Curso de Introducción á Tipografía

A Tipografía é unha das disciplinas do deseño gráfico que ten unha maior importancia, tanto pola necesidade de comunicar axeitadamente unha mensaxe mediante texto como por seres capaz de potenciar e reforzar a expresividade e o carácter dun proxecto. Deste xeito, o coñecemento e manexo da tipografía é fundamental no labor profesional do deseñador posto que a palabra escrita está presente prácticamente en todos os traballos relacionados co eido publicitario, editorial e, por suposto, do deseño gráfico.
O obxectivo xeral do curso é dotar ao alumnado de coñecementos básicos acerca da tipografía, tanto no referido á súa evolución histórica como aos aspectos formais e técnicos derivados do seu uso no ámbito profesional ou persoal.


Metodoloxía
A dinámica do curso basearase fundamentalmente no desenvolvemento teórico dos temas, con algún exercicio práctico de carácter puntual.
Non se precisa que o alumnado traia ningún material ao curso.

Perfil do alumnado
O curso está dirixido a persoas que estean interesadas no deseño gráfico e a tipografía que desexen adquirir coñecementos básicos sobre a materia.

Profesor
Diego Fernández Pérez. Desenvolve o seu labor profesional como deseñador e imparte clases de Tipografía e Proxectos no ciclo superior de Gráfica Publicitaria en Aula D, Escola de Deseño.

Horario
Venres 23 de maio, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 24 de maio de 10.00 h á 14.00 h
Venres 30 de maio, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 31 de maio de 10.00 h á 14.00 h

Prezo
Xeral : 80 euros
Parados, menores de 18 anos e alumnos de Aula D : 40 euros
Exalumnos de Aula D : 60 euros
A abonar antes do martes 20 de maio, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 73 3040026857). Contacta en cursos@aulad.com

1 comentario sobre “Curso de Introducción á Tipografía

  1. Responder

    […] Curso de Introducción á Tipografía […]

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba