{"id":1428,"date":"2012-03-12T09:35:58","date_gmt":"2012-03-12T08:35:58","guid":{"rendered":"http:\/\/aulad.com\/blog\/?p=1428"},"modified":"2012-03-12T11:08:44","modified_gmt":"2012-03-12T10:08:44","slug":"cocinando-ao-pe-da-letra-entrevistamos-a-andrea-costas-sobre-o-seu-libro-con-yolanda-castano","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/aulad.com\/blog\/2012\/03\/12\/cocinando-ao-pe-da-letra-entrevistamos-a-andrea-costas-sobre-o-seu-libro-con-yolanda-castano\/","title":{"rendered":"\u00abCoci\u00f1ando ao p\u00e9 da letra\u00bb: entrevistamos a Andrea Costas sobre o seu libro con Yolanda Casta\u00f1o"},"content":{"rendered":"<p><em>Hai uns d\u00edas asistimos \u00e1 charla-coloquio onde <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Andrea_Costas\">Andrea Costas<\/a>, fot\u00f3grafa e profesora da <a href=\"http:\/\/www.aulad.com\/\">escola<\/a>, falounos da xestaci\u00f3n e produci\u00f3n do seu libro \u00abCoci\u00f1ando ao p\u00e9 da letra\u00bb. Xunto a ela estaba Iria Sobrino, tam\u00e9n profesora de Aula D e arquitecta no estudo <a href=\"http:\/\/www.noncommon.tv\/\">noncommon<\/a> de Vigo, que realizou o dese\u00f1o e a maquetaci\u00f3n do mesmo.<\/em><br \/>\n<a href=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/2012\/03\/12\/cocinando-ao-pe-da-letra-entrevistamos-a-andrea-costas-sobre-o-seu-libro-con-yolanda-castano\/1307603535andrea_costas_rec\/\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"lazy aligncenter size-full wp-image-1476\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/plugins\/jquery-image-lazy-loading\/images\/grey.gif\" data-original=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/02\/1307603535Andrea_Costas_rec.jpg\" alt=\"\" width=\"800\" height=\"500\" \/><noscript><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-1476\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/02\/1307603535Andrea_Costas_rec.jpg\" alt=\"\" width=\"800\" height=\"500\" \/><\/noscript><\/a><!--more--><\/p>\n<p><strong>\u00b7A idea deste proxecto parte de <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Yolanda_Casta%C3%B1o\">Yolanda Casta\u00f1o<\/a>, poetisa e dinamizadora cultural, que plantexa realizar un libro que promova a literatura en galego mostrando varios escritores\/as dende diferentes puntos de vista. M\u00e1is, \u00bfde onde xorde a idea de relacionalo todo co mundo dos fog\u00f3ns?<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>A cousa era comparar un \u00e1mbito da creaci\u00f3n que se sup\u00f3n puramente intelectual e te\u00f3rico, o literario, cun \u00e1mbito creativo m\u00e1is pr\u00e1ctico, manual e, neste caso, \u00edntimo e coti\u00e1n. Tr\u00e1tase de desmitificar a figura do escritor e da escritora como iluminados polas musas ou xente moi grave que bota discursos dende un atril para velos po\u00f1endo a s\u00faa destreza ao servizo dunha tarefa m\u00e1is pr\u00f3xima e familiar para todo o mundo como \u00e9 a de coci\u00f1ar na s\u00faa propia casa. Neste caso ped\u00edmoslles unha receita coa que tiveran algunha conexi\u00f3n especial, fora polo boa que lle queda ou polos recordos que lle trae.<\/p>\n<p><strong>\u00b7No libro aparecen 21 escritoras e escritores galegos; \u00bfcomo levastes a cabo a selecci\u00f3n deses 21 autores?<\/strong><\/p>\n<p>Pois nos inicios do proxecto pens\u00e1bamos que poder\u00edan ser bastantes m\u00e1is. Pero a medida que defin\u00edamos o traballo e lle \u00edamos dando formato, a extensi\u00f3n do libro ped\u00eda que o n\u00famero de autores estivera ao redor da vintena. Para elixilos Yolanda foi facendo unha investigaci\u00f3n sutil nos meses previos ao comezo. Cando cadraba nalg\u00fan evento cun autor que lle parec\u00eda interesante, aproveitaba para interesarse pola s\u00faa relaci\u00f3n ca gastronom\u00eda, pois era imprescindible que realmente coci\u00f1aran habitualmente.<\/p>\n<p><strong>. <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Yolanda_Casta%C3%B1o\">Yolanda Casta\u00f1o<\/a> presenta a cada autor relacionando o seu xeito de escribir cas s\u00faas dotes culinarias e, por outra banda, <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Andrea_Costas\">Andrea Costas<\/a> enc\u00e1rgase de capturar e plasmar esta asociaci\u00f3n mediante unha serie de imaxes de todo o proceso de elaboraci\u00f3n dos pratos, realizando tam\u00e9n retratos singulares dos protagonistas. \u00bfComo nace a idea de conxugar retrato e gastronom\u00eda?<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Os retratos xurdiron ca intenci\u00f3n de aportarlle valor engadido ao proxecto, facendo que cada autor se presente en relaci\u00f3n co seu prato, dunha forma divertida e nova para eles. Todos foron moi xenerosos e valentes \u00e1 hora de colaborar cas mi\u00f1as ideas, as veces un pouco \u201ctolas\u201d, para relacionar cada prato co seu coci\u00f1eiro.<\/p>\n<p><strong>. O tipo de fotograf\u00eda que nos atopamos, pres\u00e9ntase como unha imaxe amable, \u00edntima, chea de orixinalidade, de cor, de poes\u00eda&#8230; e mesmo simp\u00e1tica. \u00bfComo se consegue isto sen ter apenas co\u00f1ecemento (trato) da persoa a retratar, do escenario, do tipo de luz, etc?<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Improvisando e contando ca axuda de Yolanda como mediadora e organizadora. Tam\u00e9n os propios protagonistas po\u00f1\u00edan t\u00f3dalas facilidades polo que sempre se conseguiu un bo material de partida. Dende ah\u00ed o proceso de edici\u00f3n tam\u00e9n fai moito para acadar que o resultado resulte coherente e homox\u00e9neo.<\/p>\n<p><strong>. Polo que te\u00f1o entendido, <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Andrea_Costas\">Andrea Costas<\/a> \u00abpensa antes coa cabeza que co ollo\u00bb\u2026 Neste caso cada vez que realizabas unha sesi\u00f3n \u00bfti\u00f1as claro o tipo de retrato que quer\u00edas facer ou isto \u00eda xurdindo a medida que transcorr\u00eda \u00e9sta dunha forma m\u00e1is improvisada? \u00bfCrees que unha boa fotograf\u00eda b\u00fascase ou at\u00f3pase?<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Nalg\u00fans casos ti\u00f1a claro o que me gustar\u00eda facer e noutros, a maior\u00eda, a idea ti\u00f1a que xurdir no mesmo d\u00eda que se fac\u00edan os pratos. Neses casos hab\u00eda que estar moi atenta a calquera cousa que comentara o autor sobre a s\u00faa receita ou a s\u00faa maneira de escribir para que se me ocorrera algo. Resultaba estresante pero case sempre aparec\u00eda unha idea interesante. Tam\u00e9n \u00e9 verdade que nalgunha ocasi\u00f3n a idea viu de Yolanda (muller para todo) ou do propio retratado. Penso que para atopar unha boa fotograf\u00eda (ou calquera outra cousa) hai que andar a s\u00faa procura e estar ben atento cando se presenta a oportunidade.<\/p>\n<p><strong>\u00b7Case t\u00f3dalas imaxes, a pesar de que poidan parecer fotomontaxes, son reais. A d\u00eda de hoxe a\u00ednda existe moita xente que est\u00e1 totalmente en contra dos programas de edici\u00f3n, \u00bfque opinas sobre este tema? \u00bfcres que un bo fot\u00f3grafo non necesitar\u00eda case tratamento dixital nas s\u00faas imaxes?<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>O revelado, a edici\u00f3n e o retoque son procesos inherentes ao propio medio fotogr\u00e1fico dende a s\u00faa x\u00e9nese al\u00e1 polo s\u00e9culo XIX. Un bo fot\u00f3grafo ser\u00e1 o que sexa capaz de plasmar nunha imaxe aquilo que quere plasmar, val\u00e9ndose dos medios que necesite. A mirada e a intenci\u00f3n par\u00e9cenme m\u00e1is importantes ca t\u00e9cnica, pero \u00e9sta axuda a \u201crematar a xogada\u201d.<\/p>\n<p><strong>\u00b7 Despois de meses de traballo, o c\u00f3mputo total de imaxes foron ao redor de 8000, das cales se publicaron unhas 180 (algunhas m\u00e1is na edici\u00f3n que Gadisa regalou nas pasadas Letras Galegas). \u00c1 hora de realizar unha publicaci\u00f3n deste tipo, \u00bfcres que o fot\u00f3grafo deber\u00eda cinguirse, na medida do posible, \u00e1s esixencias do dese\u00f1o editorial ou, sendo un libro destas caracter\u00edsticas, ser\u00eda a editorial\/os dese\u00f1adores os que intentar\u00edan adaptarse ao fot\u00f3grafo? Por outra banda, \u00bfcomo foi o traballo de realizar esa selecci\u00f3n? \u00bfQuedaches satisfeita ou ter\u00edache gustado inclu\u00edr algunha imaxe a maiores das que non se puideron ver?<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Est\u00e1 claro que cando a fotograf\u00eda \u00e9 algo m\u00e1is que un recurso para ilustrar, cando se trata propiamente dun libro de fotograf\u00eda, como \u00e9 o caso en certa medida, o dese\u00f1o debe supeditarse aos intereses dos autores. Agora ben, eu sab\u00eda plenamente da dificultade de dar forma a tanto material e tantas sensibilidades como hab\u00eda que engadir neste volume, polo que tentei ser flexible cando os dese\u00f1adores escoll\u00edan ou cortaban imaxes. Iria e Rai te\u00f1en moi boa man e deix\u00e1ronme acompa\u00f1alos e aconsellalos en gran parte dese proceso, cousa moi de agradecer e que se nota no resultado. Escoller resulta moi complexo cando se ten tanto material. Eu paseilles aos dese\u00f1adores unhas 30 imaxes por cada autor, algunhas marcadas como \u201cfavoritas\u201d. Pero eles ti\u00f1an que mirar m\u00e1is al\u00e1 das fotos individuais e atender ao conxunto da composici\u00f3n, polo que algunhas das mi\u00f1as favoritas tiveron que quedar fora do libro \u201coficial\u201d, a\u00ednda que logo se engadiron na versi\u00f3n de supermercado. Sempre queda m\u00e1goa por alg\u00fan material que non consegue ver a luz pero hai que saber discriminar e contar con que, unha vez rematado, t\u00f3dolos inconvintes e materiais orfos vanse esquecer ou quedar na rec\u00e1mara para reciclar noutro momento&#8230;<\/p>\n<p><strong>. Tras meses de probas, maquetas e rompedeiros de cabeza, en Xaneiro do ano 2010 aparecen en escea Iria Sobrino e Rai Iglesias, do estudo <a href=\"http:\/\/www.noncommon.tv\/\"><em>noncommon<\/em><\/a>, que son os que finalmente levar\u00e1n a cabo a elaboraci\u00f3n do libro para a editorial Galaxia. \u00bfComo chegastes ata eles? \u00bfpor que?<\/strong><\/p>\n<p>Como ti dis tras d\u00faas maquetas propostas por dese\u00f1adoras da editorial, chegou un punto no que se fixo claro que un proxecto coma este necesitaba de moita m\u00e1is implicaci\u00f3n, tempo e comunicaci\u00f3n entre dese\u00f1adores e autores, polo que puidemos elixir con quen quer\u00edamos traballar. Eu co\u00f1ec\u00eda os traballos de noncommon e sab\u00eda da s\u00faa fonda implicaci\u00f3n co material ao que dan forma, engadindo varios \u201clibros singulares\u201d de caracter\u00edsticas semellantes ao noso. E t\u00e9ndoos tan preto na escola, ca\u00eda de caix\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>. Segundo vimos, houbo unha maqueta previa con, por exemplo, outro tipo de papel m\u00e1is esponxoso e satinado e onde, nun principio, tan s\u00f3 aparec\u00edan 6 p\u00e1xinas de cada autor. Finalmente, as 6 p\u00e1xinas torn\u00e1ronse en 8, e o papel seleccionouse por conta da editorial. A pesar do tira e afrouxa propio nestes temas, \u00bfquedastes contentas coa obra final?