Estás vendo entradas que conteen a etiqueta "escultura"


Desde o xoves 11 de outubro e ata o mes de marzo do próximo ano 2013, celébrase en “cite de l’architecture & heritage” unha exposición que conta con cinco diseñadores que non só comparten un mesmo gusto pola luz senón que tamén empregan o papel como material que dá sentido á arquitectura. Temáticas coma o origami , cidades imaxinarias ou completamente xeométricas e icónicas están presentes en toda a mostra, que conta coa presenza de: Ingrid Siliakus, Beatrice Coron, Stephanie Beck, Mathilde Nivet e Peter Callesen.

vía | designboom

Etiquetado en:
 


Vídeo do Diálogo por Kumi Yamashita no ano 1999

Kumi Yamashita é unha artista xaponesa formada nos EUA cuxa fonte de inspiración e traballo se basea no tratamento e a manipulación da luz para xerar sombras realistas con obxectos, na súa maioría, en tres dimensións. A partir de conceptos aparentemente simples, a artista pon en dúbida o impredicible do que vemos ou esperamos ver e, por dicilo dalgún xeito, o que realmente é.


Para iso emprega elementos cotiáns que, combinados coa luz, e conectados entre sí son capaces de crear unha infinita variedade de perfís.
Actualmente vive en Nova York e conta con numerosas exposicións por todo o mundo. Para saber máis sobre a súa biografía, obra e traxectoria artística véxase:

http://kumiyamashita.com/

Etiquetado en:
 

Fai uns 10 anos a artista Ingrid Siliakus descubriu a Arquitectura Origámica da man do profesor Masahiro Chatani, do cal estudou a súa obra, quedando dende entón fascinada por esta disciplina; por mor disto, adicouse a investigar e crear pequenas obras arquitectónicas de gran detalle e de apariencia fráxil pero estructuralmente complexas.

As súas especialidades son os edificios dos maestros da arquitectura e as esculturas abstractas complexas, sendo os seus traballos próximos aos doutros artistas como Marivi Garrido, Takaaki Kiharo,  Keiko Nakazawa, ou o propio Masahiro Chatani.

Ademáis de múltiples exposicións, editou tamén un libro, que recolle parte do seu traballo, titulado From building to card.

Para saber máis sobre a súa obra e a Arquitectura Origámica véxase:
http://ingrid-siliakus.exto.org/
http://www.flickr.com/photos/paperarchitect/
http://members.ams.chello.nl/rebran/gebned.htm
http://members.ams.chello.nl/rebran/eschereng.htm


 

 

 

 

 

Etiquetado en:
 
Set your Twitter account name in your settings to use the TwitterBar Section.