Visita ao showroom de ESTUDIO NICOLAO

O venres 3 de outubro, @s alumn@s de segundo curso do ciclo de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración visitaron o showroom de ESTUDIO NICOLAO situado na rúa Velázquez Moreno, 40 en Vigo.

Xosé Nicolao titulouse en Aula D en 2002 no ciclo de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración, e logo de traballar durante uns anos na empresa MOBALCO (fabricante de mobiliario de cociñas de gama media-alta) decidiu montar en 2007 o seu propio distribuidor da marca en Nigrán. En 2013 trasládase a Vigo á ubicación actual.

Con moita profesionalidade e ilusión ensinounos as últimas novidades da marca en mobiliario e equipamento de cociñas, asemade algúns proxectos realizados. Dende aquí auguramos e desexamos un bo futuro para o estudo.

Grazas Nico.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba