“Viajando a media luna: Una vida dentro de otra vida”.

Trala súa recente chegada a Lisboa, coa que puxeron remate o seu percorrido e antes da publicación do seu libro, co que darán por concluída esta etapa do proxecto, xurde a exposición “Viaxando a media lúa: Unha vida dentro doutra vida”.
Joanna Wójcik, caracterizadora, fillóloga e fotógrafa, xunto con Nelson Bardón, arquitecto e artista plástico, desenvolveron, un ano atrás, o proxecto “Viaxando a Media Lúa” froito da súa necesidade vital, aventureira, artística e de procura de relacións humanas verdadeiras, baseadas na creación de vínculos sinceros que establecen coa paisaxe e a súa veciñanza. Un acariñar á península ibérica nunha viaxe a media lúa dende Xerona ata Lisboa con bicicleta e alforxa, durante o que, han ir descubrindo e rescatando a esencia de cada lugar, dende a súa perspectiva persoal, para ir achegándoa aos seus seguidores a través do súa páxina web e redes sociais; culminando todo iso nun libro cunha estrutura, narrativa, ritmo e fotografías xurdidas dese mirar propio e persoal; facendo que o lector poida revivir a experiencia en primeiro plano e convértase, tamén para el, nunha aprendizaxe vital e emocional.

Plasmar en papel infnitas experiencias e sensacións non é fácil, pero si unha viaxe de varios meses en bicicleta é unha das mellores experiencias da vida, a segunda é compartila.

Para os que están pensando en realizar un proxecto de viaxe deste tipo, utilizando as súas potencialidades, e só lles falta decidirse, ou para os que nin llo suscitan pero teñen curiosidade por coñecer un pouco máis esta experiencia explicada polos seus protagonistas, neste faladoiro-exposición que terá lugar o vindeiro venres 10 de febreiro ás 12,30 horas na Esccola de Deseño Aula D de Vigo, intentarase dar resposta a estas inquietudes.

O material fotográfico xurdido desta viaxe permanecerá exposto, no espazo polivalente da escola, dende o 10 de febreiro ata o 10 de marzo co seguinte horario: de luns a venres de 10.00H ata as 14:00H e de martes a xoves de 16:30 ata as 20:00H.

Joanna Wójcik Joanna Wójcik Joanna Wójcik Joanna WójciklogoVIAJANDOproyecto Joanna Wójcik Joanna Wójcik

CAMERA

CAMERA

XCT!#16 – fin da viaxe

oco diseno

Despois de dúas intensas semanas de traballo nas que todo o alumnado da escola desenvolveu diferentes proxectos a partires da proposta lanzada polos nosos amigos de OCO diseño toca facer un alto no camiño para coller folgos e disfrutar da gratificante sensación que deixa o traballo ben feito. Se ben a experiencia da participación é o que dá sentido a estas xornadas, o vídeo que podedes ver a continuación é un resumo do bo ambiente e a implicación de todos e todas os que fixemos esta viaxe. Grazas a o alumnado, ao equipo docente e, sobre todo a Xan Centrón e Sara Veiga pola súa xenerosidade.

Premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais

A Xunta de Galicia acaba de publicar no DOG Núm. 239 a relación de premiados correspondentes ao curso 2015/16 nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de música, danza e artes plásticas e deseño.

Nos congratula enormemente constatar que foi premiada no apartado de artes plásticas e deseño a nosa exalumna Fátima Freijomil Lorenzo que fixo o seu proxecto final sobre o Centro de Documentación de Arquitectura de Vigo e do cal vemos unhas imaxes.

Parabéns Fátima.

Xornadas de Creación Transversal #16 – Aula D

Un ano máis celebramos na escola as Xornadas de Creación Transversal (antes chamadas Traballo Conxunto), un período onde o alumnado ten a posibilidade de traballar en colaboración con estudantes doutros cursos e disciplinas así como con profesionais e artistas nun proceso aberto, libre e, sobre todo, orientado a xerar proxectos nos que a creatividade actúe como principal ferramenta da comunicación. Nesta ocasión O estudio Oco Diseño será o encargado de abrir as xornadas coa charla coloquio somos-todos-iguales-no-todos-somos-iguales e presentar unha exposición composta por dalgúns dos seus traballos máis representativos que estará aberta ao público ata o 20 de xaneiro do vindeiro ano.

Despois da revolución industrial onde os conceptos de módulo, repetición e traballo en cadea fanse de uso cotián, aparecen novos matices apoiados na continua evolución da tecnoloxía e a informática.

