Nesta clase do día 18 seguimos a facer con Manuel Barreiro Chao profesor de Aula d aparellos para estrebillar e facer música, desta volta fixemos un asubío, instrumento de vento, cunha bugalla ou carrabouxo ao que houbo que facerlle primeiro un burato, despois baleiralo, e para rematar pintámolo de cor. De seguido fixemos un instrumento de percusión, o carrizo, para o que empregamos un tubo de cana cortado á metade e fío ao que suxeitamos unha petela feita tamén da mesma cana que ao bater coa anterior fai un son como un estalo, arremedando ao paxaro chamado carrizo.

