Colectiva´12: exposición do conxunto do alumnado da escola

http://www.flickr.com/photos/adblog/7562357396/in/set-72157630558353720

Dende mediados de Xuño e ata  Setembro contaremos coa exposición Colectiva´12, pechando así o ciclo das diferentes mostras e conferencias levadas a cabo en todo este ano lectivo 2011/2012. Nela pódense ver elementos demostrativos do traballo realizado polos alumnado nas aulas dos Ciclos Superiores que actualmente se imparten na escola: Gráfica Publicitaria e Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.

aulaD, escola de Artes Plásticas e Deseño, convídavos a achegarvos a visitar a mostra que estará exposta ao público co seguinte horario:

Lugar: aulaD, escola de Artes Plásticas e Deseño. Rúa Ourense 4, Vigo
Data: 13 de Xuño –  Setembro
Acceso: libre

Horario, lectivo:

de luns a venres……………………………………… polas mañás de 10,30 a 13,00h.

Para ver máis imaxes desta exposición, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157630558353720/

Land Art : proposta de intervención no medio rural por Úrsula Cancelas Pequeño

Lan Art por Úrsula Cancelas Pequeño

Para o desenvolvemento do traballo relacionado co Land Art centreime na idea de levar a cabo unha serie de pequenas «esculturas» dispostas no bosque. Éstas están construídas a base de pedras do propio ámbito que se sosteñen en equilibrio pola súa composición de xeito gradual (de máis grandes a máis pequenas). A miña intención era que nos recordasen a eses monumentos megalíticos como son os dolmens, os menhires, etc… que tiñan un significado relacionado coa terra, coa alma, etc…incluso algúns funcionaban coma tumbas ou como marca dun lugar de culto. A súa escala adoitaba ser de gran tamaño ou mesmo monumental como os Crommlech ou as estatuas da Illa de Pascua.
Polo tanto, o que pretendía era crear un bosque de pedras a pequena escala e onde a man do home está presente pero sen alterar de ningún xeito a natureza.
Esta intervención xogaría o papel de sorprender a aquel que pasase polo lugar, facéndose todo tipo de preguntas como quen o fixo? que significa? porque están así colocadas?…

Para ver tódalas imaxes deste proxecto, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157630540777526/

Land Art : proposta de intervención no medio rural por Roi López van der Veen.

Land Art por Roi López van der Veen
O Land Art é unha corrente artística xurdida na década dos anos setenta do século XX. Ten como fin trasladar o traballo artístico aos espazos naturais, os cales son transformados polo pensamento e a acción do artista. As súas creacións usan a paisaxe como soporte (escenario) ou materia prima da obra. A súa finalidade é producir emocións plásticas no espectador que se enfronta a unha paisaxe determinada. O principio fundamental do Land Art é alterar, cun sentido artístico, a paisaxe, para producir o máximo de efectos e sensacións ao observador.
:::Desenvolvemento do traballo:::
Parto sen unha idea en concreto máis que a de utilizar unicamente elementos naturais propios da zona ou escenario elixido.
Dous dos elementos visuais máis potentes que se encontran no monte son as rochas e arbóres, e decido que estes dous elementos serán os que compoñan o meu Land art.
Encontrei unha rocha con características que me parecían interesantes para o traballo.
Ao ver a rocha o primeiro que me imaxinei eran ramas saíndo desas gretas e fendas, polo que entraba en xogo un terceiro elemento, a erosión, causada pola auga e o vento.
As ramas arranqueinas duns arbores secos das inmediacións.
O resultado é unha combinación dun elemento que forma parte dunha árbore, con outro elemento inerte; o que en termos literarios denomínase oxímoro que consiste en usar dous conceptos de significado oposto nunha soa expresión, que xera un terceiro concepto.

