• Twitter
  • Facebook
  • Instagram
  • Flickr
  • Vimeo
Aula D, escola de deseño
  • A ESCOLA
    • HISTORIA
    • EQUIPO DOCENTE
    • INSTALACIÓNS
    • EMPRESAS COLABORADORAS
    • BOLSA DE TRABALLO
  • CICLOS FORMATIVOS
    • DESEÑO GRÁFICO
    • DESEÑO DE INTERIORES
    • ACCESO
    • RESERVA DE PRAZA
    • MATRICULACIÓN
    • BOLSAS DE ESTUDOS
    • PRÁCTICAS EN EMPRESAS
    • HORARIOS
  • CURSOS
    • CALENDARIO DE CURSOS
    • CURSO DE INTRODUCIÓN AO DESEÑO GRÁFICO
    • DESEÑO EDITORIAL
    • DESEÑO WEB
    • ILUSTRACIÓN E BANDA DESEÑADA
    • DESEÑO DE ELEMENTOS E ESPAZOS EXPOSITIVOS
    • REFORMA DE VIVENDAS
    • LOCUCIÓN AUDIOVISUAL
    • LOCUCIÓN INTERPRETATIVA
    • DOBRAXE (CINE E TV)
    • PREPARACIÓN ÁS PROBAS DE ACCESO
  • CONTACTO
  • BLOG
  • Search
  • Menu Menu

CURSO DE INTRODUCIÓN AO DESEÑO GRÁFICO

qué é?

O Curso de Introdución ao Deseño Gráfico é un curso orientado a introducir ao alumnado nos coñecementos teórico-prácticos propios do deseño.

a quen vai dirixido?

A este curso pode acceder calquera persoa que teña interese polo deseño e que desexe obter coñecementos fundamentais para o desenvolvemento dunha labor profesional. Do mesmo xeito, é especialmente interesante para persoas que teñan pensado iniciar estudos afíns (deseño gráfico, deseño de interiores, belas artes, arquitectura, delineación, etc) ou realizar os cursos de Deseño Editorial ou Deseño de Elementos e Espazos Expositivos.

teño que ter coñecementos previos?

Non é preciso dispor de coñecementos previos para realizar este curso. Nas primeiras clases abordaranse os contidos máis básicos e progresivamente iranse introducindo outros máis específicos para rematar cun nivel óptimo para todo o alumnado.

canto tempo dura?

O curso impártese dende o 4 ao 27 de outubro de 2022. Ten unha duración total de 24 horas lectivas, distribuidas en 6 horas semanais durante 4 semanas.

O horario é de 18:00 h. a 21:00 h. os martes e xoves.

cal é a metodoloxía do curso?

O proceso de aprendizaxe está baseado nunha mixtura de clases teóricas e informativas, manexo dun programa informático de ilustración (Adobe Illustrator) e clases prácticas. A posta a proba dos coñecementos aprendidos verase reflectida na realización dun proxecto sobre o que se traballará durante o curso.

que vou aprender?

Durante o curso, o alumnado, ademais de obter coñecementos teóricos e técnicos aprenderá a abordar e resolver aquelas cuestións implícitas no proceso de desenvolvemento dun proxecto profesional de deseño, incluíndo as ferramentas informáticas precisas.

hai exames?

Non. Impartiranse contidos teóricos que se verán reflectidos nos exercicios prácticos e o proxecto que se desenvolverá ao longo do curso.

a asistencia é obrigatoria?

O curso é presencial, polo que establécese unha porcentaxe mímima de asistencia do 80%.

que materias se imparten?

Durante o curso impartiranse seis materias, que permitirán abordar os diferentes contidos programados, que son as seguintes:

  • Taller de Expresión plástica
  • Teoría da forma
  • Creatividade, metodoloxía e comunicación
  • Medios informáticos (Adobe Illustrator)
  • Proxectos

quen impartirá as clases?

