{"id":2432,"date":"2012-07-02T10:38:25","date_gmt":"2012-07-02T08:38:25","guid":{"rendered":"http:\/\/aulad.com\/blog\/?p=2432"},"modified":"2012-07-02T23:34:41","modified_gmt":"2012-07-02T21:34:41","slug":"sesion-discontinua-proxecto-persoal-de-fotografia-por-nacho-vega-nieva","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aulad.com\/blog\/2012\/07\/02\/sesion-discontinua-proxecto-persoal-de-fotografia-por-nacho-vega-nieva\/","title":{"rendered":"Sesi\u00f3n discontinua : proxecto persoal de fotograf\u00eda por Nacho Vega Nieva"},"content":{"rendered":"<p>http:\/\/www.flickr.com\/photos\/adblog\/7285308834\/in\/photostream<\/p>\n<p>Non hai que irse moi lonxe para encontrar edificios abandonados, que ameazan ru\u00edna,\u00a0 en ru\u00edna ou que simplemente xa non est\u00e1n. Neste caso, Nacho Vega Nieva, levou a cabo o seu proxecto de fotograf\u00eda sobre as diferentes salas de cine que frecuentaba na s\u00faa Pontevedra natal e que hoxe en d\u00eda desapareceron case na s\u00faa totalidade, lugares con encanto que son maltratados polo tempo.<br \/>\nExpo\u00f1emos a continuaci\u00f3n a filosof\u00eda que comp\u00f3n as 20 imaxes que foron presentadas, onde o autor\u00a0 f\u00e1lanos en primeira persoa sobre o porqu\u00e9 de teres realizado a obra sobre esta tem\u00e1tica.<!--more--><\/p>\n<blockquote><p>Cando comecei a formularme o proxecto persoal de fotograf\u00eda pareceume importante que fose algo que transmitise unha parte de meu, e da mi\u00f1a vida.<br \/>\nDicir que o cine \u00e9 unha parte de meu, non \u00e9 ningunha novidade, creo que \u00e9, ou era, algo que sempre estivo presente na vida de moita xente, en maior ou menor medida, pero para o meu, supo\u00f1\u00eda un acontecemento, impact\u00e1bame dun xeito que hoxe en d\u00eda \u00e9 dif\u00edcil que aconteza.Recordo aquelas tardes nas que nervioso, esperaba ir co meu irm\u00e1n ver unha pel\u00edcula, como a imaxinabas unha e outra vez na t\u00faa cabeza, e esperabas ansioso a que fose a hora.<br \/>\nEra todo un ritual: comprar a entrada, darlla ao acomodador, e elixir ben a butaca onde quer\u00edas sentarte, por que non pod\u00eda ser calquera butaca, nin moi diante nin moi atr\u00e1s.<br \/>\nOs meus primeiros recordos relacionados co cine est\u00e1n unidos inevitablemente aos cines Malvar, Gonviz e Victoria, os tres grandes teatros de Pontevedra. Do primeiro inclu\u00edn fotograf\u00edas por seres un dos que recordo con m\u00e1is cari\u00f1o.<br \/>\nEra un cine que para o meu sempre ten estado revestido de certo halo de misterio, rec\u00f3rdoo escuro, sombr\u00edo, frio&#8230; frios&#8230;recordo os olores a humidade, a flocos de millo rancios, as cores granates escuros das butacas e cortinas, a maior\u00eda estragadas polo paso do tempo&#8230; e a pantalla.<br \/>\nRecordo unha pantalla xigantesca que te envolv\u00eda.<br \/>\nClaro est\u00e1 que o recordo as\u00ed por que eu era moi pequeno. Era unha experiencia que mesturaba medo e fascinaci\u00f3n ao mesmo tempo. O medo de quedar \u00e1s escuras nunha sala tan enorme, e a excitaci\u00f3n de saberes que vas vivir unha aventura.<br \/>\nE claro que a viv\u00edas, \u00e1 sa\u00edda do cine creiaste <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Marty_McFly\">Marty Mcfly<\/a>, <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Han_Solo\">Han Solo<\/a>, ou <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Indiana_Jones\">Indiana Jones<\/a> grazas \u00e1 imaxinaci\u00f3n que s\u00f3 pode ter un rapaz duns 8 anos.<br \/>\nRecordo moitas an\u00e9cdotas sobre o cine na mi\u00f1a infancia, que non ve\u00f1en ao caso, pero unha das premisas deste traballo, era conseguir transmitir a mi\u00f1a paix\u00f3n por este, e espertar eses recordos cin\u00e9filos na persoa que o vexa.