Para ver tódalas imaxes deste proxecto, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157630540777526/

Land Art : proposta de intervención no medio rural por Miguel Cerqueiro Díaz

http://www.flickr.com/photos/adblog/7555032114/in/photostream

1. TRABALLO A REALIZAR
O exercicio proposto consiste en realizar unha intervención nun ámbito natural utilizando o marco e os seus propios materiais.
2. LAND ART
O Land art é unha tendencia da arte contemporánea que utiliza o medio e os seus elementos (madeira, terra, pedras, area, rochas, lume, auga, etc.). Esta expresión inglesa traduciuse tamén como «arte da construción da paisaxe» ou «arte terrestre». Xeralmente, as obras atópanse no exterior, expostas ós elementos, e sometidas á erosión natural; así pois, algunhas desapareceron, quedando delas só o recordo fotográfico. As primeiras obras realizáronse nas paisaxes desérticas do Oeste estadounidese a finais dos anos sesenta. As obras máis impoñentes, realizadas con equipamentos de construción como escavadoras, se chaman earthworks, (palabra que pode traducirse como escavacións, aterramentos ou desmontes). A súa finalidade é producir emocións plásticas no espectador que se enfronta a unha paisaxe determinada. O principio fundamental do Land Art é alterar, cun sentido artístico, a paisaxe, para producir o máximo de efectos e sensacións ó observador. Preténdese reflectir a relación entre o home e a terra, o medio e o mundo, expresando ó mesmo tempo a dor, debido ó deterioro ambiental do clima que existe hoxe en día. O principal é a interacción do humano-­artista co medio.
3. FASE DE ANÁLISE
Unha das grandes referencias durante a fase de análise para concretar o proxecto foi o análise da obra de Andy Goldsworthy, artista que traballa coa levidade, nas súas pezas vemos o movemento e cambios que vai mostrando co paso do tempo, el mira todas as súas creacións como temporais, a súa materia son obxectos comúns na natureza, pero en realidade no trasfondo traballa co vento, a luz, o tempo, onde máis que buscar a perfección do obxeto, nos mostra a enerxía e vida que teñen cada un deles. A visualización do documental Ríos e Mareas, no cal, vemos o artista traballando co efémero, en condicións duras e de grande introspección, foi dun grande impacto persoal. O artista mimetizase co natural, entra en diálogo co medio e o seu trato é dunha gran delicadeza e respecto. Móstranos o fráxil do ámbito, pero tamén incide no inmenso poder da natureza e faceta cambiante, o medio flúe e os seus seres modélano.
4. ANÁLISE DO ÁMBITO
Fase consistente no análise do ámbito natural e de posibles elementos a utilizar.
5. INTENCIÓNS. AS FORMAS XEOMÉTRICAS.
Xeometría vén do grego xeo = terra e de metrón = medida. É dicir, é a ciencias que estuda a medida da Terra. En definitiva, a exploración do mundo exterior. A xeometría sempre estivo presente no arte, aínda que non foi ata o século XX cando se teorizou máis a fondo sobre o seu uso. Nas primeiras décadas estivo intimamente ligada ós conceptos de abstracción e modernidade. Mediante a utilización de elementos naturais, xero unha serie de figuras xeométricas, as súas formas, e o lugar onde son colocadas xogan tamén co absurdo, pomelos en piñeiros, un río de pomelos, pomelos en erupción saíndo dunha rocha, piñas con bifurcacións simulando un río ou piramides de piñas amontoadas

Para ver tódalas imaxes deste proxecto, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157630540777526/

A metanarrativa visual de Diego Mallo

Recentemente ven de publicarse na prestixiosa revista alemana Novum o traballo do deseñador e ilustrador Diego Mallo Ferrer (Vigo, 1974). O seu traballo, desenvolvido fundamentalmente dende a imaxe fotográfica e a ilustración nútrese de referentes vencellados ao surrealismo (Josep Renau, John Heartfield) ainda que articulando unha narrativa visual máis contemporánea e próxima a autores como Daniel Gil ou Isidro Ferrer cos cales comparte, por certo, a creación de portadas para libros.

Formado en Belas Artes na Universidade de Barcelona (e actualmente vivindo entre esta cidade e Londres), os seus traballos reflicten unha importante pegada procesual, froito da constante labor de experimentación presente ao longo de todo o seu percorrido vital e profesional no que tivo a ocasión de profundizar en disciplinas tan diversas coma o debuxo, a escultura, a serigrafía ou a animación, aspectos estes esenciais no resultado das súas propostas máis actuais.

