Presentación de Proxecto Edición 2016

 

convocatoria-proxecto-edicion-2016

O vindeiro mércores 16 de marzo terá lugar na escola a presentación do Proxecto Edición 2016 a cargo da empresa de xestión integral de proxectos fotográficos Copias de Autor.

Proxecto Edición  ten como fin a selección e publicación de dous traballos fotográficos de autor, un deles para estudantes e o outro en
convocatoria aberta.

Na primeira convocatoria resultaron premiados os traballos Waste de Julio Eiroa e O corpo que esconde de Virginia González, así como Pilara, a muller que vive coa miña aboa, o proxecto da nosa exalumna Noelia Fernández, que obtivo a mención de honra.

A presentación dará inicio ás 12:00 nas instalación de Aula D, escola de deseño (rúa Ourense 4) e a entrada é aberta a todo o público.

 

2ª Feira das Ensinanzas Artísticas e Profesionais

cartel-feria-ensenanzas-artisticas-profesionales

Os vindeiros días 10 e 11 de marzo terá lugar na Estación Marítima de Vigo a 2ª Feira das Ensinanzas Artísticas e Profesionais, na que  Aula D participará por segundo ano consecutivo co obxectivo de asesorar a aqueles visitantes que estean interesados polos estudos en deseño así como de informar aos orientadores doutros centros educativos.

A feira estará aberta en horario de 09:30 a 14:00h polas mañás e de 16:30 a 18:00 polas tardes.

 

Croa Magazine en papel

croa

Despois de catro anos e máis de 30 números editados en formato dixital a revista Croa Magazine, un proxecto sen ánimo de lucro volcado na difusión cultural e dos novos creadores, dirixido pola nosa exalumna Marta Villar, disponse a publicar un número especial de 64 páxinas en formato impreso. Para elo, xa está aberta a convocatoria para colaborar como mecenas na plataforma de crowdfunding verkami, a través da que é posible participar no financiamento obtendo un ou varios exemplares a un custo rebaixado máis outros obsequios adicionais, segundo a cantidade aportada.

O prazo para colaborar nesta iniciativa remata o 25 de marzo e a presentación e entrega dos exemplares realizarase a partires do 15 de abril.

visita ao casco vello

 

O xoves 18 de febreiro o alumnado de 2º de Deseño de Interiores realizou o tradicional percorrido que a Escola ven facendo cada ano ao Barrio Histórico da cidade. Esta vez o percorrido tivo lugar fundamentalmente polos barrios de extramuros, baixando dende o Castelo de San Sebastián ao Paseo de Alfonso para descubrir o Casco Vello e a panorámica da cidade dende a terraza do Asefal. Logo visitamos os Barrios do Cura e Santa Marta, para baixar dende a Igrexa de San Francisco ata a Ribeira. Xa de volta polas rúas San Francisco, a Barroca e Poboadores para adentrármonos nas prazas do Peñasco e Pescadores e decatármonos da súa inmediata relación coa Ribera. Finalmente descubrimos algunhas trazas de continuidade do quefoi o barrio antes de abrirse á rúa Elduayen e dividilo en barrio Alto e barrio Baixo.DSCN9520

Visita a Quality Leds

Os alumnos de 2º curso de Deseño de Interiores e o grupo do Curso de Escaparatismo visitaron hoxe as instalacións de Quality Leds na rúa Romil, 28 en Vigo.

Quality Leds é unha empresa especializada en iluminación con tecnoloxía led, tanto na fase de cálculo e proxecto como na de instalación e montaxe, asemade a venda de lámpadas e lumniarias na propia tenda.

 

A charla de hoxe deu conta dos conceptos característicos da luminotecnia e criterios á hora de iluminar con leds espazos residenciais e comerciais.

Queremos dende aquí dar as gracias un ano mais a Marga e a Borja polo bo trato que nos dispensan.

Retratos fotográficos persoais e experiencias plásticas

Ata o próximo 24 de febreiro permanecerá aberta no espazo polivalente de Aula D unha exposición de traballos realizados durante o primeiro trimestre do presente curso dentro dos módulos de Linguaxe e Tecnoloxía Audiovisual e Fundamentos da Representación e a Expresión Gráfica.

A mostra consiste nunha serie de retratos fotográficos persoais, e diversas experiencias de tipo plástico realizadas polos alumnos de 1º de Gráfica Publicitaria: Angel Currás, Ana Domegan, Duarte Escariz, Teresa Fernández, Lucía Ferreira, Antía López, Andrea Martínez, María Mosquera, Noa Sánchez, Paula Santos y Raquel Vilas.

 

DESEÑO HIPERACTIVO

cartel-nido-web

O xoves 28 de xaneiro ás 12:30 horas visitarán a escola a deseñadora gráfica Noemí Díaz Patiño (Itrynottothink)  e os arquitectos Alberto Cebral e Ramón Viéitez, que impartirán unha conferencia baixo o título DESEÑO HIPERACTIVO. Deseñar contra os elementos e non tirar a toalla. Reinventarse.
No transcurso da mesma presentarán varios proxectos de deseño e non só deseño.
Son socios fundadores de Espacio Nido, situado no Barrio Alto do Casco Vello, estando comprometidos coa promoción deste ao través da páxina web Fairúa, e da Asociación Veciñal, participando na organización de ciclos de cine e teatro levados a cabo na Praza do Abanico
Dende Aula D queremos contar coa participación de todos os que vos queirades achegar á escola e agradecer por adiantado a vosa asistencia.

Seminario de comunicación e imaxe persoal en entrevistas de traballo

seminario-comunicacion

Mañá martes día 19 de xaneiro comeza o Seminario de comunicación e imaxe persoal en entrevistas de traballo. Impartido por Laura Martín os días 19 e 26 de xaneiro e 2 e 16 de febreiro en horario de 16:30 a 19:00,  analizaranse os principais aspectos relacionados coas dinámicas que se desenvolven habitualmente nas entrevistas de traballo e cuxo coñecemento pode resultar decisivo á hora de optar a un emprego.

A este seminario, orientado inicialmente ao alumnado de proxecto final do Ciclo Superior de Gráfica Publicitaria, están invitados tamén todolos exalumnos/as que teñan rematado os seus estudos na escola; para participar só será necesario notificalo no enderezo de correo electrónico da escola info@aulad.com

CURSOS DE INTRODUCCIÓN AO DESEÑO

Este é o calendario de cursiños en Aula D para as vindeiras semanas. Como novidade este ano dividimos o CIDE (Curso de Introducción ao Deseño) que consistía nunha aproximación a distintos campos do deseño como gráfico, de interiores ou de produto. Os novos cursiños, que se desenvolven consecutivamente, teñen como o obxectivo que o alumnado poda experimentar e practicar un proxecto temático específico de cada especialidade, apoiados por unha formación teórica complementaria. A aqueles que queiran asistir a máis dun curso se lles aplicará a tarifa de exalumnado.

cursos 1trim BAIXA
Maís información en:

Navegación de entradas

1 2 3 8 9 10 11 12 13 14 30 31 32
Volver arriba