Obradoiro para ne@s. Curtametraxe-ilustración

 

O luns 24 de xullo as luces  apagáronse e o narrador contounos a historia de Vicent Malloy, un rapaz cunha imaxinación desbordarte. Despois tocounos pensar a nós. Como é Vicent?, como se ve na seu maxín?… o can… ao final transformábase? e que pasaba coa súa tía?

Os rapaces interpretaron e ilustraron esta historia, respectando o final ou creando un novo e alternativo. Estas ilustracións servíronnos tamén para o obradoiro do día seguinte.

Obradoiro para nen@s. Casa de bonecas

O día 1 de agosto fixemos unha casa de bonecas á escala «casi» real. Con caixas de cartón abertas por unha das súas caras, cada nen@ tiña que construir unha peza da casa (dormitorio, salón, cociña, …)

Realizamos unha ventá protexida cunha cortina e outra pechada con contras; elementos decorativos, cadros, mobles, etc. Practicamos distintas agrupacións unindo unhas caixas con outras, pareadas, arrimadas, … e !a xogar!

 

Obradoiro para nen@s. Maquetación

 

Partindo das ilustracións e do texto sobre o que traballamos no obradoiro do día anterior, e trala análise dalgunhas páxinas de comics tan coñercidos e míticos como “Mortadelo y Filemón” “El Capitan Trueno” “Tintín» ou “Asterix” , o martes 30 de xullo no obradoiro de maquetación, cada un dos nosos novos maquetadores organizou o seu libriño repartindo texto e ilustracións, tendo en conta as páxiñas de respecto e os elementos  que deben aparececer tanto na capa como na contracapa.

Obradoiro para nen@s. Móbiles colgantes

 Mentras que as leixes da física son inexorables,  o feito artístico, non está suxeito a ningún tipo de leises. As esculturas móbiles de Calder, que presentamos aos nen@s asistentes ao obradoiro,  curiosamente son móbiles e polo tanto libres e aparentemente lixeiras  gracias a esas leises da física ás que están suxeitas. Logo de coñecelas e analizar outros tipos de móbiles máis comúns, os nosos pequenos artistas da física adicaron a mañán a construir o seu propio móbil colgante.

Obradoiro para nen@s. Luces, cámara, acción.

 

Unha das diferencias entre o teatro e o cinema está en que no primeiro caso actores e público comparten tempo e espazo.  No segundo, estas dúas magnitudes deixan de se corresponder e ademais o público non está presente no momento da actuación. Esto permítenos reconstruir o espazo e o tempo a partires de anacos desordeados do que queremos contar este luns 22 de xullo.

Susana Román a directora xa está lista, os decorados dispostos, o guión máis que aprendido… só queda empezar! Os actores caracterízanse e ensaian unhas últimas frases, é a hora de filmar.  O pai leva o sombreiro? A nai non atopa  a súa touca! As fillas chegan tarde e o paxaro Manolo xa voara.

Ao final estamos todos en escena, pero vaia, o recadador di… “Son dez mil euros”, é simplemente un roubo… os nosos nenos saben que con moito moito menos xa se pode  soñar.

 

Obradoiro para nen@s. Encadernación

O venres 19 de xullo no obradoiro de encadernación falamos dos rollos de papiro dos exipcios, dos pergaminos, dos códices, da encadernación artesanal, do cartoné, das tapas brandas, do cosido dos libriños, da edición rústica, ……… e da encadernación actual como xeito de presentar o libro. Logo cada nen@ realizou o seu partindo dunha lóxica que lle permitise rematalo coherentemente, coser os libriños, idear as tapas e rematar o conxunto. En definitiva comprender que cada obxecto que utilizamos é como é porque antes foi deseñado.

Obradoiro para nen@s. Arquitecturas de cartón

 Non é ningunha sorpresa que os nen@s fagan cabanas nas árbores, o que tal vez sí, é que os mesmos materias que poderían usar os nen@s, poidan ser obxecto da investigación arquitectónica real. Shigeru Ban é un arquitecto xaponés que investiga sobre a capacidade estructural e arquitectónica do cartón, crea habitáculos para emerxencias de diferentes tipos que poderían ser construidos por nen@s sen deixar de seres unha aportación á arquitectura…

O pasado mércores día 17 de xullo os nen@s adicaron a mañá a traballar có material preferido deste arquitecto, acompañados pola arquitecta e profesora de aula d Iria Sobrino.

Obradoiro para nen@s. Aves colgantes

 

O luns 15 de xullo paxaros imaxinarios de todas as formas e cores entraron voando acompañados pola deseñadora Susana Román ao través das fiestras de aula d para pousarse nas mentes dos máis cativos. Aguias reais, gaivotas prateadas, coloridos tucanos e algúns espécimes aínda por descubrir que cobraron a forma que lles deu o cartón pendurado por fíos, algún contrapeso de chumbo e moitas cores. Ao remate do obradoiro as aves colgantes migraron aos teitos  dos cuartos destes nen@s.

Navegación de entradas

1 2 3 4 5 6
Volver arriba