Remate do CIDE

No mes de decembro de 2013 rematou o Curso de Introducción ao Deseño. Neste segundo bloque do curso, e co apoio dalgunhas clases teóricas, tratábase de realizar o deseño dunha luminaria de interior para ámbito doméstico ou comercial,  para a súa venta a través de internet, incluindo o seu nome comercial, a imaxe gráfica e o propio contenedor ou embalaxe para transportar o produto.

«O produto está promovido por unha nova empresa de mobiliario e iluminación que pretende ofertar un deseño onde prime a orixinalidade e a creatividade. Tamén haberá que ter en conta a facilidade de montaxe e o tamaño e peso do envase para facilitar así a súa venta por internet. O prezo deberá ser competitivo.»

Os alumnos tiveron que materializar e expoñer públicamente os seus proxectos e convencer das súas «bondades». Aquí aparece unha mostra das luminarias presentadas, que nos deixaron moi bo sabor de boca. Noraboa a todos eles polo seu traballo e entusiasmo.

Abrir publicación

Conferencia da ilustradora Almudena Aparicio

O vindeiro mércores 15 de xaneiro a ilustradora Almudena Aparicio impartirá unha conferencia na que fará un percorrido pola súa traxectoria profesional. Almudena Aparicio ven de gañar recentemente o primeiro premio do concurso internacional convocado anualmente pola prestixiosa axencia británica Plum Pudding e a editorial Egmont. Formada en Belas Artes ten publicado o seu traballo en editoriais como IdeasPropias ou Anaya, ademáis de ter participado en diversas exposicións a nivel nacional e realizado numerosos proxectos individuais.
Almudena Aparicio impartirá clase no 1º Curso de Ilustración e Banda Deseñada que se levará a cabo en Aula D entre os meses de xaneiro e marzo.

A conferencia terá lugar o mércores 15 ás 12:00 en Aula D, rúa Ourense 4, Vigo e a entrada é libre e gratuita ata completar aforo.

Firewall

Firewall é unha peza audiovisual interactiva realizada polos artistas Michael P. Allison e Aaron Sherwood. Consiste nunha membrana sintética de spandex a cal actúa como interface dun sistema que, mediante a presión, permite controlar a reproducción de imaxes e son, dun xeito coordinado. As imaxes son xeneradas mediante processing mentres que o son é creado con MAX/MSP; a información recóllese a través dun dispositivo Kinect, o cal é sensible ao nivel de presión que se exerce sobre a membrana, determinando así o tipo de imaxe e son que hai en cada momento. Esta peza, un prototipo, desenvolveuse para formar parte da obra MIZARU, representada polo grupo Purring Tiger, un espectáculo onde se mestura a danza con elementos musicais, audiovisuais e interactivos, e onde se reflexiona sobre a vida, a morte o corpo e a tecnoloxía.

Mostra de traballos de Expresión Gráfica

Nesta mostra, exposta actualmente no espazo polivalente do centro, inclúense os exercicios do último trimestre do curso 2012-2013 pertencentes ao módulo de Expresión Gráfica.

Tras seis meses de traballos máis formais, tentando representar correctamente as proporcións, as sombras e a cor, durante o período final do primeiro curso os alumnos de Gráfica Publicitaria teñen a oportunidade de experimentar maneiras diferentes de versionar unha mesma imaxe dun xeito máis libre, espontáneo e expresivo utilizando técnicas como a grisalla, acuarela (imitando os debuxos de Egon Schiele), garabatos, liña pura, tinta chinesa ou dripping. Nestes exercicios, tras interiorizar a imaxe que lles serve de inspiración, os alumnos xa son capaces de centrárense plenamente nas posibilidades expresivas dos materiais.

Entre os traballos expostos pódense ver tamén debuxos do natural -feitos na rúa- e exercicios de debuxo rápido nos que, de xeito intuitivo e en moi pouco tempo, os alumnos deben ser capaces de realizar un retrato dos seus compañeiros conseguindo captar e representar non só as formas senón tamén o carácter da persoa.

Pabillón Pibamarmi

Alberto Campo Baeza, arquitecto, proxectou o pabillón de PIBAMARMI na feira de MARMOMACC de Verona 2013.

A descrición realizada polo estudio acentúa a condición minimalista da obra, resultando seres a materialización do poder da Gravidade sobre a Luz. O pabillón consiste nunha enorme pedra de mármore travertino nocciola de 4x4x1m pendurada no aire a 1,90m de altura no medio dun cubo de luz de 8x8x4, co chan de espello. Ao pasares por debaixo da pedra séntese fisicamente a compresión producida polo peso.

Experimentación Gastronómica Gallega – EGG

PROXECTO FINAL: MARIANA MAGLIO REYES.
Ciclo formativo de grao superior «Proxectos e Dirección de Obras de Decoración».

 

IDEA ARTICULADORA
“Un cocinero no puede, él solo, gobernar su reino. Está necesitado de colaboradores que entiendan lo que se propone, cuál es su visión del mundo. Es con todos ellos, con su energía, saber hacer y esmero, como el proyecto deja de serlo para concretarse en la realidad”

Andoni Luis Aduriz.

Seguir leyendo «Experimentación Gastronómica Gallega – EGG»

Primeiro proxecto do CIDE

Nas primeiras cinco semanas do Curso de Introducción ao Deseño os alumnos desenvolveron como proxecto un evento musical a celebrarse nas 18 parroquias rurais de Vigo, promovido pola Federación de Asociacións Veciñais, e cuxo obxectivo é dar a oportunidade aos grupos de música locais de amosar o seu traballo aos seus concidadáns. Durante 18 días trasladarase a “escenografía” destes concertos dunha parroquia a outra, de xeito que a música poida chegar a tódolos puntos do municipio.

Trátase de dar unha imaxe de marca coherente, no que o alumnado debe elixir un nome para este evento, estética gráfica propia, asemade unha escenografía que sirva de marco para os concertos musicais, tendo en conta que ao día seguinte terá que trasladarse de parroquia para que teña lugar outro concerto.

Baixo estas premisas os alumnos abordaron con entusiasmo o seu primeiro traballo de deseño, percorrendo ideas e conceptos, amoldándose ao briefing e conseguindo finalmente darlles forma e sentido como proxecto.

ENRIQUE GIL – DESEÑO E TECNOLOXÍA

O martes 19 de novembro temos  cita en AULA D co arquitecto ENRIQUE GIL que impartirá unha conferencia baixo o  título DESEÑO E TECNOLOXÍA, na que amosará a súa obra e explicará as relacións entre está e as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías dixitais.

Abrir publicación
Alumno número 1.000

O alumno número 1.000

O que son as cousas. Hai uns días, enumerando ao novo alumnado que entrou na escola para este curso 2013/2014, démonos conta de que xa chegamos ao número 1.000 dende que iniciamos os estudos de deseño alá polo ano 1987. Non é que teñamos moito interese pola cábala hebrea nin sintamos nostalxia polo NODO cando anunciaba a chegada do turista un millón e premiabanno cun cheque de formato xigante á súa chegada ao aeroporto.

Pero é verdade que sérvenos para votar unha ollada atrás e lembrar a todo esa manchea de alumnos que pasaron por aquí, con nomes e apelidos (e que nunca foron só un número); algúns deles son amigos, outros visítannos de cando en vez e a outros non os voltaremos a ver nunca máis. O certo é que tentámoslle transmitir a todos a paixón polo DESEÑO e a todos eles mandámoslle unha forte aperta.

Subliñar que na realidade é o número D – 1.000

Navegación de entradas

1 2 3 15 16 17 18 19 20 21 32 33 34
Volver arriba