Somos persoas, cada unha diferente, reivindicamos a nosa singularidade. Benvidos ao mundo da personalización.

Sara Veiga e Xan Centrón, estudaron en Aula D, son amigos, socios e fundadores de Oco Diseño e de the nude design

Oco Diseño, é un estudio especializado en proxectos de interiorismo, identidade, deseño gráfico e web.
Con experiencia dende 2002, traballan para diferentes tipos de clientes, tanto nacionais como internacionais, de diferentes sectores, e creando en cada caso equipos multidisciplinares adaptados a cada proxecto.

The nude design é unha tenda on-line de venta de mobiliario e iluminación que se pode personalizar.
Tentan facer partícipe ao comprador no acabado final do produto. Cando alguén entra na tenda pode partir dun moble ou dunha colección gráfica para personalizar, mesturando cores, texturas e ilustracións, conseguindo mais de mil combinacións.

___
Referencias

http://mbesteiro.com/blog/the-nude-design-el-arte-de-vestir-un-mueble/ http://www.emmmestudio.com/blogarchivo/2014/11/20/hablando-con-the-nude-design
https://www.behance.net/gallery/27970367/the-nude-desing-branding
https://www.behance.net/gallery/27979627/the-nude-design-lighting
https://www.behance.net/gallery/27613657/the-nude-design-furniture

Visita a Quality Leds

O alumnado de segundo curso de Deseño de Interiores visitou hoxe as instalacións de Quality Leds na rúa Romil, 28 en Vigo, onde verificou as vantaxes da iluminación con tecnoloxía LED (tamén o futuro próximo coa tecnoloxía OLED) e exemplos de aplicación nos seus derradeiros proxectos luminotécnicos.

Grazas a Marga Bugarín e a Borja Martínez polo seu tempo e adicación.

 

 

Miguel Núñez. Exposición de fotografías

cartel-miguel-baixa

 

O venres 21 de outubro ás 12.30h terá lugar en Aula D a inauguración da exposición de fotografía IDOMENI. CAMPO DE REFUGIADOS de Miguel Núñez, que ven a contarnos a súa experiencia na fronteira entre Grecia e Macedonia durante os meses de abril e maio deste ano.

«Fui para documentar y contar historias; para entender qué ocurre y por qué…y para difundir. Sabiendo que ya no son noticia -solo la emergencia vende periódicos- pero tanto yo como otros compañeros, que estuvimos muy cerca y les miramos a los ojos, tenemos la obligación de recordar que aún están ahí, en un limbo. Y no son invisibles. El fotoperiodismo es mas necesario que nunca pero el negocio del periodismo es el que está en crisis y mutando.»

Miguel Nuñez é fotografo freelance con aspiracions como documentalista. Ven do fotoperiodismo local onde traballou e colaborou en xornais como Faro de Vigo, Que , 20 minutos, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Galicia Confidencial, … Tamén colabora coa ONG Agareso.

Podes ver no seguinte enlace a entrevista da TVG que lle fixeron a Miguel Núñez recentemente en Aula D.

http://www.crtvg.es/informativos/conecemos-o-traballo-do-fotoxornalista-galego-miguel-nunez-a-traves-do-seu-proxecto-invisibles-2391470

Novas titulacións en Aula D

Aula D amplía a súa oferta educativa para o vindeiro curso 2016/2017.

Asemade dos xa coñecidos Ciclos Formativos de Grao Superior de Deseño de Interiores, e Comunicación Gráfica e Audiovisual, este ano poñemos en marcha as titulacións propias de Deseño Editorial e Arquitectura Efémera. Estes estudios terán lugar entre os meses de outubro a marzo, en horario de tarde, na procura de poder compatibilizalos con outros traballos ou actividades. Non é preciso ningún requisito académico previo nin facer ningunha proba de acceso.

 

editorial

 

efemera

Datas de acceso e admisión aos Ciclos Formativos de Grao Superior

O día 13 de xuño saiu publicado no Diario Oficial de Galicia, a resolución do 31 de maio pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016/17, que son de interese para os ciclos superiores que ofertamos, de Gráfica Publicitaria e de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.

Podes consultar eiquí dito DOG

logo_DOG

 

 

 

As datas relevantes desta Resolución son:

  • Data límite de Inscrición: 20 de xuño
  • Proba de madureza: 27 de xuño
  • Proba específica: 7 de xullo

Navegación de entradas

1 2 3 6 7 8 9 10 11 12 30 31 32
Volver arriba