ARQUITECTURA EFÉMERA

TITULACIÓN PROPIA

170 horas

CURSO 16/17

OUTUBRO - MARZO

ESCAPARATES, STANDS E EXPOSICIÓNS

Introdución

Na actualidade observamos como se fai cada vez máis necesario deseñar espazos atractivos e funcionais para a grande cantidade de eventos efémeros, sociais, culturais ou comerciais, que se desenvolven especialmente no contexto urbán.

O obxectivo xeral do curso é proporcionar ao alumnado os coñecementos teóricos, técnicos e prácticos necesarios para abordar con rigor os proxectos de arquitectura efémera, con especial fincapé nas áreas do escaparatismo, o deseño de stands e o deseño de exposicións.

Estrutura da titulación

O curso divídese en dúas partes: CIDE e módulo específico.

CIDE

36 horas

MÓDULO ESPECÍFICO

134 horas

O CIDE introduce ao alumnado nos coñecementos fundamentais da disciplina do deseño, necesarios para desenvolver posteriormente o módulo específico onde se profundiza neses aspectos e se incorporan outros propios xa do ámbito do deseño de instalacións efémeras.

Contidos

CIDE

  • Arte e cultura contemporánea
  • Teoría da forma
  • Creatividade, metodoloxía e comunicación
  • Taller de Expresión Plástica
  • Medios informáticos (Adobe Illustrator)
  • Proxectos

Consultar a programación completa do CIDE

MÓDULO ESPECÍFICO

ÁREA TEÓRICA

Evolución histórica da arquitectura efémera: As sociedades nómadas. As grandes civilizacións: A guerra, a relixión e o teatro, o mercado, o ocio. As Exposicións Universais. A prefabricación. O coleccionismo e os museos. A cultura do consumo e as técnicas de venta. A cultura do ocio: Espectáculos. Land Art e intervencións urbanas.

Teoría do deseño: Campos de actuación da ergonomía. Antropometría e percepción sensorial. Organizacións formais e espaciais. Elementos ríxidos, tensados, inchables e xerados a partir de estruturas curvadas. A luz como elemento funcional e comunicativo. A luz coloreada.

Comunicación e marketing: O público obxectivo. Comunicación gráfica e soportes. Integración dos elementos corporativos.

ÁREA TÉCNICA

Elementos construtivos: Propiedades dos materiais. Tipoloxías e elementos constructivos. A reciclaxe. Sistemas de fixación e anclaxe. Montaxe. Iluminación. Conceptos e aplicación.

Medios informáticos: Aprendizaxe e aplicación de modelado 3d con Google Sketchup. Aprendizaxe e aplicación de deseño asisitido con Autocad.

ÁREA PRÁCTICA

Proxectos: Proxecto dun escaparate. Proxecto dun stand para un recinto ferial. Proxecto dunha exposición.

Metodoloxía

A titulación baséase fundamentalmente en aplicar os coñecementos teóricos e técnicos adquiridos no curso nos proxectos e exercicios que se levarán a cabo durante o mesmo. Igualmente darase especial importancia ao proceso de traballo e a establecer os criterios conceptuais e metodolóxicos axeitados para cada caso.

O desenvolvemento dos contidos está pensado para optimizar a aprendizaxe de cara a un futuro exercicio profesional. O obxectivo é que, finalizado o curso o alumnado estea preparado para realizar por completo un proxecto profesional e de calidade. Serán resoltos tres casos prácticos: un escaparate, un stand e unha exposición, que serán presentados e defendidos ante o profesorado.

Perfil do alumnado e requisitos de acceso

Esta titulación está dirixida a persoas interesadas no deseño e que desexen obter unha formación específica no ámbito do deseño de instalacións e montaxes efémeras.

Para cursar a titulación completa (CIDE + módulo específico) non se requiren coñecementos previos. Para aqueles alumnos que xa teñan unha formación previa en deseño (arquitectos, interioristas, publicistas, deseñadores gráficos, industriais, …) ou polo seu desenvolvemento profesional vencellado a ese ámbito, non será preciso realizar o CIDE.

PROFESORADO

  • Manuel Barreiro Chao. Deseñador de interiores.
  • Xesús Carrazoni Fuertes. Arquitecto.
  • Xerardo Pérez Medrano. Arquitecto.
  • Pedro Román Company. Deseñador de interiores.
  • Iria Sobrino Fagilde. Arquitecta.

HORARIO

CIDE (36 horas lectivas)

Módulo específico (134 horas lectivas)

TÍTULO

Ao rematar o curso (requírese unha asistencia mínima dun 80% das clases) Aula D expedirá o título correspondente que certifica a especialidade e o número total de horas cursadas.

PRAZAS

O número máximo de prazas é de 15.

PREINSCRICIÓN E RESERVA DE PRAZA

Xa que o número de prazas é limitado recoméndase facer unha preinscrición. Esta preinscrición ten un custo de 50€ e permite reservar a praza antes de formalizar a matrícula, da que posteriormente se descontará este importe. As solicitudes atenderanse por estricta orde de chegada.

TAXAS ACADÉMICAS E MATRICULACIÓN

O importe do curso completo (CIDE + módulo específico) é de 1.500 €, a pagar en mensualidades de 250 €. De non precisar o CIDE o custo é de 1.250 € (no caso de realizar o pagamento completo ao principio do curso descontarase unha mensualidade do prezo total)

A matrícula queda formalizada co abono do total da taxas ou da primeira mensualidade, ben na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo, Vigo) ou ben mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 73 3040026857).

Descontos dispoñibles para: exalumnado da escola, socios da DAG, socios da AGPI e persoas en situación de desemprego.
Máis información en: cursos@aulad.com

Se desexas estar informado/a das novidades e actualizacións neste ou noutros cursos achéganos aquí o teu nome e un enderezo de correo electrónico. Só enviaremosche información sobre os cursos cando estean dispoñibles e sempre que o desexes podes cancelar a túa suscrición enviándonos unha mensaxe.