Sémola é unha panadería co enderezo nas rúas Camelias e Marques de Valladades de Vigo e o seu autor Jairo Bello Alcaide, deseñador de interiores de amplo percorrido profesional é autor tamén de outros proxectos como :
Clínica Cygom no edificio Aurora na rúa República Argentina, Vigo.
Clínica de Fisioterapia Maio na rúa Areal xunto á nova estación de tren, Vigo.
OneHand compravenda de reloxos e xoias, Vigo.
Centro de Pilates Mussa na rúa Cuba, Vigo.
Restaurante Tábula en Marqués de Valladares, Vigo.
E por suposto Sémola nas rúas Marques de Valladares e Camelias, Vigo.
Actualmente está a traballar en varios proyectos:
Unha xeladería chocolatería, un restaurante “sano”, unha vivenda unifamiliar en Cangas e nun Restaurante en Pontevedra dentro dun museo.
O pasado xoves 9 de outubro impartiu na propia panadería Semola da rúa Camelias unha clase práctica para o alumnado de Aula D, escola na que noutro tempo el mesmo se formara como interiorista. Sobre o terreno explicounos dun xeito pormenorizado a infraestrutura do obradoiro, a súa maquinaria, e o proceso de produción, os criterios de deseño á hora de expor o produto, as intencións á hora de concebir o espazo público, o sistema de iluminación, as características da fachada, a elección das cores e dos materiais de acabado etc.
Foron dúas horas nas que Jairo nos fixo viaxar a través dun proceso de produción, á vez artesanal e contemporaneo e as características do espazo no que amosar e servir o produto resultante.

