O día 26 de xullo repasamos un momento emocionante na historia da arte: as vangardas do século XX. A aparición da fotografía como fiel reproductora da realidade fixo que os pintores buscaran outras alternativas de representación. Reflexionamos sobre algunhas destas novas visións: puntillismo, futurismo, expresionismo, cubismo, neoplasticismo, abstracción, …
Para rematar, emulando a Mondrian, fixemos unha composición neoplasticista.
Mentras que as leixes da física son inexorables, o feito artístico, non está suxeito a ningún tipo de leises. As esculturas móbiles de Calder, que presentamos aos nen@s asistentes ao obradoiro, curiosamente son móbiles e polo tanto libres e aparentemente lixeiras gracias a esas leises da física ás que están suxeitas. Logo de coñecelas e analizar outros tipos de móbiles máis comúns, os nosos pequenos artistas da física adicaron a mañán a construir o seu propio móbil colgante.
Unha das diferencias entre o teatro e o cinema está en que no primeiro caso actores e público comparten tempo e espazo.No segundo, estas dúas magnitudes deixan de se corresponder e ademais o público non está presente no momento da actuación. Esto permítenos reconstruir o espazo e o tempo a partires de anacos desordeados do que queremos contar este luns 22 de xullo.
Susana Román a directora xa está lista, os decorados dispostos, o guión máis que aprendido… só queda empezar! Os actores caracterízanse e ensaian unhas últimas frases, é a hora de filmar. O pai leva o sombreiro? A nai non atopa a súa touca! As fillas chegan tarde e o paxaro Manolo xa voara.
Ao final estamos todos en escena, pero vaia, o recadador di… “Son dez mil euros”, é simplemente un roubo… os nosos nenos saben que con moito moito menos xa se podesoñar.
O venres 19 de xullo no obradoiro de encadernación falamos dos rollos de papiro dos exipcios, dos pergaminos, dos códices, da encadernación artesanal, do cartoné, das tapas brandas, do cosido dos libriños, da edición rústica, ……… e da encadernación actual como xeito de presentar o libro. Logo cada nen@ realizou o seu partindo dunha lóxica que lle permitise rematalo coherentemente, coser os libriños, idear as tapas e rematar o conxunto. En definitiva comprender que cada obxecto que utilizamos é como é porque antes foi deseñado.
O día 22 e case rematando o obradoiro deste verán, continuamos coas nosas creacións e desta volta tocounos facer de primeiras un reque-reques que consiste nunha peza de cana alongada á que lle facemos uns dentes para logo refregala cun pauciño producindo un son característico. O outro instrumento que fixemos foi o cantagalos, que se fai cun anaco dunha póla de loureiro á que lle facemos unha fenda para meterlle nela unha folla, tamén de loureiro, recortada axustándose ao grosor da pola, unha vez feito esto só nos queda meter a poliña
entre os beizos de xeito que, ao soprar, o aire pasa pola fenda facendo vibrar a folla alí aloxada. Prodúcese un son semellante ao canto dun galo.
Non é ningunha sorpresa que os nen@s fagan cabanas nas árbores, o que tal vez sí, é que os mesmos materias que poderían usar os nen@s, poidan ser obxecto da investigación arquitectónica real. Shigeru Ban é un arquitecto xaponés que investiga sobre a capacidade estructural e arquitectónica do cartón, crea habitáculos para emerxencias de diferentes tipos que poderían ser construidos por nen@s sen deixar de seres unha aportación á arquitectura…
O pasado mércores día 17 de xullo os nen@s adicaron a mañá a traballar có material preferido deste arquitecto, acompañados pola arquitecta e profesora de aula d Iria Sobrino.
O luns 15 de xullo paxaros imaxinarios de todas as formas e cores entraron voando acompañados pola deseñadora Susana Román ao través das fiestras de aula d para pousarse nas mentes dos máis cativos. Aguias reais, gaivotas prateadas, coloridos tucanos e algúns espécimes aínda por descubrir que cobraron a forma que lles deu o cartón pendurado por fíos, algún contrapeso de chumbo e moitas cores. Ao remate do obradoiro as aves colgantes migraron aos teitosdos cuartos destes nen@s.
Ao longo dos séculos, o símbolo serviu para identificar e representar diversas organizacións, movementos políticos e relixiosos, títulos nobiliarios, etc.
Hoxe en día símbolos, logotipos e logomarcas son un claro referente da imaxe de marca das empresas, e obxectivo habitual dos deseñadores gráficos.
Nesta clase do día 18 seguimos a facer con Manuel Barreiro Chao profesor de Aula d aparellos para estrebillar e facer música, desta volta fixemos un asubío, instrumento de vento, cunha bugalla ou carrabouxo ao que houbo que facerlle primeiro un burato, despois baleiralo, e para rematar pintámolo de cor. De seguido fixemos un instrumento de percusión, o carrizo, para o que empregamos un tubo de cana cortado á metade e fío ao que suxeitamos unha petela feita tamén da mesma cana que ao bater coa anterior fai un son como un estalo, arremedando ao paxaro chamado carrizo.
Nesta clase do día 12 fíxose, co profesor de Aula D Manuel Barreiro Chao, un Albuche, instrumento de percusión construído con tubos de cana de diferente e crecente lonxitude, unidos por un cordel que se pasa polos buratos feitos nos seus extremos e deixando unha separación entre eles, para seres refregados cun pao arriba e abaixo. O instrumento pendúrase do pescozo polo mesmo cordel que xungue as canas manténdose en tensión ao esterricalo coa man – a que non sostén o pao de refregar- polo lado oposto ao que se colga do pescozo.