<br \/>\nCando fun medrando continuei sendo un fan\u00e1tico do cine, pero a experiencia cambiaba, xa non \u00edas cos teus pais, agora \u00edas cos amigos, e interes\u00e1bache m\u00e1is botarte unhas risas ou conseguir levarte algunha rapaza, que a pel\u00edcula que \u00edas ver.<br \/>\nCambiou a experiencia pero tam\u00e9n cambiou a situaci\u00f3n dos cines.<br \/>\nFoi algo do que ao principio e malia o que me gustaban esas salas, non era moi consciente, abr\u00edronse novas salas de centros comerciais e \u00aboe, que ben, que est\u00e1n todas novi\u00f1as e o son s\u00e1ese\u00bb, foi o primeiro que pensei cando fun a estas salas, pero remataron convert\u00e9ndose nun letal inimigo para todos aqueles cines-teatros que tanto gozara, eu mesmo vireilles as costas un tempo por que, se po\u00f1en a mesma peli nos novos que nos vellos, \u00bfiremos aos novos non?<br \/>\nTardei en decatarme de que a situaci\u00f3n estaba a cambiar e non hab\u00eda volta atr\u00e1s, eses grandes teatros non se pod\u00edan manter, nin competir coas grandes salas dos centros comercias.<br \/>\nRecordo que cando me decatei diso, empezaba xa a botar de menos aquelas sesi\u00f3ns \u00e1s que \u00eda co meu irm\u00e1n nestes cines antigos e fix\u00e9moslles o nosa particular homenaxe, asistindo sempre que podiamos a\u00ednda que o son e a pantalla eran peores, era unha experiencia aut\u00e9ntica.<br \/>\nSempre recordarei con cari\u00f1o a \u00faltima sesi\u00f3n do Gonviz, \u00e1s 23:00 espectadores en todo o cine dous: o meu irm\u00e1n e eu gozando cunha serie Z da boa do amigo <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/John_Carpenter\">John Carpenter<\/a>.<br \/>\nA primeira parte do meu traballo c\u00e9ntrase nese aspecto, no paso do tempo, no abandono e en certo sentimento de morri\u00f1a por aquelas sesi\u00f3ns. Pret\u00e9ndese transportar a quen as vexa a eses lugares abandonados, que un d\u00eda foron grandes, mediante un pequeno paseo polos mesmos nos que se intenta que quen toma a fotograf\u00eda non estea presente sen\u00f3n que a persoa<br \/>\nque as ve s\u00edntase mergullado neles. Ponse de manifesto esta perda dun xeito expl\u00edcita, mediante o estado ruinoso deses lugares, pero tam\u00e9n de xeito m\u00e1is impl\u00edcito,\u00a0 naquelas fotograf\u00edas nas que \u00e9 evidente que algo falta, algo que formaba parte dese lugar.<br \/>\nNon \u00e9 a mi\u00f1a intenci\u00f3n facer un traballo centrado nas ru\u00ednas e a decadencia das salas cine sen\u00f3n m\u00e1is ben unha pequena homenaxe a ese mundo, mostrando ademais a outra cara da moeda, un contraste positivo, mediante as \u00fanicas salas que quedan en Vigo fose do que se consideran salas de centro comercial, os multicines Norte.<br \/>\nEsta parte do traballo ten especial importancia para o meu xa que supo\u00f1en un lugar para gozar do cine lonxe das grandes salas comerciais, a\u00ednda que se ben son multicines, mante\u00f1en certo estilo tradicional, como se pode observar nas imaxes dos proxectores e apostaron por un cine de calidade.<\/p><\/blockquote>\n<div id='gallery-1' class='gallery galleryid-2432 gallery-columns-4 gallery-size-thumbnail'><figure class='gallery-item'>\n\t\t\t<div class='gallery-icon portrait'>\n\t\t\t\t<a href='https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/05\/01_15x20cm.jpg' rel=\"lightbox[2432]\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/plugins\/jquery-image-lazy-loading\/images\/grey.gif\" data-original=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/05\/01_15x20cm-150x150.jpg\" class=\"lazy attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"\" \/><noscript><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/05\/01_15x20cm-150x150.jpg\" class=\"attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"\" \/><\/noscript><\/a>\n\t\t\t<\/div><\/figure><figure class='gallery-item'>\n\t\t\t<div class='gallery-icon portrait'>\n\t\t\t\t<a href='https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/05\/04_15x20cm.jpg' rel=\"lightbox[2432]\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/plugins\/jquery-image-lazy-loading\/images\/grey.gif\" data-original=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/05\/04_15x20cm-150x150.jpg\" class=\"lazy attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"\" aria-describedby=\"gallery-1-2439\" \/><noscript><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/05\/04_15x20cm-150x150.jpg\" class=\"attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"\" aria-describedby=\"gallery-1-2439\" \/><\/noscript><\/a>\n\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<figcaption class='wp-caption-text gallery-caption' id='gallery-1-2439'>\n\t\t\t\tNacho Vega Nieva \n\t\t\t\t<\/figcaption><\/figure><figure class='gallery-item'>\n\t\t\t<div class='gallery-icon portrait'>\n\t\t\t\t<a href='https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/05\/09_15x20cm.jpg' rel=\"lightbox[2432]\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/plugins\/jquery-image-lazy-loading\/images\/grey.gif\" data-original=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/05\/09_15x20cm-150x150.jpg\" class=\"lazy attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"\" aria-describedby=\"gallery-1-2440\" \/><noscript><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/05\/09_15x20cm-150x150.jpg\" class=\"attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"\" aria-describedby=\"gallery-1-2440\" \/><\/noscript><\/a>\n\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<figcaption class='wp-caption-text gallery-caption' id='gallery-1-2440'>\n\t\t\t\tNacho Vega Nieva \n\t\t\t\t<\/figcaption><\/figure><figure class='gallery-item'>\n\t\t\t<div class='gallery-icon portrait'>\n\t\t\t\t<a href='https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/05\/11_15x20cm.jpg' rel=\"lightbox[2432]\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/plugins\/jquery-image-lazy-loading\/images\/grey.gif\" data-original=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/05\/11_15x20cm-150x150.jpg\" class=\"lazy attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"\" aria-describedby=\"gallery-1-2441\" \/><noscript><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/05\/11_15x20cm-150x150.jpg\" class=\"attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"\" aria-describedby=\"gallery-1-2441\" \/><\/noscript><\/a>\n\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t<figcaption class='wp-caption-text gallery-caption' id='gallery-1-2441'>\n\t\t\t\tNacho Vega Nieva \n\t\t\t\t<\/figcaption><\/figure>\n\t\t<\/div>\n\n<p>Para ver t\u00f3dalas imaxes deste proxecto, v\u00e9xase:<br \/>\n<a href=\"http:\/\/www.flickr.com\/photos\/adblog\/sets\/72157629930916128\/\">http:\/\/www.flickr.com\/photos\/adblog\/sets\/72157629930916128\/<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>http:\/\/www.flickr.com\/photos\/adblog\/7285308834\/in\/photostream Non hai que irse moi lonxe para encontrar edificios abandonados, que ameazan ru\u00edna,\u00a0 en ru\u00edna ou que simplemente xa non est\u00e1n. Neste caso, Nacho Vega Nieva, levou a cabo o seu proxecto de fotograf\u00eda sobre as diferentes salas de cine que frecuentaba na s\u00faa Pontevedra natal e que hoxe en d\u00eda desapareceron case na [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,14,1],"tags":[73,38,34],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2432"}],"collection":[{"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2432"}],"version-history":[{"count":28,"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2432\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2946,"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2432\/revisions\/2946"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2432"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2432"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2432"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}