Curso práctico de modelado dixital en 3D co programa GOOGLE SKETCHUP. Durante o curso mostrarase cómo modelar espazos e obxectos en 3D utilizando tódolos recursos necesarios para facelo de xeito rápido, áxil e eficiente. Este curso está pensado para que os asistentes queden capacitados para realizar bosquexos en 3D que lles axuden a idear e amosar os espazos e obxectos deseñados.

Contidos
Presentación.
Personalización do entorno de traballo.
Ferramentas de debuxo.
Compoñentes e capas.
Estilos e sombras.
Modelado de terreos.
Perfil do alumnado
O curso está dirixido a arquitectos, deseñadores e delineantes sen experiencia co programa. O alumnado deberá traer o seu portátil co programa instalado.
Profesor
Jesús Carrazoni Fuertes. Desenvolve o seu labor profesional como arquitecto e imparte clases de Proxectos no ciclo superior de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración en Aula D.Escola de Deseño.
Horario
Venres 14 de marzo, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 15 de marzo de 10.00 h á 14.00 h
Venres 21 de marzo, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 22 de marzo de 10.00 h á 14.00 h
Prezo
Xeral : 80 euros
Parados, menores de 18 anos e alumnos de Aula D : 40 euros
Exalumnos de Aula D : 60 euros
A abonar antes do martes 11 de marzo, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 73 3040026857). Contacta en cursos@aulad.com

[…] Curso de Modelado dixital en 3D […]