Cabana para estudante por Sara Parada


 

O límite non é o lugar onde remata o espazo, senón, como recoñeceron os gregos, o lugar a partir do cal empeza a cobrar a súa propia existencia.

 Martin Heidegger

 

Cabana para estudante, é proxecto que se desenvolveu no 1º trimestre do primeiro ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en AulaD , un traballo no que se parte dun colector estándar situado no monte da Guía de Vigo e de dimensións 2,44 x 6,10 x 2,59 m (la x lo x h). O proceso de deseño tiña que abordar as cuestións conceptuais, programáticas, organizativas e funcionais implícitas neste proxecto, sempre dende unha perspectiva global e non como unha mera suma de obxectos dentro do espazo.

::: PROPOSTA :::

Este proxecto comeza cun colector valeiro no Monte da Guía en Teis e remata sendo a vivenda temporal dun estudante. A evolución do interior está condicionada polo exterior. Tivéronse en conta a situación dos colectores, o contorno no que se encontra, os factores climáticos, as necesidades de uso…

A limitación do espazo resólvese cunha distribución en forma de U, coa que se consegue o maior aproveitamento da zona central.

Na estética do colector perséguese compensar o pouco espazo dispoñible con cores claros que aporten maior sensación de amplitude. O pavimento, de micro-cemento pulido, da a este espazo continuidade e harmonía.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba