CURSO DE XESTIÓN DA IMAXE DE MARCA NA PEQUENA E MEDIANA EMPRESA

A imaxe que unha empresa ofrece cara ao público constitúe a día de hoxe un dos factores máis relevantes á hora de que os usuarios se decanten, ou non, polos seus produtos ou servizos. Xestionar esta imaxe pública require establecer unha estratexia na que se teñan en conta aspectos referidos á identidade corporativa (valores, visión, misión, etc), á identidade visual (logotipo, papelería corporativa, etc), á comunicación en redes sociais, á publicidade e, en definitiva, a todas aquelas cuestións relativas á percepción que o público terá da empresa a través da súa marca.

Neste curso de introdución o alumnado aprenderá a identificar as necesidades da súa empresa, no referido á súa imaxe de marca, a definir unha estratexia de actuación mediante un plan de marketing básico e, en definitiva, a mellorar a súa imaxe e comunicación públicas a curto e medio prazo.

Contidos

  • Identidade e Imaxe Corporativa
  • O cliente ou público obxectivo/potencial
  • O Programa de Identidade Visual Corporativa
  • A Comunicación en internet. Web e redes sociais
  • A Comunicación gráfica e publicitaria
  • Elaboración dun plan de marketing básico

PRÁCTICA: Proxecto de imaxe para unha pequena empresa (propia ou ficticia).

Metodoloxía

O obxectivo xeral do curso é proporcionar ao alumnado coñecementos teórico/prácticos para xestionar a comunicación da imaxe pública dunha pequena empresa ou comercio. A dinámica do curso basearase fundamentalmente no desenvolvemento dos temas partindo da análise teórica e adquisición de criterios para resolver casos prácticos. Igualmente desenvolveranse un proxecto propio por parte de cada alumno.

Perfil do alumnado

O curso está dirixido a emprendedores, autónomos ou persoas que desexen obter coñecementos no eido da imaxe de marca aplicado á pequena ou mediana empresa.

Profesorado

Diego Fernández, deseñador e xefe do Departamento de Comunicación Gráfica e Audiovisual de Aula D.

Horario

Do 19 ó 28 de xuño de 2018. Ten unha duración total de 12 horas lectivas. O horario é de 18:00 h. a 21:00 h. os martes e os xoves.

Matrícula

Xeral : 100 euros.

Alumnado e exalumnado de Aula D, e persoas en situación de desemprego: 75 euros.

A matrícula queda formalizada co abono do total da taxas ou da primeira mensualidade, ben na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo, Vigo) ou ben mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 73 3040026857).

Máis información en : cursos@aulad.com

Se desexas estar informado/a das novidades e actualizacións neste ou noutros cursos achéganos aquí o teu nome e un enderezo de correo electrónico. Só enviaremosche información sobre os cursos cando estean dispoñibles e sempre que o desexes podes cancelar a túa suscrición enviándonos unha mensaxe.