais.

ILUSIÓNS ÓPTICAS

Como exercicio transversal dos módulos de Teoría do Interiorismo e Debuxo e Cor, o alumnado de 1º do ciclo de Deseño de Interiores propuxeron unha serie de exercicios sobre ilusións ópticas dos que amosamos algunhas das imaxes do proceso dende puntos de vista aleatorios e do resultado final dende o punto de vista concreto, para xerar a ilusión óptica pretendida, e dicir, a percepción de algo que non existe como tal no espazo tridimensional.

Os traballos que amosamos están realizados por Lorena Figueirido e Manuel Solla, Ana Valcarcel e Alejandro Justo, Alba Martínez e Vanessa Leirós e Mara Costas e Nerea Álvarez.

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

Lorena y Manuel

……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

 

ana alejandro

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….

panel pedro

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….

mara nerea

 

Visita a Oporto

O pasado 21 de abril o alumnado do ciclo de Deseño de Interiores visitou algúns dos edificios máis interesantes da arquitectura moderna de Oporto e arredores.

Comezamos cunha visita á Casa da Música, obra surxida dun concurso internacional gañado polo estudio do arquitecto holandés Rem Koolhaas. O modelo de xestión de esta instalación pública é envidiable, xa que pretende a democratización da música en todalas súas variantes. O edificio é espectacular, destacando a gran sala de concertos, con todo o resto de espazos volcados a ela.

A continuación centrámonos na figura do grande arquitecto portugués Álvaro Siza, que tanta influencia tivo e segue a ter nos deseñadores galegos. Visitamos obras onde se fusionan as ideas racionalistas coas intencións organicistas de implantación no contorno. A ruta comezou coa Facultade de Arquitectura e a Fundación Serralves, en cuxa terraza asollada comimos. Xa pola tarde pasamos polas súas primeiras piscinas, feitas na Quinta da Conceição, continuando coas Piscinas das Mares en Leça da Palmeira. Para rematar, o atardecer na Casa de Chá de Boa Nova.

Queremos agradecer especialmente a Lorena Figueirido pola organización desta xornada e tamén polas súas fotografías.

SER ES CREAR, exposición de Vanesa Álvarez Díaz

vanesa-alvarez

O vindeiro venres día 12 ás 19:30h. inaugúrase na galería SOHO (Praza de Compostela 8, Vigo) a exposición Ser es crear, da artista gráfica, deseñadora, e exalumna de Aula D, Vanesa Álvarez Díaz.

Arte e poesía sempre tiveron unha marca palpable nos deseños desta artista gráfica que participou en exposicións de xoiería (premios GZ Crea), fotografía (Casa das Mulleres) na performance «Xardín Segredo» no M.A.R.C.O. (en colaboración con La Canalla) ou en colectivas de cartelismo «Plantemos cara ás armas» no VERBUM.

Nesta exposición, composta por 22 pezas, preséntanos unha retrospectiva das mellores ilustracións de carteis de La Fiesta de los Maniquíes (Cocktail & Music Club en Vigo, centro de lecer e motor cultural vigués dende 2010, e que dirixe co seu compañeiro, o poeta Marcos de la Fuente).

No seu imaxinario adivíñanse viaxes polo mundo, cunha proposta moi icónica que dota de vida corpos, xeometrías e estruturas posmodernistas, coa natureza como axente inspirador. O encontro entre o salvaxe e o urbán desemboca nun paseo a polo universo dos soños que se vai descifrando a través unha visión optimista do mundo que nos rodea.

O feminino reflíctese no seu traballo como unha forza visionaria, con ecos de Barbara Kruger, Cindy Sherman ou Marina Abramovic, reivindicando a figura da muller loitadora e sofisticada. A pasarela de moda, a Bauhaus, Win Wenders, Joseph Beuys, Nam June Paik ou Banksy son algunhas das súas influencias directas.

Esta exposición é tamén unha reivindicación da figura do artista gráfico nas galerías de arte, sexa como un creador directo ou xerador de conceptos artísticos. A creación como principio vital. A creación como fonte de vida ou cando crear é dar existencia á propia obra e a un mesmo.

Iniciativa empresarial e práctica profesional do deseño. Seminario.

O martes día 5 de abril comeza o Seminario Iniciativa empresarial e práctica profesional do deseño, impartido por Abilio Rodríguez e Bruno Rodríguez, e distribuido en catro xornadas  -días 5, 19 e 26 de abril e 2 de maio, en horario de 16:30 a 19:00-  Neste seminario farase un percorrido por aquelas cuestións que resultan esenciais para aqueles alumnos e alumnas que, tras rematar os seus estudos deciden emprender a actividade profesional por conta propia, facendo fincapé tanto nos aspectos económicos ou fiscais como en aqueles que teñen que ver co propio desenvolvemento da actividade de deseñador.

A este seminario, orientado inicialmente ao alumnado de proxecto final do Ciclo Superior de Gráfica Publicitaria, están invitados tamén todolos exalumnos/as que teñan rematado os seus estudos na escola; para participar só será necesario notificalo no enderezo de correo electrónico da escola, info@aulad.com

Remate do Curso de Introdución ao Deseño Gráfico

O día 16 de marzo rematamos o Curso de Introdución ao Deseño Gráfico en Aula D. Ao longo de catro semanas fixemos un percorrido pola historia do deseño gráfico, a tipografía e o debuxo tanto manual como dixital. Asemade propuxemos deseñar a imaxe de marca dunha tenda de nome «La Chocante» adicada a venda de todo tipo de derivados do cacao, bombones, chocolates, … Este é o resultado acadado. Noraboa a todxs.

AULA D VISITA AS INSTALACIÓNS DE SUTEGA

O vindeiro xoves 17 de marzo, entre as 10:00 e as 13:00 horas, un grupo de profesores e  o alumnado dos cursos 1º e 2º da especialidade de Deseño de Interiores, realizaremos unha visita á empresa Sutega,  especializada no equipamento integral de oficinas, xeriátricos, colectividades, hospitales etc.

sutega

A visita ten como motivo poder participar nuna xornada cultural na que se abordarán e deseguido debatiremos cuestións relativas ao ámbito do deseño tales como a xestión dos proxectos  ou  os movementos artísticos, os deseñadores e as firmas productoras e comerciais como referentes históricos e contemporáneos, ademáis de asistir a unha mostra de pezas de mobiliario de recoñecidos autores tanto clásicos como contemporáneos.

Co gallo desta visita queremos dar as grazas por adiantado ao persoal de Sutega pola súa colaboración e aportación a nosa tarefa educativa coa programación desta xornada adicada a nosa escola e de maneira moi especial ao noso alumnado.

Navegación de entradas

1 2 3 7 8 9 10 11 12 13 32 33 34
Volver arriba