1º Feira de Ensinanzas Profesionais e Artísticas

ensinanzas-artisticas-aula-d

Este venres 13 e o sábado 14 Aula D participará na 1º Feira de Ensinanzas Profesionais e Artísticas que se levará a cabo na Estación Marítima de Vigo. Será un encontro onde os diferentes centros da cidade poderán darse a coñecer e amosar aos visitantes o labor que desempeñan na formación de profesionais do deseño, da danza, da interpretación ou da música, entre outros.

O horario será continuado, entre as 10:00h e as 20:00h durante o que, por suposto, invitámosvos a todos a visitar o noso stand, compartir conosco as vosas impresións e mesmo pasar un rato agradable nun evento cheo de creatividade.

Autorretratos cubistas

O cubismo foi un movemento artístico de vangarda iniciado xa hai máis de 100 anos. Entre outras cousas, o cubismo intentaba introducir nas artes plásticas a cuarta dimensión, é dicir, o tempo. Esto era posible mediante a visión de perspectivas simultáneas e consecutivas do obxecto.

O grupo de primeiro de Gráfica Publicitaria ensaia estes días  a técnica cubista coas súas propias facianas.

Proxectos de iluminación

O grupo de segundo curso do ciclo superior de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración traballou nestas últimas semanas na iluminación dos seus proxectos de coworking realizados con anterioridade. Para elo usaron o programa Dialux Evo, que lles permite un estricto control dos parámetros luminotécnicos, asemade unha visualización 3d da iluminación proxectada.

A continuación algunhas das imaxes obtidas :

The Plastic Garbage Project

O pasado martes 3 de febreiro un grupo de profesores e alumnos de Aula D asistimos, en visita guiada, á exposición PLASTIC GARBAGE PROJECT na Fundación Barrie.

O plástico é o material do que están formados boa parte dos obxectos que nos rodean e que utilizamos cada día, e co que convivimos xa dende principos do século pasado. Con tódalas súas innegables vantaxes o certo é que nos últimos tempos a súa proliferación, xunto cunha infeficiente xestión dos resíduos derivados deste, provoca unha importante repercusión no medio ambiente e, porén, nas nosas vidas. Seguir leyendo «The Plastic Garbage Project»

«La tabla periódica», un proxecto de Leticia Rodríguez

Dende o vindeiro venres 6 de febreiro permanecerá aberta no espazo polivalente de Aula D a exposición do proxecto “La tabla periódica” da ilustradora Leticia Rodríguez que nola presentará a partires das 12:30 horas dese mesmo día no transcurso da conferencia impartida por ela.

O proxecto “La tabla periódica” consiste nunha colección de cromos con ilustracións inspiradas nos elementos da mesma. Na parte frontal de cada un aparece unha ilustración composta por unha imaxe principal, un fondo estampado e un marco; na parte traseira figuran os datos do elemento químico correspondente.

Leticia Rodríguez é titulada en Bellas Artes e en Conservación Arqueolóxica e actualmente traballa como deseñadora gráfica.

tabla

CIDE 2014

_MG_2481

No pasado mes de decembro finalizou o Curso de Introdución ao Deseño; durante o mesmo o alumnado tivo a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos dando forma a dous proxectos: un punto de información turística e unha luminaria. En ámbolos dous casos, os resultados superaron as expectativas, tendo en conta que este é un curso introductorio e o alumnado carecía de experiencia previa na xestión de proxectos destas características. Seguir leyendo «CIDE 2014»

Islas, náufragos invisibles. Proxecto conxunto 2014

 

20141218_103

Durante o pasado mes de decembro levouse a cabo na escola un proxecto colaborativo entre o alumnado da escola e o fotógrafo Miguel Núñez no que seis grupos de traballo, formados por alumnos/as dos ciclos de Gráfica Publicitaria e Deseño de Interiores, reflexionaron sobre os diferentes conceptos implícitos na obra fotográfica de Miguel, Islas, náufragos invisibles, interpretándoa e aportado puntos de vista distintos dende a multidisciplinaridade que permite a integración de medios audiovisuais, gráficos e construtivos nun espazo determinado.

Seguir leyendo «Islas, náufragos invisibles. Proxecto conxunto 2014»

“PROXECTAR” Exposición de traballos de fin de ciclo 2014

exposicion-proxectos

A conferencia impartida en Aula D o pasado venres 16 de xaneiro polo deseñador de interiores Miguel Cerqueiro sobre o seu proxecto teórico e alternativo “ESPAZO LAB” para o Barrio do Cura de Vigo deu apertura á exposición na que se amosan os traballos de fin de estudos das especialidades de Deseño de Interiores e Gráfica Publicitaria dos deseñadores Miguel Cerqueiro, Yaiza Cruces, Mari Martínez Portela e Raúl Marín, todos eles exalumnos desta escola.
Na especialidade de deseño de interiores, e como proxectos de recuperación do Barrio do Cura de Vigo, Miguel Cerqueiro amosa o proxecto “Laboratorio de Ideas” e Yaiza Cruces o de “BDC  Hostel”. Dentro da especialidade de gráfica publicitaria Mari Martínez Portela expón o seu proxecto “Lembradeira” e Raúl Marín Pazó o de “Khronos ”.

A exposición pódese visitar ata o 8 de febreiro nas instalacións da escola na rúa Ourense, 4 en Vigo.

Seguir leyendo «“PROXECTAR” Exposición de traballos de fin de ciclo 2014»

Malestar

deseno

Recentemente o Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España tomou a decisión de non convocar os Premios Nacionais de Deseño e Innovación 2014, deixando así fora de todo recoñecemento a un sector clave no desenvolvemento do país. Unha decisión insólita tendo en conta que tódolos indicadores coinciden en que deseño é un dos factores determinantes en todo proceso de recuperación económica, como así recoñece a Unión Europea, e que supón un piar especialmente importante en calquera modelo que aposte pola innovación.

Dende esta escola, e en sintonía coa DAG e as principais asociacións de deseño de España, expresamos o noso profundo malestar ante esta decisión, que supón un claro desagravio a todo un sector que, dende as súas diferentes disciplinas, vai ser claramente determinante no noso crecemento nos vindeiros anos.

Cursos monográficos para o 1º trimestre de 2015

Adxuntamos a programación de cursos monográficos para o primeiro trimestre de 2015 que terán lugar nas instalacións de Aula D. Escola de Deseño, na rúa Ourense 4, baixo – VIGO (xunto á Casa da Xuventude).
Se tes interese ou algunha suxerencia sobre estes ou outros cursos podes contactar con nos en cursos@aulad.com ou no 986214076.
Para máis información (contidos, metodoloxía, …) podes premer nos seguintes enlaces:

Navegación de entradas

1 2 3 11 12 13 14 15 16 17 30 31 32
Volver arriba