Exposición do obradoiro Espacio Cerámico

Espacio Cerámico

Fai un década un grupo de persoas que estudiaran na Escola de Artes e Oficios fundaron un obradoiro, Espacio Cerámico, coa intención de traballar e vivir ó redor da cerámica.Na actualidade esa idea non mudou.

De rapaces decíannos vaia pezas estades feitos e así empezamos a fabricar,.. en definitiva a crear pezas… algunhas delas podedes velas na Escola de Deseño Aula D.

Dende o pasado día 11 de Abril ata o vindiero 11 de Maio,  unha nova mostra que forma parte do ciclo de exposicións deste ano 2012 na escola. Nela exhíbense as obras de 9 artistas (Puri Alonso, María Meda, Javier Aguilera, Raquel Cendón, Edu Alonso, Maribel Carrera, Xoubinha, Eva Izquierdo e Oita) pertencentes ao obradoiro vigués Espacio Cerámico. Nela poderemos ver traballos  de diversos estilos e xeracións cun nexo común, a cerámica.

Horario:

polas mañás, de luns a venres e  de 9,00 a 15,00h.

polas tardes, de martes a xoves e  de 16,30 a 21,00h.

Paralelamente, realizouse unha charla-coloquio baixo o título título Cerámica e función, onde Miguel Vázquez, membro da Academia Internacional de Cerámica de Xenebra (Suíza) e profesor do Obradoiro de Cerámica da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, explicou a evolución e funcionalidade do deseño cerámico dende Arts&Crafts ata os nosos días, facendo un breve repaso da «obra e función» de diferentes autores nacionais e internacionais do talle de Sori Yanagi, Eva Zeisel, Nathalie Choux, Tomas Kral, Ariel Rojo ou as galegas Marta Armada e María Meda , que se adican ao deseño de moda e complementos, e comezaron a súa andaina no mundo cerámico da man de Miguel Vázquez.

Para ver tódalas imaxes, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629437009962/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba