Introdución
A Dobraxe Audiovisual é unha actividade moi asentada no noso país dende hai case catro décadas. Pola súa natureza resulta unha profesión moi vocacional e para exercela é preciso desenvolver as nosas capacidades artísticas. Partindo desta premisa indispensable, a destreza requirida obterase mediante a aprendizaxe constante e unha gran dedicación. Neste primeiro achegamento que supón o curso de Iniciación, abordaranse os mesmos procedementos e técnicas que habitualmente utilizan os actores e actrices de dobraxe profesional. Non se precisa experiencia previa, tan só a vontade de descubrir e optimizar os nosos propios recursos vogais e interpretativos.
Obxectivos
- Adquirir os coñecementos necesarios para desenvolverse nun medio profesional.
- Coñecer e traballar os diferentes xeitos de interpretación.
- Aprender a colocar e utilizar a voz para adaptala aos diferentes tipos de personaxes e situacións.
- Experimentar cos diferentes xéneros audiovisuais.
- Prestar a voz a actores e actrices de diferentes nacionalidades e rexistros.
- Analizar criticamente os traballos ante profesores/as e compañeiros/as
Contidos
– Introdución á actividade
– Interpretación, oralidade, actitude e voz
– Sincronía e técnicas de execución
– Guión e marcaxe
– Aspectos técnicos: microfonía, mestura e soundtracks
– Mimetización e imitación
– Adecuación aos personaxes
MÓDULO 1. A INTERPRETACIÓN
– Desinhibición
– Acción/Reacción
– Improvisación
– Creación do personaxe
– Adaptación do guión e axuste, signos utilizados
MÓDULO 2. FONIATRÍA E ORALIDADE
– Ortofonía e dicción, timbre, ton
– Manexo da respiración para a dobraxe
– A voz e o micrófono
– Colocación da voz
– Recitación, entoación
– Vocalización, articulación e proxección da voz
MÓDULO 3. ELEMENTOS TÉCNICOS E HUMANOS
Atril, micrófono, auriculares, tradutor, lingüista, director/a, actor/actriz, técnico/a de son, produción.
Convocatoria, reparto, take, código, guión, tradución, axuste, sincronía, ritmo, marcas, inflexións e pausas, xesto, choro, riso, berro, ad lib, voz en off e Impostación.
MÓDULO 4. CATEGORÍAS DE REPARTO E XÉNEROS
Protagonista, secundario, reparto, ambientes.
Drama, comedia, acción, series de TV, películas TV, películas cinematográficas, debuxos animados, documentais, voice over.
Metodoloxía
O curso ten un carácter eminentemente práctico. A estruturación desta acción formativa baséase no principio de favorecer os distintos ritmos de aprendizaxe do alumnado, tendo en conta que non só é importante a asimilación dos contidos conceptuais, senón que tanto as habilidades como actitudes serán fundamentais para aplicar os coñecementos nun entorno profesional.
Perfil do alumnado e requisitos de acceso
Diríxese a todas aquelas persoas interesadas en mellorar a súa ortofonía e dicción, así coma a súa capacidade oral e interpretativa. Non se precisa experiencia previa.
Profesorado
– Maika Aguado. Actriz de dobraxe.
– Santiago Salorio. Actor e director de dobraxe.
– José Antonio Rubal. Actor e director de dobraxe.
– Marian Priego. Actriz e directora de dobraxe.
– Alfonso Agra. Actor e director de dobraxe.
– Beatriz García. Actriz de dobraxe.
– Maika Aguado. Actriz de dobraxe.
– José Antonio Rubal. Actor e director de dobraxe.
– Marian Priego. Actriz e directora de dobraxe.
– Uxío Couto. Actor de dobraxe.
SOPORTE TÉCNICO
Estereoarte estudios
DATAS E HORARIO
O curso desenvolverase durante os días 19 e 20 de outubro (sábado e domingo).
Horario: de 10:00h a 14:00h, e de 16:00 a 20:00h
TAXAS ACADÉMICAS E MATRICULACIÓN
Taxas: 150 euros
A matrícula queda formalizada co abono de 50 euros, en concepto de reserva de praza, mediante transferencia bancaria (conta nº ES92 2100 1455 1201 0044 1348) indicando nome do alumno/a e curso. O importe restante pagarase na propia escola o primeiro día de clase. (r/ Elduayen 36, -1 Vigo)
Máis información en: moc.n1730707013oicam1730707013rofzo1730707013vetra1730707013@ofni1730707013
Se desexas estar informado/a das novidades e actualizacións neste ou noutros cursos achéganos aquí o teu nome e un enderezo de correo electrónico. Só enviaremosche información sobre os cursos cando estean dispoñibles e sempre que o desexes podes cancelar a túa suscrición.