CURSO-TALLER

40 horas

2019

XUÑO

IMPRESIÓN 3D

Introdución

A impresión 3D é un dos grandes avances tecnolóxicos dos últimos anos e está supoñendo unha auténtica revolución, non só no ámbito da produción industrial senón tamén xa na pequena empresa e mesmo no ámbito doméstico. O feito de poder deseñar e imprimir unha peza ou un obxecto completo de maneira sinxela e económica abre unha chea de posibilidades en canto a creatividade e novos modelos de negocio e facilita a creación de prototipos ou compoñentes funcionais de produtos rematados.

O alumnado aprenderá a coñecer os diferentes tipos de impresión 3D así como os diferentes materiais e as súas características; a montar e manexar unha impresora 3D de tecnoloxía FDM; a utilizar o software necesario para deseñar e perfeccionar os modelos, e por suposto a imprimir as súas propias pezas e solucionar posibles erros.

Este curso está impartido por profesionáis en activo do ámbito do deseño e produción 3D.

Contidos (40 horas lectivas)

INTRODUCIÓN Á IMPRESIÓN 3D
– Que é a impresión 3D
– Tecnoloxías de fabricación
– Estereolitografía ( SLS)
– Sinterizado Selectivo por Laser ( LSL)
– Modelado por deposición fundida ( FDM)
– Ámbitos de aplicación actual.
– Industria.
– Alimentación.
– Medicina.
– Aeronáutico.
– Moda e xoiería.
– Doméstico.
– Os materiais da impresión 3D.
– Materiais plásticos (ABS, PLA, PET, Filaflex…)
– Os metais (Aluminio, aceiro inoxidable, titanio..)
– Cerámicos.
– Orgánicos (madeira, papel, alimentarios…)
– Principais tipos de impresoras 3D .
– Persoais
– SLA, DLP.
– FDM do tipo Core XY, Cartesianas, Delta ou Polares.
– Profesionais.
– SLS, DOD, SLM, DMLS

HARDWARE DUNHA IMPRESORA  3D
– Montaxe dunha impresora 3D.
– Como funciona unha impresora FDM.
– Instrucións de seguridade.
– Partes dunha Impresora.
– Mecánica; eixos, estrutura, motores, poleas, correas
– Eléctrica; fonte de alimentación, extrusor, hotend, termistor, cama quente
– Electrónica; placa basee RAMPS, arduino MEGA, drivers de potencia, pantalla LCD
– Software; instalación do firmware MARLIN, instalación do IDE de Arduino, Manexo de Pronterface
– Control da impresora a través do panel principal
– Calibración, axuste e posta a punto.
– Impresión de peza de calibración

SOFTWARE DE IMPRESIÓN E DESEÑO
Software de Control da impresora
– Introdución aos programas de fileteado e control de impresión; Cura, Slic3 r, Repetier- Host, Simplify3D
– CURA
– Descargar e instalar o programa.
– Configuración da impresora.
– Interface de usuario.
– Configuración e explicación dos parámetros de laminado.
– Configuración de parámetros en función da xeometría da peza
– Características segundo o material
– Soportes
– Tolerancias
– Impresión de peza exemplo
– Slic3 r
– Descargar e instalar o programa.
– Configuración básica.
– Utilización de Repetier- Host con Slice3 r.
– Software profesional Simplify3D
– Presentación do programa e características máis destacadas.

Software de Deseño 3D
– Como xerar un modelo en 3D e que características teñen que cumprir
– Programas gratuítos de deseño; 3D Builder, Tinkerkad, Sketchup
– 3D Builder, incluído en Windows10.
– Presentación e explicación das funcións.
– Realización de peza exemplo.
– TinkerKad; software de deseño online de Autodesk.
– Como realizar unha conta de usuario.
– Interface de usuario.
– Realización dunha peza de exemplo utilizando todas as súas funcións (exemplo un llavero)
– SketchUp
– Descargar a versión gratuíta do programa.
– Ferramentas principais de debuxo 3D.
– Características do deseño para imprimir.
– Reparación e edición de malla.
– Blender
– Instalación
– Características principais da contorna e as ferramentas.
– Reparación de erros e corrección de xeometría.
– Netfabb.
– Descarga e instalación.
– Importar e reparar STL.
– Reparar mallas.

COMO REALIZAR UNHA IMPRESIÓN DE CALIDADE
– Principais problemas de impresión e como solucionalos.
– Pouca adherencia de capa.
– Extrusor obstruido.
– Vibracións.
– Grinding ( filamento mordido)
– Stringing (fíos entre esvaramentos)
– Warping (bordos levantados).
– Pillowing ( protuberancias superficiais).
– Overheating (exceso de temperatura).
– Shifting (desprazamento de capas laterais).
– Splitting (capas despegadas).
– Outros.
– Fase de acabado superficial.
– Limpado e lixado.
– Tratamento de suavizado.

FILAMENTOS DE IMPRESIÓN
– Introdución, características técnicas e propiedades.
– PLA
– ABS
– PETG
– PVA
– Flexible
– Nylon
– Madeira
– Polipropileno
– PC Policarbonato
– Fibra de Carbono
– Metal
– Outros filamentos.

RECURSOS E TRUCOS
– Repositorios de modelos 3D
– Descarga gratuíta; Thingiverse, Cults, Grabcad…
– Ferramentas online para cálculos xeométricos.
– Introdución ao escaneado 3D.
– Escaneado por Infravermellos
– Escaneado por luz branca (LED).
– Escaneado por fotogrametría.

Profesorado

Santiago Román
– Fundador de TALLER7MAKERSPACE (espazo de creación e desenvolvemento de novas tecnoloxías).
– Programador de máquinas CNC (para a mecanización de pezas en metal).
– Fabricación de prototipos para a industria do automóvil, aplicando impresión 3D.

Roberto Vidal
– Fundador de LAFACTORIA3D (tenda física + online para escaneado/impresión/modelado 3D).
– Servizo de consultoría para empresas que desexan implantar escaneado e impresión 3D.
– Impresión 3D baixo demanda e venda de impresoras e materiais (filamento / resinas).

Obxectivos e Metodoloxía

O obxectivo xeral do curso é proporcionar ó alumnado coñecementos teórico/prácticos sobre a Impresión 3D e o funcionamento das diferentes máquinas de tecnoloxía FDM, e abrirlles unha nova porta ó coñecemento sobre a Industria 4.0. en miras dun futuro esixente para os novos profesionais.

O desenvolvemento dos contidos está pensado para optimizar a aprendizaxe  e aplicar os coñecementos teóricos e técnicos adquiridos de xeito que, finalizado o curso, o alumnado estea preparado para realizar por completo un proxecto persoal de calidade.

Perfil do alumnado e requisitos

O curso está dirixido a emprendedores, autónomos, profesionais ou calquera persoa que desexe obter coñecementos no eido da impresión 3D. Non se requiren coñecementos previos.

O software empregado é gratuito e cada alumno/a deberá asistir co seu propio ordeador portátil.

HORARIO

O curso comeza o día 31 de maio e remata o 29 de xuño cun total de 40 horas lectivas.
As clases desenvólvense os venres de 16:30h a 20:30h e os sábados de 10:00h a 14:00h.

TÍTULO

Ao rematar o curso (requírese unha asistencia mínima dun 80% das clases) Aula D expedirá o título correspondente que certifica a especialidade e o número total de horas cursadas.

PRAZAS

O número máximo de prazas é de 20.

Xa que o número de prazas é limitado as solicitudes atenderanse por orde de chegada dende o formulario de preinscrición.

TAXAS ACADÉMICAS E MATRICULACIÓN

Xeral : 350 euros

Exalumnado de Aula D ou persoas desempregadas : 300 euros

  • É posible fraccionar o pagamento das taxas en dúas mensualidades.
  • O custo dos materiais empregados xa está incluido na matrícula.

A matrícula queda formalizada co abono do total das taxas ou da primeira mensualidade, ben na propia escola (r/ Elduayen 36, -1 – acceso por escaleiras en Baixada ó Forte –, Vigo) ou ben mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 73 3040026857) indicando nome do alumno/a e curso.

De maneira optativa, ofrécese a posibilidade de adquirir unha impresora 3D modelo ENDER-3 PRO a un prezo de 249€ (a sumar sobre o prezo da matrícula) e montala a medida que se desenvolve o temario, de xeito que ó rematar o curso quedará ensamblada,  axustada e lista para imprimir.

Se tes algunha dúbida ou precisas máis información, podes transmitírnolo dende a sección de contacto.

INFORMACIÓN SOBRE OS NOSOS CURSOS

Se desexas estar informado/a das novidades e actualizacións neste ou noutros cursos achéganos aquí o teu nome e un enderezo de correo electrónico. Só enviaremosche información sobre os cursos cando estean dispoñibles e sempre que o desexes podes cancelar a túa suscrición.