Coworking Galego, é proxecto que se desenvolveu no 1º trimestre do segundo ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en AulaD , un traballo no que se propoñía definir a organización espacial e os aspectos estéticos dun espazo dado. Seguir leyendo «Coworking Galego: proxecto dun espazo administrativo por Fernando Pena»
A intervención pretende acondicionar o local para situar nel un espazo de traballo que atenda ao programa de necesidades exposto polo cliente. A premisa fundamental do proxecto reside no propio concepto no que se basea esta nova forma de traballo. O “coworking” nace en Estados Unidos durante a primeira década do século XXI, e supón unha nova alternativa para xente nova creativos que están buscando traballo, permite compartir oficina e fomenta relacións estables entre profesionáis de diferentes sectores que poden desembocar en relación cliente-proveedor. Seguir leyendo «Coworking Galego: proxecto dun espazo administrativo por Miguel Cerqueiro»
Daniel Garzee, como así se fai chamar, é un mozo fotógrafo afincado e nado en Vigo. A maior parte das súas creacións beben da moda e a arte, imaxes aparentemente sinxelas e delicadas cun grande atractivo visual que se enlazan entre si cunha estética romántica e íntima que o propio autor trata de explicármonos a continuación. Seguir leyendo «Entrevistamos a Daniel Garzee, fotógrafo vigués»
AulaD mostra os traballos dalgúns dos seus alumnado do módulo de Expresión Gráfica pertencentes ao curso escolar 2011/2012. Neles, podemos atoparnos con diferentes apreciacións e puntos de vista dunha mesma imaxe utilizando para a súa formalización distintos métodos manuais, dende o carbón ou acuarela ata a augada.
Premium. Belgian. Beer. Esas son as tres palabras que tiña que ter en conta Wonchan Lee (deseñador con sede en Australia) ao deseñar a gama para esta marca de cervexa. O obxectivo era diferenciar a marca e o packaging doutros competidores no mercado, así como comunicar con claridade e manter a identidade desta.
Premium Belgian Beer emprega unha paleta de cores bastante sobria durante todo o deseño que xunto coa cor da cervexa crea gran contraste, o que fai, entre outras cousas, que este packaging sexa tan vistoso. Por outra banda, empregáronse materiais para que o paquete sexa moito máis lixeiro que un convencional conseguindo tamén abaratar os custos e gastos de envío á hora de transportalo.
Beach House I-5 é unha vivenda que foi deseñada por Vértice Arquitectos (un estudio de arquitectura que se atopa en Lima, Perú) e encóntrase situada na parcela 5 de Lomas del Mar, ao sur de Lima.
Os dous obxectivos principais para levar a cabo este proxecto foron o de aproveitar ao máximo a mellor vista ao mar e, á súa vez, o terreo. Deseñáronse dous volumes paralelos para alcanzar o primeiro obxectivo (ámbolos dous unidos por un eixo principal que remata nunha piscina con vistas á praia) e tamén algúns beiriles para sacarlle o máximo partido ao terreo.
Os materiais utilizados no proxecto foron pintura branca para as paredes, aceiro inoxidable, cristal morno e pedra de granito. A piscina está pechada por un vidro laminado de dobre cara o que fai posible visionar o mar como no resto da casa.
O vindeiro luns 26 de novembro ás 12:00 horas, en aulaD (Centro Autorizado de Artes Plásticas e Deseño) contaremos coa presenza de Alberto González-Alegre que impartirá a charla coloquio O bosquexo do mundo. Unha exposición feita para o museo do MARCO, que se inaugurará o 18 de xaneiro de 2013, comisariada polo propio Alberto González-Alegre e Angel Cerviño. Seguir leyendo «O bosquexo do mundo: charla-coloquio impartida por Alberto González-Alegre»
Animography é unha tenda online que dispón dun amplo e variado catálogo de tipografías animadas enfocadas, principalmente, para creativos do mundo audiovisual.
Toda a mostraxe presentada ata o momento levouse a cabo con Adobe After Effects, ofertando así diferentes e orixinais tipos de letra doadamente customizables e escalables sen que exista perda algunha da calidade.