As súas pezas gozan da capacidade de atrapar ao espectador no tanto que, dende unha -aparentemente- sinxela e nítida formalización, agochan unha histora sorprendente, aberta, reflexiva, sutil e -en moitos casos- trascendente, producto sempre da condición humana.

Maqueta do proxecto Cuarto de seu: realizada polo conxunto do alumnado do 1º ano do ciclo de PDO.

Cuarto de seu, proxecto que se desenvolveu no 1º trimestre do primeiro ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en AulaD , é, como xa vimos en entradas anteriores, un traballo no que se propoñía definir a organización espacial e os aspectos estético ambientáis, dun espazo dado.

Neste caso, preséntase a Maqueta desenvolta conxuntamente polo alumnado do 1º ano, e na que se reproduce á escala 1/20 o proxecto «Cuarto de seu» seleccionado polo alumnado entre o total dos traballos presentados, para a súa realización empregáronse  materiais como cartón pluma, madeira ou teas.

Sesión discontinua : proxecto persoal de fotografía por Nacho Vega Nieva

http://www.flickr.com/photos/adblog/7285308834/in/photostream

Non hai que irse moi lonxe para encontrar edificios abandonados, que ameazan ruína,  en ruína ou que simplemente xa non están. Neste caso, Nacho Vega Nieva, levou a cabo o seu proxecto de fotografía sobre as diferentes salas de cine que frecuentaba na súa Pontevedra natal e que hoxe en día desapareceron case na súa totalidade, lugares con encanto que son maltratados polo tempo.
Expoñemos a continuación a filosofía que compón as 20 imaxes que foron presentadas, onde o autor  fálanos en primeira persoa sobre o porqué de teres realizado a obra sobre esta temática. Seguir leyendo «Sesión discontinua : proxecto persoal de fotografía por Nacho Vega Nieva»

Morriña : proxecto persoal de fotografía por Claudia Silva González

http://www.flickr.com/photos/adblog/7285071550/in/photostream

Morriña é o proxecto persoal de Claudia Silva González, que mostra unha serie de 16 imaxes a xeito de postal intentando reconstruír, a través destas, os diferentes recordos e vivencias na súa vila natal: Cambados.
No texto que acompaña ás postais, explícanse as diferentes influencias á hora de levar a cabo este proxecto (exposto ata o día 1 de Xuño en Aula D) e incídese nunha nostalxia que, segundo a autora, foi e será a que lle recorde a persoa que é hoxe en día.
Seguir leyendo «Morriña : proxecto persoal de fotografía por Claudia Silva González»

Inauguración da exposición conxunta de traballos do alumnado, curso 11-12.

A partires do día 13 de Xuño e ata o día 3 de setembro, contaremos coa exposición dos diferentes traballos do alumnado que se desenvolveron durante este ano nos cursos dos Ciclos Superiores de Gráfica Publicitaria e Proxectos e Dirección de Obras de Decoración que se imparten na escola.

Lugar: aulaD, escola de Artes Plásticas e Deseño. Rúa Ourense 4, Vigo
Data: 13 de Xuño
Acceso: libre

Horario, lectivo:

de luns a venres……………………………………… polas mañás de 10,30 a 13,00h.

 

Perfecta imperfección : proxecto persoal de fotografía por Sandra Almeida Rodríguez

http://www.flickr.com/photos/adblog/7284910742/in/photostream

«Perfecta imperfección é outro dos proxectos persoais de fotografía do alumnado de último curso, co que a autora, Sandra Almeida Rodríguez, pretende dar a súa particular visión sobre o corpo humano, neste caso, o feminino, facendo fincapé na beleza dos pequenos detalles nos que habitualmente non adoitamos reparar xa que pasan completamente desapercibidos.

O texto que a continuación se mostra forma parte das 16 imaxes que compoñen a obra e intenta explicar, de xeito breve, a filosofía deste traballo.

Seguir leyendo «Perfecta imperfección : proxecto persoal de fotografía por Sandra Almeida Rodríguez»

Navegación de entradas

1 2 3 24 25 26 27 28 29 30 31 32
Volver arriba