<\/strong><\/p>\n<p>Quedamos encantadas co resultado e temos que agradecer a t\u00f3dalas partes implicadas (os 21 autores, a editorial Galaxia, os dese\u00f1adores e tam\u00e9n as nosas familias) a paciencia e a axuda inestimable que foi precisa para acadar un produto tan orixinal e da calidade que n\u00f3s pretend\u00edamos.<\/p>\n<p><strong>\u00b7Se tiveses que reeditar a d\u00eda de hoxe este libro con total liberdade no formato, o papel, as tipos, etc \u00bfcomo ser\u00eda o teu \u00abcoci\u00f1ando ao p\u00e9 da letra\u00bb ideal? \u00bfPoder\u00edas darnos alg\u00fan consello de como afrontar e levar a cabo este tipo de negociaci\u00f3ns?<\/strong><\/p>\n<p>Ter claro o que se pretende e loitar porque iso \u00eda adiante, pero tam\u00e9n saber asumir as limitaci\u00f3ns que se impo\u00f1en dende \u201carriba\u201d. Paciencia, sobre todo iso&#8230;<\/p>\n<p><strong>. Despois de diversas conferencias, unha das \u00faltimas no Instituto Cervantes de Dubl\u00edn, \u00bftedes plantexado algunha actividade m\u00e1is de cara ao futuro?<\/strong><\/p>\n<p>Temos unha conferencia- recital que explica as relaci\u00f3ns entre literatura, coci\u00f1a e fotograf\u00eda e iremos al\u00ed onde nos soliciten. Agora mesmo estamos pendentes de que se confirme unha invitaci\u00f3n para o Cervantes de Shangai, a ver se hai sorte&#8230;<\/p>\n<p><strong>. Por \u00faltimo, a\u00ednda que seguramente xa cho ter\u00e1n preguntado&#8230; \u00bfexiste alg\u00fan prato fetiche dos que compo\u00f1en o libro?<\/strong><\/p>\n<p>Persoalmente, a nivel culinario, a receita que m\u00e1is me sorprendeu foi a sopa de pataca de Helena Villar Janeiro, parece algo tan obvio que logo a textura resulta incrible ao padal. Tam\u00e9n a nivel fotogr\u00e1fico Helena foi das m\u00e1is arriscadas e o seu retrato \u00e9 un dos que mellor funcionaron.<\/p>\n<div id='gallery-1' class='gallery galleryid-1428 gallery-columns-4 gallery-size-thumbnail'><figure class='gallery-item'>\n\t\t\t<div class='gallery-icon landscape'>\n\t\t\t\t<a href='https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/02\/1307603535Andrea_Costas_rec.jpg' rel=\"lightbox[1428]\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/plugins\/jquery-image-lazy-loading\/images\/grey.gif\" data-original=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/02\/1307603535Andrea_Costas_rec-150x150.jpg\" class=\"lazy attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"\" \/><noscript><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/02\/1307603535Andrea_Costas_rec-150x150.jpg\" class=\"attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"\" \/><\/noscript><\/a>\n\t\t\t<\/div><\/figure><figure class='gallery-item'>\n\t\t\t<div class='gallery-icon landscape'>\n\t\t\t\t<a href='https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/02\/DSC_0021-como-objeto-inteligente-1.jpg' rel=\"lightbox[1428]\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/plugins\/jquery-image-lazy-loading\/images\/grey.gif\" data-original=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/02\/DSC_0021-como-objeto-inteligente-1-150x150.jpg\" class=\"lazy attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"\" \/><noscript><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/02\/DSC_0021-como-objeto-inteligente-1-150x150.jpg\" class=\"attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"\" \/><\/noscript><\/a>\n\t\t\t<\/div><\/figure><figure