Presentamos _faiLab, un proxecto de actividades e talleres creativos e innovadores para nenos e nenas no Casco Vello de Vigo.
Este proxecto xorde como unha colaboración baseada na experiencia e intereses comúns de Miudanza, Argalleiros e Aula D, tres modelos distintos que, non obstante, compartimos dinámicas e temáticas vinculadas á arte o deseño ou a tecnoloxía cun territorio común: a creatividade.
Cada un de nós coincidimos en constatar que a mellor aprendizaxe dase sempre tras un proceso de curiosidade, exploración e experimentación, o que xenera non só coñecemento e pensamento crítico senón tamén un alto grao de empatía, satisfacción e disfrute persoal durante a experiencia.
O proxecto conta cun amplio equipo multidisciplinar formado por divulgadores e educadores especializados en pedagoxía, arte, ciencia, tecnoloxía ou artes escénicas, aplicando unha metodoloxía centrada na exploración e o autodescubrimento, a través das habilidades de cada persoa e favorecendo o desenvolvemento persoal e grupal.
_faiLab arrancará o vindeiro mes de novembro con talleres de:
Ilustración, Robótica, Danza contemporánea, Programación, Fotografía, Electrónica, Cine, Impresión 3D e Circo.
O horario é de tarde, de luns a venres: orientados a nenos e nenas de entre 6 e 15 anos. Os sábados pola mañá haberá tamén un espazo multiactividade que acollerá un _artLab e un_tecLab.
MATRÍCULA ABERTA
Para saber máis sobre este proxecto, os colaboradores, actividades e horarios podes acceder a https://failab.es/
Os promotores e creativos de _faiLab somos:
Miudanza é un proxecto de ocio activo e divulgación para nenas e nenos. Dende hai 10 anos ofrece servizos alternativos a infancia para festas, campamentos e festiváis entre outros a través de equipos diversos de traballo especializados en pedagoxías activas.
Argalleiros é un proxecto educativo que busca achegar ós cativos á tecnoloxía dende unha perspectiva práctica, útil e creativa. Usar a tecnoloxía como medio e non como fin.
Aula D é unha escola de artes con máis de 30 anos de experiencia impartindo os ciclos formativos de grao superior de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.