Abrir publicación

Conferencia da ilustradora Almudena Aparicio

O vindeiro mércores 15 de xaneiro a ilustradora Almudena Aparicio impartirá unha conferencia na que fará un percorrido pola súa traxectoria profesional. Almudena Aparicio ven de gañar recentemente o primeiro premio do concurso internacional convocado anualmente pola prestixiosa axencia británica Plum Pudding e a editorial Egmont. Formada en Belas Artes ten publicado o seu traballo en editoriais como IdeasPropias ou Anaya, ademáis de ter participado en diversas exposicións a nivel nacional e realizado numerosos proxectos individuais.
Almudena Aparicio impartirá clase no 1º Curso de Ilustración e Banda Deseñada que se levará a cabo en Aula D entre os meses de xaneiro e marzo.

A conferencia terá lugar o mércores 15 ás 12:00 en Aula D, rúa Ourense 4, Vigo e a entrada é libre e gratuita ata completar aforo.

Pabillón Pibamarmi

Alberto Campo Baeza, arquitecto, proxectou o pabillón de PIBAMARMI na feira de MARMOMACC de Verona 2013.

A descrición realizada polo estudio acentúa a condición minimalista da obra, resultando seres a materialización do poder da Gravidade sobre a Luz. O pabillón consiste nunha enorme pedra de mármore travertino nocciola de 4x4x1m pendurada no aire a 1,90m de altura no medio dun cubo de luz de 8x8x4, co chan de espello. Ao pasares por debaixo da pedra séntese fisicamente a compresión producida polo peso.

Experimentación Gastronómica Gallega – EGG

PROXECTO FINAL: MARIANA MAGLIO REYES.
Ciclo formativo de grao superior «Proxectos e Dirección de Obras de Decoración».

 

IDEA ARTICULADORA
“Un cocinero no puede, él solo, gobernar su reino. Está necesitado de colaboradores que entiendan lo que se propone, cuál es su visión del mundo. Es con todos ellos, con su energía, saber hacer y esmero, como el proyecto deja de serlo para concretarse en la realidad”

Andoni Luis Aduriz.

Seguir leyendo «Experimentación Gastronómica Gallega – EGG»

Primeiro proxecto do CIDE

Nas primeiras cinco semanas do Curso de Introducción ao Deseño os alumnos desenvolveron como proxecto un evento musical a celebrarse nas 18 parroquias rurais de Vigo, promovido pola Federación de Asociacións Veciñais, e cuxo obxectivo é dar a oportunidade aos grupos de música locais de amosar o seu traballo aos seus concidadáns. Durante 18 días trasladarase a “escenografía” destes concertos dunha parroquia a outra, de xeito que a música poida chegar a tódolos puntos do municipio.

Trátase de dar unha imaxe de marca coherente, no que o alumnado debe elixir un nome para este evento, estética gráfica propia, asemade unha escenografía que sirva de marco para os concertos musicais, tendo en conta que ao día seguinte terá que trasladarse de parroquia para que teña lugar outro concerto.

Baixo estas premisas os alumnos abordaron con entusiasmo o seu primeiro traballo de deseño, percorrendo ideas e conceptos, amoldándose ao briefing e conseguindo finalmente darlles forma e sentido como proxecto.

ENRIQUE GIL – DESEÑO E TECNOLOXÍA

O martes 19 de novembro temos  cita en AULA D co arquitecto ENRIQUE GIL que impartirá unha conferencia baixo o  título DESEÑO E TECNOLOXÍA, na que amosará a súa obra e explicará as relacións entre está e as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías dixitais.

Abrir publicación
Alumno número 1.000

O alumno número 1.000

O que son as cousas. Hai uns días, enumerando ao novo alumnado que entrou na escola para este curso 2013/2014, démonos conta de que xa chegamos ao número 1.000 dende que iniciamos os estudos de deseño alá polo ano 1987. Non é que teñamos moito interese pola cábala hebrea nin sintamos nostalxia polo NODO cando anunciaba a chegada do turista un millón e premiabanno cun cheque de formato xigante á súa chegada ao aeroporto.

Pero é verdade que sérvenos para votar unha ollada atrás e lembrar a todo esa manchea de alumnos que pasaron por aquí, con nomes e apelidos (e que nunca foron só un número); algúns deles son amigos, outros visítannos de cando en vez e a outros non os voltaremos a ver nunca máis. O certo é que tentámoslle transmitir a todos a paixón polo DESEÑO e a todos eles mandámoslle unha forte aperta.

Subliñar que na realidade é o número D – 1.000

Roteiro polo Barrio Alto do Casco Vello de Vigo

O pasado  7 de outubro co gallo do Día Mundial da Arquitectura o grupo de alumnas/os de Aula D participaron  no roteiro polo Barrio Alto do Casco Vello desta cidade, organizado polo COAG-Vigo e o CONSORCIO CASCO VELLO, para amosar ao público as últimas rehabilitacións levadas a cabo dentro deste ámbito.

Foi unha oportunidade non só para percorrer os espazos públicos recuperados para o barrio, senón tamén para percorrer o interior dos edificios  nos que arquitectos como Javier Franco, Vicente Pintos, Perfecto Cendón, Javier Vázquez ou Gerardo de Villanueva, entre outros, foron quen de poñer en valor a preexistencia aplicando criterios actuais referidos aos espazos comunitarios e privados do que deben seres hoxe os edificios de vivendas.

Abrir publicación

Entrevista a Iria del Bosque

Co gallo da conferencia que impartirá o vindeiro venres entrevistamos a Iria del Bosque, deseñadora de interiores e ex-alumna de Aula D. Tras o seu paso pola escola, e despois de especializarse en deseño de exposicións e arquitectura efémera, na actualidade desenvolve a súa labor profesional en Madrid.

Entre os seus traballos recentes poderíamos destacar CASA//ARTE, do que nos falará próximamente. Igualmente no seu blog podemos atopar unha relación dos seus proxectos co valor engadido de que, máis aló das imaxes, Iria relata as necesidades e claves de cada un deles. 

«EVENTO» será o título da conferencia impartida pola deseñadora Iria del Bosque

O vindeiro venres 8 de novembro ás 12:00 temos cita en Aula D dentro do ciclo de conferencias que organiza a escola; aproveitando o seu paso pola cidade de Vigo, a deseñadora Iria del Bosque aceptou amablemente a nosa invitación para facer un percorrido pola súa traxectoria profesional e compartir con nós a súa derradeira experiencia proxectando e dirixindo a montaxe en Madrid da “Feria de Iniciación al Coleccionismo” CASA//ARTE: 2012.

Baixo o título “EVENTO” falará  de como a dispoñibilidade, a flexibilidade e a toma de decisións son fundamentais nas sucesivas fases do proxecto e da montaxe, así como nos demais aspectos colaterais que se presentan durante o proceso.

Navegación de entradas

1 2 3 15 16 17 18 19 20 21 30 31 32
Volver arriba