class='gallery-item'>\n\t\t\t<div class='gallery-icon landscape'>\n\t\t\t\t<a href='https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/02\/DSC_0019-como-objeto-inteligente-1.jpg' rel=\"lightbox[1428]\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/plugins\/jquery-image-lazy-loading\/images\/grey.gif\" data-original=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/02\/DSC_0019-como-objeto-inteligente-1-150x150.jpg\" class=\"lazy attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"\" \/><noscript><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/02\/DSC_0019-como-objeto-inteligente-1-150x150.jpg\" class=\"attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"\" \/><\/noscript><\/a>\n\t\t\t<\/div><\/figure><figure class='gallery-item'>\n\t\t\t<div class='gallery-icon portrait'>\n\t\t\t\t<a href='https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/02\/DSC_0035-como-objeto-inteligente-1.jpg' rel=\"lightbox[1428]\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/plugins\/jquery-image-lazy-loading\/images\/grey.gif\" data-original=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/02\/DSC_0035-como-objeto-inteligente-1-150x150.jpg\" class=\"lazy attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"\" \/><noscript><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/02\/DSC_0035-como-objeto-inteligente-1-150x150.jpg\" class=\"attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"\" \/><\/noscript><\/a>\n\t\t\t<\/div><\/figure><figure class='gallery-item'>\n\t\t\t<div class='gallery-icon landscape'>\n\t\t\t\t<a href='https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/02\/DSC_0023-como-objeto-inteligente-1.jpg' rel=\"lightbox[1428]\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/plugins\/jquery-image-lazy-loading\/images\/grey.gif\" data-original=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/02\/DSC_0023-como-objeto-inteligente-1-150x150.jpg\" class=\"lazy attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"\" \/><noscript><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"150\" height=\"150\" src=\"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2012\/02\/DSC_0023-como-objeto-inteligente-1-150x150.jpg\" class=\"attachment-thumbnail size-thumbnail\" alt=\"\" \/><\/noscript><\/a>\n\t\t\t<\/div><\/figure>\n\t\t<\/div>\n\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai uns d\u00edas asistimos \u00e1 charla-coloquio onde Andrea Costas, fot\u00f3grafa e profesora da escola, falounos da xestaci\u00f3n e produci\u00f3n do seu libro \u00abCoci\u00f1ando ao p\u00e9 da letra\u00bb. Xunto a ela estaba Iria Sobrino, tam\u00e9n profesora de Aula D e arquitecta no estudo noncommon de Vigo, que realizou o dese\u00f1o e a maquetaci\u00f3n do mesmo.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,1],"tags":[38,58,33],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1428"}],"collection":[{"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1428"}],"version-history":[{"count":93,"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1428\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1740,"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1428\/revisions\/1740"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1428"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1428"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/aulad.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1428"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}