O estudio zo-loft, tomou como punto de partida os tradicionais bolis Bic para facer unha proposta conceptual na que a tapa, algo que de cotío ten pouca utilidade, (e que case sempre rematamos levándonos á boca), pasa a converterse no elemento principal deste deseño. A idea é que os bolígrafos poidan servir, ademais de para escribir, para ser usados como cubertos. As vantaxes poden ser moitas, xa que cun pequeno custo de producción estes bolis-cuberto poderían ser de especial utilidade, por exemplo, en países en desenvolvemento ou en comunidades con poucos recursos. Están feitos de materiais non tóxicos, axeitados para o sector alimentario.
vía | designboom

