
O vindeiro 9 de marzo remata o prazo para a presentación de traballos na décima edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, organizado pola Asociación de exalumnos do I.E.S. Monelos. Nesta convocatoria concederanse tres premios así como varios accésit a criterio do xurado formado por un representante da asociación e tres profesionais ou estudiosos da fotografía.
Cómpre destacar a traxectoria desta iniciativa onde a calidade dos proxectos presentados mellora ano tras ano, poñendo en valor a Fotografía como medio de expresión artística e dando a coñecer esta disciplina entre a mocidade galega.
Tamén queremos lembrar o traballo Simbiosis, realizado pola nosa alumna Sandra González Villanueva, e gañadora da anterior edición, esperando que sirva de estímulo para que este ano poidamos ver un bo número propostas igual de interesantes.
Podedes ampliar información sobre o concurso na súa páxina de facebook e consultar as bases neste vínculo.
