Visita á Casa Arines

O pasado mes de outubro, fixemos unha nova incursión no Casco Vello da nosa cidade, esta vez no Barrio Baixo, para visitar A Casa Arines; esta foi declarada monumento histórico artístico no ano 1946, e rehabilitada polo arquitecto Alfonso Penela no ano 1997 xunto coa Casa de Pazos Figueroa e unha terceira, na parte posterior con fachada á rúa Real, merecendo o seu proxecto o premio Hermanos Gomez Román. Posteriormente foi cedida por 99 anos ao goberno portugués para albergar o Instituto Camôens, que ten como misión a proxección da cultura portuguesa nos demais países.

O proxecto de rehabilitación foi merecedor do premio de arquitectura Hermanos Gomez Román.

A Casa Arines, coñecida tamén como Casa Ceta, é o edificio máis antigo de Vigo e está situada na Praza de Almeida, no barrio histórico da cidade. Trátase dun pazo urbano do século XV de estilo gótico tardío. É un torreón medieval construído con sillares de pedra. Na súa fachada aparecen dous escudos, un deles coas armas da familia Ceta e o outro non identificado con dous leóns.

Remate do Curso de Ilustración Dixital

Durante os días 18, 19, 25 e 26 de outubro  impartiuse o Curso de Ilustración Dixital nas instalacións de Aula D. Escola de Deseño.

Alberto García Ariza, ilustrador e profesor de Aula D, amosou as diferentes técnicas de coloreado dixital, tanto sobre debuxos con contornos ben definidos como para bosquexos rápidos e compartiu os pequenos trucos que utiliza no seu traballo. Os asistentes ao curso poideron experimentar o aprendido coas súas propias ilustracións.

 

Visita á exposición LABUELA PETRA residencia artística.

O pasado mes de setembro un grupo de profesores e alumnos de Aula D démonos cita na Alameda de Bouzas, na cidade de Vigo, para visitar a exposición LABUELA PETRA, residencia artística.

A exposición realizouse  intervindo o interior dunha casa familiar de dous andares: un total de catro cuartos onde cada un dos autores presentou o seu traballo ás máis de sesenta persoas que alí nos reunimos para sermos espectadores privilexiados desta inusual e suxerente proposta. Seguir leyendo «Visita á exposición LABUELA PETRA residencia artística.»

Exposición dos Premios de Fotografía Xurxo Lobato 2013

Recentemente inaugurouse no espazo polivalente da escola a mostra que recolle os traballos presentados á novena edición dos Premios de Fotografía Xurxo Lobato promovidos pola asociación de antigos alumnos do IES Monelos da Coruña.

Entre os premiados nesta edición están os alumnos de Aula D, Sandra González Villanueva, gañadora do primeiro premio, así como Daniel Chapela Cordeiro, Mari Carmen Martínez Portela, Uxía Benlloch Giao e Andrés Aguiar González que conseguiron un accésit, e Sandra Tomé Argibay, Mª José Miguez Iglesias, Claudia Silva Gómez e Fátima Comedeiro Darrosa como finalistas.

A mostra permanecerá aberta ata o 31 de outubro e pódese visitar de luns a venres pola mañá de 10:00 a 14:00, ou de martes a xoves pola tarde de 16:30 a 20:30

The Nude Desing entrega aos seus colaboradores unha lámpada co seu propio deseño.

O xoves 19 de setembro  The Nude Design fixo entrega das catro lámpadas cos deseños de seu aos novos colaboradores Iván R,  Nerea Otazo, Sandra Almeida e Sheila Martínez (estas dúas últimas, ex alumnas de Aula D).
As súas propostas foron seleccionadas trala participación no concurso «Se Buscan Colaboradores», organizado durante os meses de marzo-abril deste ano polo equipo de The Nude Design e en colaboración con Aula D.
Se queres ver máis de cerca a Aztec, Bon apettit, Stitch, ou Seed, so tes que visitar a súa web.

Cursos monográficos outubro + novembro 2013

Xa está listo o calendario de cursos monográficos para os meses de outubro e novembro de 2013 que terán lugar nas instalacións de Aula D. Escola de Deseño, na rúa Ourense 4, baixo – VIGO (xunto á Casa da Xuventude). O horario dos cursos será os venres de 19.00h a 21.00h e sábados de 10.00h a 14.00h .

 

Cursos outubro e novembro 2013

Se tes interese ou algunha suxerencia sobre estes ou outros cursos podes contactar con cursos@aulad.com
Para máis información (contidos, metodoloxía, …) podes premer nos seguintes enlaces:

Curso de Ilustración dixital

Curso de Modelado dixital en 3D

Curso de Ilustración Dixital

Partindo dun coñecemento básico da teoría da cor e o manexo de Photoshop, o obxectivo do curso é amosar ao alumno diversas opcións de coloreado dixital a partires de exemplos de cómic e ilustración, asemade os procesos técnicos destinados a unha correcta dixitalización de orixinais. Tamén daremos nocións para o uso de Photoshop con outros programas, ou mixtas en combinación con técnicas tradicionais de coloreado. O software Photoshop non so é o estándar en retoque fotográfico, senon unha ferramenta cada vez máis usada por ilustradores tanto para retocar ilustracións dende técnicas tradicionais como para crear imaxes directamente.

Curso de Ilustración Dixital
Obxectivos
Dotar ao alumnado acerca das opcións básicas para uso de Photoshop no coloreado dixital.
Informar acerca das alternativas a Photoshop para coloreado dixital e ferramentas complementarias.
Capacitar ao alumnado para que con ditas nocións poida profundizar na investigación e o desenvolvemento das súas capacidades.

Contidos
Axustes en Photoshop para coloreado dixital.
Información sobre hardware adicional ao equipo. Tabletas gráficas.
Tipos de coloreado só con Photoshop.
Uso de técnicas tradicionais en combinación con Photoshop.
Uso de outros programas en combinación con Photoshop (só exemplos).
Ferramentas adicionais.

Metodoloxía
Exposición de contidos teóricos apoiados con exercicios que o alumnado realizará na aula.

Perfil do alumnado
O curso está dirixido a persoas con coñecementos previos de Photoshop. Deberán levar portátil con Adobe Photoshop instalado (recomendable con tableta gráfica).

Profesor
Alberto García Ariza, Licenciado en Belas Artes, Ilustrador e profesor de Aula D. Escola de Deseño.

Horario
Venres 18 de outubro, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 19 de outubro de 10.00 h á 14.00 h
Venres 25 de outubro, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 26 de outubro de 10.00 h á 14.00 h

Prezo
Xeral : 80€
Alumnos de Aula D : 40€
Exalumnos de Aula D : 60€
A abonar antes do martes 15 de outubro, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº 2080 5085 73 3040026857). Se por algún motivo non se poidera desenvolver o curso, se devolverán os cartos.
Contacta en cursos@aulad.com

Curso de Modelado Dixital en 3D

Curso práctico de modelado dixital en 3D co programa GOOGLE SKETCHUP. Durante o curso mostrarase cómo modelar espazos e obxectos en 3D utilizando tódolos recursos necesarios para facelo de xeito rápido, áxil e eficiente. Este curso está pensado para que os asistentes queden capacitados para realizar bosquexos en 3D que lles axuden a idear e amosar os espazos e obxectos deseñados.

 

Contidos

Presentación.

Personalización do entorno de traballo.

Ferramentas de debuxo.

Compoñentes e capas.

Estilos e sombras.

Modelado de terreos.

 

Perfil do alumnado

O curso está dirixido a arquitectos, deseñadores e delineantes sen experiencia co programa. O alumnado deberá traer o seu portátil co programa instalado.

Profesor
Jesús Carrazoni Fuertes. Desenvolve o seu labor profesional como arquitecto e imparte clases de Proxectos no ciclo superior de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración en Aula D.Escola de Deseño.

Horario
Venres 15 de novembro, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 16 de novembro de 10.00 h á 14.00 h
Venres 22 de novembro, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 23 de novembro de 10.00 h á 14.00 h

Prezo
Xeral : 80€
Alumnos de Aula D : 40€
Exalumnos de Aula D : 60€
A abonar antes do martes 12 de novembro, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº 2080 5085 73 3040026857). Se por algún motivo non se poidera desenvolver o curso, se devolverán os cartos.
Contacta en cursos@aulad.com

CIDE – Curso de introducción ao deseño


Durante os meses de outubro, novembro e decembro Aula D impartirá o CIDE, un curso a través do que achegaranse ao alumnado coñecementos teórico-prácticos propios do Deseño, tanto dende o ámbito do deseño gráfico, como do deseño de interiores ou do deseño de produto.

Orientado fundamentalmente a persoas interesadas no deseño ou que teñan pensado iniciar estudos afíns (deseño gráfico, deseño de interiores, belas artes, arquitectura, delineación, etc), este curso non precisa de coñecementos previos por parte do alumnado xa que a súa metodoloxía permite desenvolver os contidos dun xeito progresivo ata acadar un nivel óptimo na aprendizaxe.

O curso ten unha duración total de 60 horas distribuidas en 6 horas semanáis durante 10 semanas, dende  outubro a decembro. As clases impartiranse os luns e os xoves en horario de tarde.

Descargar o folleto informativo en formato .pdf (1,40MB)

Xa que o número de prazas é limitado as solicitudes de reserva de praza atenderanse estrictamente por orde de chegada. Haberá un prazo para efectuar a formalización da matrícula pasado o que o dereito de matrícula pasaría á seguinte persoa da listaxe.
Para calquera dúbida ou comentario, ou mesmo para reservar praza, é posible contactar no enderezo de correo electrónico cursos@aulad.com ou no teléfono 986 214 076.

Aula D, escola de deseño | rúa Ourense 4, Vigo 

COLECTIVA 12 -13

 Queremos amosar nesta entrada, unha mostra da expoisición colectiva na que se ven representadas ámbalas dúas especialidades que se imparten no noso centro, no  eido do deseño gráfico e do deseño de interiores e nos seus distintos niveis da aprendizaxe.

 Tipografía, Fotografía e Expresión Gráfica entre outros, son módulos que inciden directamente nos proxectos gráficos. Volume máis Debuxo e Cor, son ferramentas de aproximación aos problemas espaciais e obxectuais  nos de deseño de interiores, que como no caso anterior compleméntanse con outros de carácter conceptual, técnico e de aplicación.

Podédela visitar no espazo polivalente, de aula d, de luns a venres dende as 10.00 ata as 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas.

Navegación de entradas

1 2 3 16 17 18 19 20 21 22 30 31 32
Volver arriba