Para acceder directamente aos Ciclos Formativos das familias de Deseño de Interiores e Deseño Gráfico que impartimos nesta escola é preciso estar en posesión do título de bacharelato artístico. O resto de aspirantes poderá acceder sempre que supere unha ou dúas probas realizadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria entre os meses de xuño e xullo na Escola de Artes e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.

Do 9 ao 20 de xuño impartiremos o curso preparatorio da proba específica para acceder aos Ciclos Formativos de Grao Superior de Gráfica Publicitaria e de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.
O curso estará dividido en materias teóricas e prácticas especialmente seleccionadas para que o alumno poda superar as diferentes partes da proba : HISTORIA DA ARTE – EXPRESIÓN GRÁFICA – PROXECTOS (nos últimos dez anos temos un porcentaxe de aprobados na proba específica que supera o 98%).
Profesorado
Diego Fernández Pérez, Licenciado en Belas Artes. Xerardo Pérez Medrano, Arquitecto.
Pedro Román Company, Deseñador de interiores. Manuel Barreiro Chao, Deseñador de Interiores.
Todos eles desenvolven o seu labor profesional como deseñadores e profesores en Aula D. Escola de Deseño.
Horario
Do 9 de xuño ao 20 de xuño, de luns a venres, en horario de 10.00h á 14.00h
Prezo
200 euros dos cales 100 euros se descontarán do importe da inscrición aos Ciclos Formativos.
A abonar en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 73 3040026857). Contacta en cursos@aulad.com

[…] Preparación para as Probas de Acceso a Ciclos Formativos […]