A rede experimentou ao longo dos últimos cinco anos un cambio cuantitativo e cualitativo que nos permite, a día de hoxe mergullarnos nun mar de información cada vez máis profusa a través de diferentes medios; este cambio afecta inevitablemente á nosa forma de pensar, de actuar e de relacionarnos.
Conscientes de elo, dende a escola queremos expandir os límites da aula para xerar outros espazos comúns dende os que poder desenvolver dun xeito máis eficaz e diverso a nosa labor profesional.
Con estes criterios nace a idea de abrir este canal, a través do cal -e de forma complementaria aos contidos propios dos ciclos- tentaremos facernos eco de diferentes noticias, eventos, artigos, entrevistas, etc que poidan aportar coñecemento e novos puntos de vista sobre aqueles temas nos que traballamos directa o tanxencialmente no noso día a día. Queremos tamén que dende aquí sexa posible mostrar algúns dos bos traballos que os nosos alumnos e alumnas realizan ao longo da súa carreira académica, xa que habitualmente ditos proxectos non transcenden do ámbito da escola, e a súa posta en valor nos parece positiva á vez que necesaria.
De xeito paralelo, todos aqueles contidos publicados neste blog terán o seu reflexo nas contas de Facebook e Twitter da escola para facilitar o seu seguimento e difusión.
Por todo elo animámosvos a que, a partires de este intre, vos asomedes puntualmente por aquí para ler un pouco sobre aquelas cuestións que, pola nosa profesión, resultan sempre apaixonantes.

Enhorabuena!
Os agrego ya mismo a mis feed.
Saludos!
http://www.itrynottothink.com