O profesorado estará formado por profesionáis con longa experiencia, tanto en docencia como no ámbito profesional: Susana Román (deseñadora e profesora nos Ciclos Superior de Proxectos e Dirección de Obras e Decoración e Gráfica Publicitaria); Gerardo Pérez Medrano (arquitecto e profesor nos Ciclos Superiores de Gráfica Publicitaria e Proxectos e Dirección de Obras e Decoración); Diego Fernández (deseñador e tamén profesor no Ciclo Superior de Gráfica Publicitaria).

emítese un título ao rematar?

Sí, unha vez rematado o curso o alumnado recibirá un diploma acreditativo emitido pola escola certificando a súa asistencia ao mesmo.

canto custa o curso?

Prezo xeral: 120€

hai reserva de prazas?

Xa que o número de prazas é limitado as solicitudes atenderanse por orde de chegada dende o formulario de preinscrición ou a través do enderezo info@aulad.com.

como me matriculo?

A matrícula queda formalizada co abono das taxas, ben na propia escola (r/ Elduayen 36, -1 – acceso por escaleiras en Baixada ó Forte –, Vigo) ou ben mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 7330 4002 6857) indicando nome do alumno/a e curso.

Se desexas estar informado/a das novidades e actualizacións neste ou noutros cursos achéganos aquí o teu nome e un enderezo de correo electrónico. Só enviaremosche información sobre os cursos cando estean dispoñibles e sempre que o desexes podes cancelar a túa suscrición.

  • CURSO DE INTRODUCIÓN AO DESEÑO GRÁFICO
  • CURSO DE DESEÑO WEB
  • DESEÑO EDITORIAL
  • CURSO DE REFORMA INTERIOR DE VIVENDAS
  • DESEÑO DE ELEMENTOS E ESPAZOS EXPOSITIVOS
  • ILUSTRACIÓN E BANDA DESEÑADA
  • PREPARACIÓN ÁS PROBAS DE ACCESO
  • DOBRAXE
  • LOCUCIÓN AUDIOVISUAL
  • LOCUCIÓN INTERPRETATIVA

CURSOS

  • CURSO DE INTRODUCIÓN AO DESEÑO GRÁFICO
  • CURSO DE REFORMA INTERIOR DE VIVENDAS
  • DESEÑO EDITORIAL
  • DESEÑO DE ELEMENTOS E ESPAZOS EXPOSITIVOS
  • ILUSTRACIÓN E BANDA DESEÑADA

CICLOS FORMATIVOS

  • DESEÑO GRÁFICO
  • DESEÑO DE INTERIORES

TRÁMITES

  • ACCESO
  • MATRÍCULA
  • RESERVA DE PRAZA

CONTACTO

Aula D, escola de deseño

Rúa Elduayen 36 -1
(acceso por escaleiras laterais)
36202 Vigo

T. 986 213 627
info@aulad.com

Aula D, escola de deseño
  • Twitter
  • Facebook
  • Instagram
  • Flickr
  • Vimeo
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
Scroll to top

Este sitio web emprega cookies para permitir o seu correcto funcionamento técnico e con fins analíticos.
Podes revisar aquí a política de privacidade e a política de cookies

PERSONALIZAR PREFERENCIASBLOQUEAR COOKIESACEPTAR TODAS

Cookies e axustes de privacidade



Cómo utilizamos as cookies

Esta páxina web utiliza cookies con fins técnicos e analíticos.

Nas pestanas laterais podes cambiar e personalizar as túas preferencias.

Cookies funcionais

Son necesarias para permitir o correcto funcionamento do sitio web.

En caso de querer bloquealas ou borralas deberás facelo dende os axustes de configuración do teu navegador.

Cookies analíticas

Estas cookies recompilan información que se usa en forma agregada para axudarnos a comprender como se usa o noso sitio web ou para axudarnos a personalizar e mellorar a experiencia de uso.

Se non desexas permitilas podes desactivar o rastrexo no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recompilar datos persoais como a súa dirección IP, permitímoslle bloquealos aquí. Teña en conta que isto podería reducir en gran medida a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios producirán efecto unha vez que volva cargar a páxina.

Google Webfont Settings:

Google Map Settings:

Vimeo and Youtube video embeds:

Política de privacidade e cookies

Aquí tes dispoñible a nosa Política de privacidade así como a Política de cookies

Gardar axustesBloquear cookiesPERMITIR TÓDALAS COOKIES