
Á volta de nadal, e para comezar con forza o novo ano, terán lugar as presentacións e defensas dos Proxectos Finais dos Ciclos Formativos de Grao Superior na súa convocatoria de Decembro de 2018. Cada alumno ten vinte minutos para explicar o seu proxecto diante do Tribunal, que logo pedirá as aclaracións necesarias e valorará a coherencia formal e conceptual do traballo exposto. É un acto público e aberto a quen quera achegarse á escola.
O Proxecto Final de Proxectos e Dirección de Obras e Decoración comeza ás 16.30h do martes 8 de xaneiro. Trátase dun ECOWORKING, espazo adicado a emprendedores vinculados á ecoloxía nun local da rúa Venezuela en Vigo.
O Proxecto Final de Gráfica Publicitaria comeza ás 16.30h do mércores 9 de xaneiro. Trátase dunha reelaboración da imaxe de marca da moi coñecida empresa automovilística MINI.
